Inicio »

Un post de Reddit, ao cinema

 

A Warner Bros. ven de mercar os dereitos sobre un esbozo de guión orixinal de James Erwin, un escritor de Des Moines, Iowa e gañador en dúas ocasións do popular concurso da tele Jeopardy!.

O guión de Erwin foi o resultado de várias entradas publicas no sítio Web da comunidade online Reddit, na que outro participante preguntaba o que acontecería se unha unidade de elite dos marines americanos fose transportada no tempo e obrigada a loitar contra as lexións romanas. Erwin respondeu con oito entradas consecutivas, nas que explica o encontro entre o exército do emperador César Augusto e os soldados americanos, que terán a oportunidade de mudar o curso da História.

O editor da Madhouse Entertainment, Adam Kolbrenner, atopou a entrada de Erwin, titulada Rome, Sweet Rome, cando esta chegou á portada de Reddit e contactou co escritor para comezar a traballar con el para desenvolver mais o concepto. Após de remata-lo, dirixíron-se a Chris Gary, un xoven executivo da Warner que animou aos estudos a se facer co argumento.

Kolbrenner será o produtor xunto a Gianni Nunnari (Immortals), da Hollywood Gang. John Ridley supervisará o proxecto para a devandita compañía. Robyn Meisinger será o produtor executivo e Gary encargará-se pola parte da Warner.

O vindeiro libro de Erwin, previsto para 2012, narra a história das accións militares dos Estados Unidos.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • Reddit
  • LinkedIn
Outras novas:
 

 

 

Ainda non hai comentários

Chegaches tarde! os comentários desta nova xa están pechados.