Roland Kickinger é o novo Terminator
Con Terminator Salvation: The Future Begins xa en plea produción, ven de se dar a coñecer que o até agora descoñecido culturista austriaco Roland Kickinger será o substituto de Arnold Schwarzenegger no filme, dirixido por McG e protagonizado, entre outros, por Christian Bale.
Kickinger ten experiéncia como actor após de encarnar ao própio Schwarzenegger en See Arnold Run, o filme biográfico sobre a traxectória do culturista que chegou de Insbruck e rematou trunfando no cinema e governando Califórnia.
Kickinger xa fixo declaracións a algúns médios desvelando segredos da película. Así, por exemplo, explicou que nela «hai unha escena moi forte, cando John Connor atopa por primeira vez ao Terminator e non sabe se é bó ou malo«.
Preguntado polas diferéncias entre o seu papel e o de Arnold, Kickinger afirmou que «é o mesmo có de Arnold no primeiro filme. Ese é, básicamente, o meu papel, pero vinte anos antes, explicando de onde ven exactamente o Terminator«.
A estrea de Terminator Salvation: The Future Begins está prevista, nos Estados Unidos, para o 22 de maio de 2009.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.