Inicio » Cinema »

Haberá película de Venom

 

VenomO éxito do persoaxe do Joker de Heath Ledger en O Cabaleiro Escuro animou á Sony a rodar Venom, a história dun dos falcatruáns de Spiderman.

Os estudos xa están traballando no proxecto, baseado no persoaxe aparecido en Spiderman 3, e co que confía en expandir e sacar ainda máis benefício ás producións do trepamuros.

Seica vários guionistas foron xa consultados para desenvolver o argumento, que ainda non está pechado. Sony e mais a Marvel preferiron non facer ningunha declaración respecto ao asunto.

Venom é o nome dado á primeira forma de vida simbiótica que apareceu nos cómics Marvel. A creatura é un álien cunha forma pegañenta, case líquida. Require un hóspede, normalmente un ser humán, para sobrevivir. En troques, Venom outorga ao seu hóspede uns poderes ampliados. O álien é un dos piores inimigos de Spiderman, que foi o seu primeiro hóspede. Após de que Spiderman o rexeitara, Venom tivo que parasitar a outros seres humáns e asemade escomezar a súa carreira como supermalvado.

O persoaxe, após de aparecer nalgunhas das aventuras nos cómics, acadou tanta popularidade que agora se lle dará un filme de seu.

A Sony tamén está a desenvolver a cuarta parte de Spiderman, que se estrearía en 2011. Descoñéce-se ainda se volverá dirixir Sam Raimi e se o protagonista será Tobey Maguire.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário