Inicio » Cinema »

Festa Zombie en Vigo

 

Cartace da festa zombi en VigoO vindeiro venres, 16 de novembro, vai ter lugar ás 0:00 horas na sala «La fábrica de chocolate» en Vigo unha festa de apresentación do início de rodaxe do proxecto Ulises, o zampamonstros de Nerea Castro Vicente (Goián, 1982) e producido por Deboura Deseños Animados. Os zombies invadirán Galiza nunha longametraxe en formato dixital que comezará a se rodar en Vigo e Goián (Tomiño) e que a través do xénero de terror de série B prantexa unha cuestión tan inquedante coma a dos mesmos mortos vivintes: as consecuéncias do cámbio climático e os desastres ecolóxicos.

A história de Ulises xermolou no decurso dunha conversa entre amigos: «Nunha conversa nun sábado á noite saiu o tema do ‘Xurelo’, o pesqueiro que zarpou o 15 de setembro de 1981 do puerto de Ribeira cara a Foxa Atlántica, a unhas 300 millas da costa galega, onde Inglaterra e Holanda, entre outros países, estaban a depositar os seus resíduos radioactivos, para protestar por este acto. E preguntámo-nos o que podería pasar se residuos coma eses chegasen as nosas costas«, dixo Nerea Castro.

A partir desta hipótese, esta licenciada en Belas Artes comezou a construir o argumento da que será a súa primeira película, una história ambientada nun futuro onde os resíduos radioactivos non só contaminaron a atmosfera, senon que provocaron mutacións nos galegos.

Ulises, a protagonista deste filme, emprende unha odisea particular para se desfacer destes monstros e salvar a Terra. «É unha historia cun toque friki porque, como pode unha película de zombies defender unha mensaxe coma a protección do médio ambiente?«. A ideia é concienciar, divirtindo, de problemas coma a destrucción da capa de ozono.

Nerea procede do cinema de animación, polo que Ulises, a zampamonstros empregará o rotoscópio, un dispositivo que permite animar seguindo unha referéncia filmada en vivo, ademáis de moitos efectos especiais creados por computador.

Ulises, a zampamonstros está producida pola produtora viguesa Deboura, conta cun orzamento de 202.250 euros e unha subvención de 50.000 euros da ubícua Consellería de Cultura. A rodaxe será en galego e axiña abrirá un gblog na Rede para sabermos máis do tema.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário