Riley Keough en Fury Road

809

A neta de Elvis Presley, Riley Keough (The Runaways, The Good Doctor) está en conversas para se facer cun papeliño na vindeira película de George Miller na que será a cuarta entrega da saga de Mad Max, titulada Fury Road.

Tom Hardy (Inception) será o protagonista neste proxecto, que estará ambientado nos acontecementos que tiveron lugar após do filme de 1985 Mad Max Alén da Cúpula do Trono.

Keough interpretará a unha das “Cinco Viúvas”, un grupo de mulleres que Hardy deberá protexer dos tipos malos. Zoe Kravitz, Teresa Palmer e Adelaide Clemens son tres das outras viúvas.

Charlize Theron e Nicholas Hoult tamén terán papeis salientábeis neste filme, que Miller e mais Doug Mitchell producirán. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven.