Ian Holm regresará ao Hobbit

900

Peter Jackson ven de confirmar que Ian Holm repetirá o seu papel coma o vello Bilbo Bulseiro nas longametraxes, actualmente ainda en rodaxe, d’O Hobbit.

No seu último post no Facebook, Jackson dixo “Un comentário que xurdiu do recente video blog foi a voz de Bilbo ao final, moitos de vós asumíchedes que foi a de Sir Ian Holm. E ainda que Ian regresará coma o vello Bilbo Bolseiro no filme, esa gravación foi realmente a voz de Martin Freeman, collida da leitura dun guión que gravamos cando foi o primeiro casting. Teño que admiti-lo, non estou seguro de quen era quen cando o oín por primeira vez“.

Tal e coma se anunciara previamente, Elijah Wood regresará para facer o papel de Frodo en dúas secuéncias ao remate de O Hobbit. O mais seguro é que Holm tamén estea nesas secuéncias que representan a Frodo lendo o “Libro Vermello”, o lendário tomo que narra os acontecementos de O Hobbit.