Galecki no filme de Niccol

622

O actor Johnny Galecki (Leonard en The Big Bang Theory) ven de asinar para un dos papeis principais na vindeira película (sen título de traballo polo de agora) de Andrew Niccol, un filme de ciéncia-ficción que coproducirán a 20th Century Fox, a New Regency e mais a Strike Entertainment.

O filme, que até agora levaba por título I’m.mortal, está ambientado nun futuro onde a sociedade está formada porxente que deixa de envellecer aos 25 anos, polo que o tempo é a moeda de troco. Os ricos son practicamente inmortais, mentres que os pobres deben loitar por acadar un pouco mais de tempo extra.

Justin Timberlake interpretará a un rebelde dun gueto acusado inxustamente de asasinato e que é obrigado a se refuxir na casa dunha família rica, onde toma coma refén á fermosa filla (Amanda Seyfried).

Galecki fará o papel do millor amigo de Timberlake. Vincent Kartheiser, Olivia Wilde, Cillian Murphy e Collins Pennie son os outros nomes xa confirmados para o reparto.

Niccol (Gattaca, S1m0ne) dirixe a partir dun guión escrito por el mesmo e agarda pdoer escomezar a rodaxe antes de fin de ano, coa produción de Eric Newman e Marc Abraham.