Inicio » Cinema »

Confirmado o remake de Robocop

 

RobocopO que podería facer que o remake dun clásico da ciéncia-ficción dos anos 80 pagara a pena? Probábelmente, un director de primeira liña coma Darren Aronofsky. E iso é o que a nova presidenta da MGM, Mary Parent, pretende traer a esta franquía que desenvolveu tres filmes até cair no esquecemento.

Os rumores sobre o remake de Robocop escomezaran en marzo, cando a Metro Goldwyn Mayer anunciou que querían traer de volta ao policía médio robot, médio humano. O guionista do filme orixinal, Ed Neumeier, afirmou que non sabe ren do asunto, polo que é moi probábel que a MGM pretenda facer o remake sen contar para nada coa equipa orixinal dos tres primeiros filmes. En todo caso, os estudos anunciaron hai unhas semanas que o filme sería calificado «R» (para maiores de 18).

Segundo os estudos MGM, Darren Aronofsky está en conversas para poñer-se ao cargo da resurrección do policía máis duro do futuro Detroit que escomezou a patrullar as rúas da man do realizador Paul Verhoven en 1987, nun filme que era unha crúa sátira sobre a violéncia do estado e das corporacións.

Aronofsky leva dando voltas a diversos proxectos de grande calado nos últimos anos. Ficou vencellado a rumores sobre filmes baseados en cómics ou manga coma Batman, O lobo senlleiro e Ronin. Se cadra, esta é a súa grande oportunidade.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário