O veterán actor Rutger Hauer (Blade Runner) será con case total probabilidade Van Helsing na vindeira produción do director italián Dario Argento, Dracula 3D.
Para Hauer os filmes de vampiros non son novos, porque xa interpretara previamente a Drácula na película de Patrick Lussier Dracula 3: The Legacy, e ademais tamén fixo o papel d’O Mestre, un experto cazador de vampiros no filme de 1992 Buffy, the Vampire Slayer, a longametraxe que serviu coma presentación da série de televisión.
Neste proxecto seica as cousas comezan a se mover axiña, coma sempre cando se trata de filmes sen moito orzamento. De feito, a rodaxe escomezará xa no mes de maio, e a ideia é estrear o ano que ven.