Inicio » Cinema »

Resident Evil terá precuela

 

No canto de nos ofrecer outra secuela, seica a Screen Gems ten a intención de converter a quinta entrega da súa prolífica franquía de Resident Evil nunha precuela do filme orixinal, o primeiro en aparecer en 2002.

Titulado Resident Evil: Begins, Milla Jovovich repetiría o seu papel coma Alice, ainda que desta volta será unha humán normal, antes de ser infectada co temíbel virus T.

Nombergantes, o papel de Jovovich sería só secundário, xa que Sienna Guillory repetirá a súa interpretación do persoaxe de Jill Valentine, á que xa puidemos ver na segunda parte e tamén brevemente na cuarta.

O argumento de Resident Evil: Begins xirará ao redor de Valentine, cando está ainda a loitar contra os primeiros brotes do virus en Raccoon City causados pola Umbrella Corporation. O filme, que será rodado en 3D, ten prevista a súa estrea para o 14 de setembro de 2012.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário