Inicio » Cinema »

James Cameron xa aposta polos 60 fps

 

A mediados de abril deste mesmo ano, o director Peter Jackson anunciou que as duas películas d’O Hobbit rodarían-se a 48 fotogramas por segundo (fps), o que subpón o dobre da velocidade de filmación estándar, todo un chimpo adiante co que Jackson pretendía marcar un antes e un despois na história do cinema.

Pero a evolución nas adaptacións das novelas de Tolkien podería quedar desfasada mesmo antes de nacer grazas ao recente anúncio de James Cameron. O director que posúe o récord das duas primeiras películas na lista dos filmes que mais cartos recadaron na história no despacho de billetes confesou á prensa que nos traballos de preprodución de Avatar 2 e Avatar 3 xa probou con velocidades de filmación de 48 e mesmo 60 fps.

«Eu aposto polos 60 fps. Coido que é a resposta, pero outros poden elixir os 48 por outros motivos«, dixo Cameron que xa en marzo e no decurso da CinemaCon expresara a sua intención de incrementar a velocidade de rodaxe de cara ao seu novo proxecto para millorar a experiéncia cinematográfica en 3D. «O 3D amosa unha fiestra á realidade, se incrementas os fotogramas quitas-lle o cristal á fiestra«, suliñou.

Após de semanas de probas, Cameron decidiu-se pola velocidade mais alta posíbel: «Había moitos argumentos a favor das 60 e a favor das 48, e coido que a razón pola que vou por este camiño é porque fará moito millor o 3D«. Ademais, Cameron aposta por actualizar as equipas de proxección para que sexan «os cineastas quen decidan» a que velocidade rodar.

«O custe non está na cámara, que é moi sinxelo, o custe non está nos proxectores, xa que só supón unha actualización do software«, lembrou Cameron, que dixo que xa podería rodar «agora mesmo» un filme a 60 fotogramas por segundo. O custe estaría daquela en que «hai que regular todo o fluxo de traballo«, e non só coas salas de proxección senon tamén coas equipas de efectos especiais. E é que, a mais fotogramas por segundo maior custe en FX xa que hai que tratar mais imaxes por computador. Cameron afirmou que xa está a traballar nesta liña cos grandes fornecedores de efectos especiais.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
James Cameron xa aposta polos 60 fps  

Etiquetas

, ,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário