Chega a secuela de Kung-Fu Panda

717

Kung-Fu PandaMark Osborne, co-director de Kung Fu Panda, revelou á prensa que confía en que haberá unha segunda parte do seu filme axiña.

Coido que unha vez que un filme acada os 200 millóns de dólares de recadación, é un bó sinal de que haberá máis“, dixo Osborne nunha entrevista no decurso da Comic-Con International en San Diego nesta pasada fin de semana. “E coido que é algo sobre o que os estudos [a DreamWorks Animation] están realmente emocionados, e [o xefe executivo] Jeffrey Katzenberg en particular está realmente emocionado. Así que si, coido, estou seguro, de que haberá moitas histórias que contar, e continuarán“.

Osborne, que dirixiu o filme xunto a John Stevenson, engadiu que ainda non mantivo conversas sobre futuros argumentos. “Nese punto, non sei exactamente cales son os plans“, dixo. “Coido que hai cousas en marcha, pero agora mesmo estou de vacacións, e logo vou voltar a un proxecto que levo desenvolvendo dende hai tempo“.

Ese proxecto será The Great Ascension Machine, unha mistura de animación en stop-motion e por computadora que inclúe un pouco de anime steampunk, confesou Osborne. “Estou abraiado por toda esa animación en stop-motion que anda por aí“, dixo. “E seica están tentando empurrar as fronteiras alén dos límites, e coido que hai potencial para usar as millores partes do stop-motion e usar as millores partes da animación por computadora de tal xeito que realmente leven ao stop-motion ao seguinte nivel“.