Inicio » Cinema »

China quere censurar A Mómia III

 

A Mómia IIIA censura chinesa volve facer das súas. A ditadura comunista asiática quere obrigar aos produtores do filme da Universal Pictures The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, recentemente rodada naquel país, a que modifiquen substancialmente o guión antes de lle dar o visto bó, baixo a ameaza de non proxecta-la en China.

Coma adoita ser habitual, os corruptos dirixentes da ditadura non quixeron nin afirmar nin desmentir a nova, limitándo-se a dicir que a autorización para o lanzamento do filme en China está pendente, o que por outra banda xa resulta moi suspeitoso, dado que ningún filme rodado en China fica «pendente de aprobación» sen máis.

Un voceiro dos estudos Universal dixo á prensa libre que «a Universal non prevé ningún obstáculo para despexar a película para China e está desexando poder distribuir The Mummy: Tomb of The Dragon Emperor no país onde está ambientada e onde se rodou«.

O filme, que ten prevista a súa estrea para o vindeiro 1 de agosto, conta cun orzamento de 145 millóns de dólares (92 millóns de euros), o que é ún dos máis importantes presupostos xamáis desembolsados para unha coprodución. De non se distribuir en China o filme perdería moitos cartos non só polos que deixaría de ingresar nas billeteiras, senón porque sería como dar-lle luz verde por parte do governo chinés á piratería do filme.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário