Del Toro abre as portas da Terra Média

731

Guillermo del ToroAs portas da Terra Média están abertas para calquera que demostre ser fan abondo da obra de J.R.R Tolkien como para se gañar a honra de pasear xunto a personaxes míticos coma o meigo Gandalf, o hobbit Bilbo ou Aragorn. O director de O Hobbit Guillermo del Toro revelou que ten a intención de montar un concurso para que os fans da obra de Tolkien podan participar como extras no filme e viaxar a Nova Celanda para compartir planos con elfos, magos, orcos ou ananos na precuela de O Señor dos Anéis.

Montaremos algun concurso ou algunha competición e seguro que alguns fans terán a posibilidade de se converter en extras no filme. Corran e pidan eses papeis!“, exclamou Del Toro, que tamén revelou algúns detalles dos filmes insistindo que lle gostaria contar cos actores da triloxia orixinal coma Viggo Mortensen, Elijah Wood, Orlando Bloom ou Cate Blanchett ainda que, por esixéncias do guión, os seus papeis serán moito mais pequenos no Hobbit.

Uns cameos que agradecerán os fans e que terán rédea solta no segundo filme, que ainda non ten título e que segundo revelou o director “non será O Hobbit 2“. Unha segunda fita na que Del Toro, da man do director da triloxía Peter Jackson, que nesta ocasión é o produtor executivo, percorrerán os 60 anos que separan a história de O Hobbit da de O Señor dos Anéis.

Estamos por nos meter coa história e o guión, e comezaremos despois de nos xuntar entre todos, mostrar-nos as nosas notas, ler e falar“, afirma Del Toro, que promete que o guión que el e máis Jackson inventarán para cobrir este lapso temporal responderá ao espírito da obra de Tolkien.

Precisamente interrogado sobre se Jackson lle deu algún consello para afrontar este mastodóntico proxecto que lle terá ocupado durante catro anos en Nova Celanda, Del Toro non dubidou en afirmar que o único que lle lle dixo é que adelgace un pouco. “Dixo-me: perde peso, ho, porque non vas sobrevivir se estás tan gordo“, confesou o cineasta mexicano. O Hobbit estreará-se nos nadal de 2011 e xusto un ano mais tarde verá a luz a sua secuela.