Snyder é o superdirector

641

O director de 300 e Watchmen, Zack Snyder, é o elixido finalmente para se encargar da realización do relanzamento da franquía de Superman na Warner Bros. e mais na Legendary Pictures.

As negociacións en si mesmas duraron moi pocuo e en apenas un día Snyder encargou-se de rematar coas esperanzas de Ben Affleck, Darren Aronofsky, Matt Reeves, Tony Scott e Robert Zemeckis, os outros candidatos para se facer coas rendas da nova encarnación do Home de Aceiro na pantalla grande.

Para este filme xa se escomeza a rumorear que o supervilán será o xeneral Zod. Todo dependerá da decisión que tomen o director de O Cabaleiro Escuro, Christopher Nolan, quen será o produtor, e de David Goyer (Batman Begins), encargado de escribir o guión.

Emma Thomas, Charles Roven e Deborah Snyder estarán tamén na produción. O proxecto, unha vez que conta cun director, comezará a se desenvolver mais á presa. Os estudos queren que a rodaxe escomece xa o ano que ven, porque corren o risco de perder os dereitos sobre o persoaxe, que dentro de moi pouco revertirán aos herdeiros do seu creador orixinal.

Unha das posibilidades quese comentaban, que era a do regreso de Brandon Routh ao papel de Superman, ficou desbotada definitivamente, cando Snyder comentou á prensa que a volta do protagonista de Superman Returns é moi improbábel e que nestes intres están a “mirar noutra dirección“.