As grandes ideias de David Goyer
David Goyer comentou na Comic Con que segue interesado en readaptar a novela de H.G. Wells, O Home Invisíbel na que séria unha espécie de secuela tanto do libro como do filme orixinal de 1933.
Goyer di estar actualmente a escribir o guión, e conseguiu que a Universal implique a algúns artistas para que traballen con el. Jamie Rama é o principal e Aaron Sims tamén. Rama é un grande artista conceptual que traballou en Batman Begins e en O Cabaleiro Escuro, e foi un dos principais artistas que traballou nos traxes de Batman.
O filme situaria-nos uns meses despois dos feitos do libro, cunha história pragada de figuras históricas onde estaria William Melville, xefe de Scotland Yard e creador do MI6; foi quen instaurou a toma de pegadas dixitais e foi amigo do meigo Houdini. Na história, Melville será quen capte ao home invisíbel e o converta en axente secreto para o enviar á Rusia imperial.
Goyer descrebe o filme coma unha grande reimaxinación, unha história que se lle ocurriu mentres daba os retoques ao guión de The Unborn, e mentres procuraba balgo que ler atopou unha cópia do vello libro de Wells, e de contado xurdiu a idea.
Pero aí non remata todo: seica Goyer ten en mente a realización doutro filme, para o que xa conta cun guión. Será Super Max, centrado no clásico superheroe da DC Comics Frecha Verde.
«Aos estudos gustou-lle realmente o guión«, dixo Goyer na Comic-Con International de San Diego mentres promocionaba o seu novo filme de terror, The Unborn. «Frecha Verde é ún dos persoaxes do comezo deste fantástico verán… Sei que para a Warner Brothers, Frecha Verde é ún dos persoaxes nos que están realmente interesados e que seica queren ir adiante con el«.
O argumento de Super Max amósa-nos a Frecha Verde descuberto, coa súa identidade secreta revelada e prisioneiro nunha cárcere de máxima seguridade para superfalcatruáns. O seu obxectivo será fugar-se e limpar o seu nome.
A ideia do guión xurdiu primeiro para un persoaxe sen definir, polo que Goyer dixo que a ofreceu tanto á Marvel coma á DC Comics. No caso da Marvel, sería (de se facer o filme) o Capitán América, e no caso da DC foi finalmente Frecha Verde.
Goyer engadiu que a Warner está desexando escomezar este proxecto canto antes e mentres dure a onda de Iron Man, baseado tamén nun dos seus superheroes.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.