Inicio » Cinema »

Tim Burton xa ten á súa Alícia

 

A nova protagonistaTim Burton ven de atopar á súa protagonista para a nova adaptación de Alícia no País das Marabillas na que está a traballar para a Disney. Non é, coma se rumoreou hai un par de semanas, Ryan Nikole Parker, pero tampouco é unha actriz coñecida precisamente. O papel recaiu na  actriz australiana Mia Wasikowska, cuxos únicos créditos até de agora consistiron en aparecer como habitual na série da canle HBO In Treatment e no filme de terror de crocodilos maléficos Rogue. Pero esta rapaza de 18 anos ten ainda por estreas filmes de maior calado coma a vindeira Defiance e a biografía da aviadora Amelia Earhart titulado precisamente Amelia, co que probábelmente será unha face recoñecíbel para cando se estree Alícia no País das Marabillas.

O filme será unha combinación de acción real co sistema de animación por captura de imaxes e será lanzado en 3D dixital. Conta cun guión de Linda Woolverton, que xa traballou en O Rei León e a rodaxe escomezará en novembro. A estrea está prevista para 2010.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário