Inicio » Cinema »

Emma Stone, prexuízo e zombis

 

Emma Stone xa sabe o que é enfrentar-se aos mortos andantes en Zombieland, e agora ven de recibir unha oferta para ser a protagonista do filme Pride and Prejudice and Zombies nos estudos Lionsgate.

O filme contará coa dirección de Craig Gillespie e é unha versión para o cinema da novela homónima, que á súa vez é unha versión do clásico relato de Jane Austen, que vai sobre a búsqueda de Elizabeth Bennet do amor e a independéncia, todo elo co trasfondo da vaga dun virus mortal que converte aos mortos en zombis.

Anteriormente foran consdieradas para o papel as actrices Mia Wasikowska e Anne Hathaway, así que Stone é só a última en aparecer vencellada ao persoaxe. O filme contará coa produción de Natalie Portman, Annette Savitch, Richard Kelly, Sean McKittrick e Tedd Hamm.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário