Inicio » Cinema »

Cameron sobre Avatar 2

 

Nunha extensa entrevista concedida a paada fin de semana nunha canle de televisión, o director James Cameron confirmou que estáa traballar na secuela de Avatar, ainda que hai algo mais nese universo que está a chamar a súa atención.

«Avatar 2… ainda estamos a traballar nos contratos. Non escomezaremos a película até que os contratos estean asinados. Estou tomando notas. Non estou a rañar o bandullo… Pero realmente, no que estou a traballar mais é na novela«.

O atraso de Cameron en lanzar a novela de Avatar é debido a que «non quero facer unha novelización cursi, onde chegue aún escritorciño malo e o fastídie todo. Eu quería facer algo que fose unha novela lexítima que entrara na cabeza dos persoaxes e non tivese unha cultura enganada, a linguaxe equivocada, todo iso«.

Tamén falou sobre a posibilidade de facer as dúas vindeiras entregas de Avatar xuntas, algo que non é tan estresante coma soa debido ao estilo de produción: «Realmente estamos a falar sobre iso. Ainda non hai unha decisión. É algo que ten moitísimo sentido, dada a natureza destas producións, porque podemos gravar toda a captura de movementos e logo volver e filmar durante un periodo de tempo«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário