Inicio » Cinema »

Bale non quere ver a Robin

 

RobinChristian Bale, o Batman cinematográfico actual, revelou nunha recente entrevista que «se Robin aparece de novo» nas vindeiras entregas cinematográficas do home morcego, «non volvo a vestir-me de Batman«.

Ainda que sen confirmación oficial, disque Christopher Nolan, director dos dous últimos filmes do superheroe, poderia recuperar ao Rapaz Marabilla para o terceiro episódio da sua triloxia sobre o personaxe creado por Bob Kane. Nolan, que con Batman Begins e O Cabaleiro Escuro logrou que Batman remonte o voo, explicaria asi o interior da complexa relación entre Robin e mais o Home Morcego.

Para a maior parte dos fans, Robin non cadra dentro do lúgubre ton do Batman de Nolan. E a desmentir esta opinión non axuda o recordo do último Robin cinematográfico, encarnado por Chris O’Donnell en Batman Forever e Batman e Robin. Dirixidas por Joel Schumacher e protagonizadas por Val Kilmer e George Clooney, ambas foron  consideradas o pior nunca feito no cinema sobre Batman.

Robin nunca foi un personaxe con sorte: no cómic foron tres os distintos personaxes que ocuparon o seu papel. O primeiro, Dick Grayson, acabou independizándo-se para se converter en Nightwing. Para lle substituir, Batman recorreu a Jason Todd, cuxa sorte foi pior: morrer a mans do Joker. O terceiro e último Robin no papel, Tim Drake, é para moitos o mais capaz dos axudantes de Batman, e especula-se con que poderia herdar a sua capa negra en que Bruce Wayne se xubile.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário