Inicio » Cinema »

O novo da MGM

 

Amencer VermelloA MGM, baixo a dirección da súa nova presidenta Mary Parent, ven de dar a luz verde a un esbozo de guión presentado polos gurús da ciéncia-ficción Joss Whedon e Drew Goddard titulado The Cabin in the Woods.

Goddard (Cloverfield) fará o seu debut na dirección con este filme; o seu mentor na série Buffy Cazavampiros Whedon será o produtor.

Parent está tamén a traballar no remake do filme apocalíptico de 1980 da MGM Red Dawn (Amencer Vermello), e os estudos xa contrataron ao guionista Carl Ellsworth para que recree a história. Dan Bradley, até agora director de segunda unidade e coordinador de dobres en filmes coma O Ultimato Bourne, Spiderman 3 e a vindeira Quantum of Solace, dará un paso até a cadeira do director.

O filme Amencer Vermello orixinal era un clásico da guerra fría entre rusos e americanos, que imaxinaba uns Estados Unidos recén invadidos polos soviéticos e mais os cubanos xusto após de rematar a Terceira Guerra Mundial.

Parent, antiga vicepresidenta da Universal Pictures, xa traballara anteriormente con Whedon en Serenity, o filme de ciéncia-ficción baseado na súa fallida série de televisión Firefly. Parent é tamén a produtora de Goners, un guión secreto de Whedon que a Universal mercou en 2005.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário