Inicio » Cinema »

O ataque dos gnomos

 

Robert Zemeckis e a súa compañía Imagemovers veñen de seren vencellados á adaptación ao cinema do libro de Chuck Sambuchino How to Survive a Garden Gnome Attack, que conta con moitas posibilidades de ser levado á pantalla grande pola Sony Pictures Animation.

O libro descríbe-se coma «unha guía de supervivéncia que te axudará a previr, preparar-te e poñer-te en garda ante a inminente invasión da túa casa polos gnomos de xardín comúns. Antigamente considerados coma inofensivas decoracións caseiras, as probas demostran que estas sorrintes figuriñas da herba están envelenadas e dispostas a sementar o caos«.

Ainda non hai guionista para este proxecto, do que todo o que sabemos é que se dispón a obter unha clasificación «R» (para maiores de 18 anos). O anúncio chega case un mes despois de que o último filme de Zemeckis, Mars Needs Moms, fracasa-se estrepitosamente nos despachos de billetes.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário