Inicio » Cinema »

Nicholson contra o Joker

 

Jack Nicholson no seu papel do JokerCase vinte anos despóis de dar vida ao Joker no Batman de Tim Burton, o veterano e multioscarizado actor Jack Nicholson ven de amosar a sua disconformidade ante a elección do novo intérprete do falcatruán. O encargado de asumir esta responsabilidade na vindeira película do home morcego é Heath Ledger, ún dos protagonistas do filme Brokeback Mountain. A Nicholson amolou-lle que en The Dark Knight, a secuela da aclamada Batman Begins, nin sequer se plantexaran contar con el para o papel, ou alomenos preguntar-lle sobre un personaxe que coñece tan ben.

«Estou alporizado. Eles nunca me preguntaron sobre unha secuela co Joker. Sei como hai que face-lo! E ninguén me preguntou ren«, dixo Nicholson en declaracións á MTV, nas que afirmou que pode que non acudir a el após de dous décadas «non sexa un erro, pode que sexa o correcto» pero recoñeceu asemade que é incapaz de evitar estar moi amolado porque o personaxe do Joker é ún aos que ten máis cariño.

«Forma parte da miña nenez e é un papel que coido que eu sempre debería interpretar«, afirmou o actor, que non dubida en recoñecer que non ten pensado mirar unha película que, asegura, non conseguirá «captar o espírito» que tiñan os dous filmes de Batman que rodou «o xénio» Tim Burton, a «razón» pola que el se meteu na pel do Joker.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário