Inicio »
Harker contra Drácula
A Warner Bros. Pictures, a Appian Way e mais a Mad Hatter Entertainment desenvolverán conxuntamente Harker, unha longametraxe que describen coma unha reinterpretación da clásica novela Drácula de Bram Stoker.
Na novela orixinal de Stoker, Jonathan Harker é o empregado dunha axéncia inmobiliária que é enviado a Transilvánia pola súa empresa, coa intención de coñecer ao conde Drácula, pero alí é atrapado polo vampiro, que o converte no seu hóspede especial. E na nova versión para o cinema, Harker será un detective de Scotland Yard que está a seguir o rastro do terríbel vampiro.
O español Jaume Collet-Serra (House of Wax, Unknown) será o encargado de dirixir o filme, que conta cun guión de Lee Shipman e de Brian McGreevy. Leonardo DiCaprio e Jennifer Davisson Killoran serán os produtores.
Outras novas:
 
Ainda non hai comentários
Chegaches tarde! os comentários desta nova xa están pechados.












O cineasta Neil Jordan (Interview With A Vampire), que está en xira de promoción con Byzantium, ven de revelar algúsn detalles sobre unha futura longametraxe que xa anunciara previamente. Descrita coma unha história de pantasmas contemporánea, o proxecto aínda sen título trodará-se nalgún lugar da Europa do Leste. Polo de agora non hai datas de produción, pero Jordan dixo que "vou a aterrorizar á xente con música fermosa".
O vindeiro 7 de abril às 4 do serão terá lugar no Auditório da Biblioteca Almeida Garrett na Rua de Entrequintas nº 268, em Porto, a apresentação do nº 2 da
O lendário actor inglés de 65 anos Richard Griffiths morreu por mor de complicacións após dunha arriscada operación de corazón. Ainda que era mundialmente famoso polo seu papel do pomposo tío de Harry Potter, a carreira de Griffith contou con moitos filmes e prémios de todo tipo, entre os qeu se atopan Withnail and I, Gorky Park, Sleepy Hollow, The Naked Gun 2 1/2, Stage Beauty, Venus e Hugo.