Inicio » Cinema »

Indy V xa en preparación

 

Indiana JonesGeorge Lucas ven de revelar que xa escomezaron os traballos prelimiares de investigación para o argumento do que pdoería ser unha quinta parte da saga de Indiana Jones, pero engadiu asemade que tal filme é só ún entre dúcias de potenciais proxectos nos que está a traballar a súa equipa.

«Vai ficar nos andéis aí coma un máis entre 50 proxectos cos que teño que traballar«, desvelou Lucas nunha entrevista o pasado 4 de agosto no seu rancho Big Rock en San Rafael, Califórnia, onde estaba a promocionar o vindeiro filme de debuxos animados xerados por computador Star Wars: The Clone Wars. «E se podo atopar unha história…«.

Pero Lucas engadiu: «É moi difícil atopar histórias para iso. Xa sabes, é realmente imposíbel. Porque ten que ser real. Ten que ser algo que acontecera realmente. Ten que ser algo que a xente coñeza. Ten que ser sobrenatural. É un proxecto de investigación realmente complicado. No que están a traballar agora. Xa sabes, a última vez levou 14 anos. Así que…«.

Lucas refería-se deste xeito ao cuarto filme de Indiana Jones estreado este verán co subtítulo de O Reino da Caveira de Cristal, que estivo en desenvolvemento durante máis dunha década antes de que as pezas encaixasen.

En anteriores roldas de prensa, Lucas dixera que os tres protagonistas – el mesmo, o director Steven Spielberg e a estrela Harrison Ford – teñen que se poñer de acordo na ideia para que o quinto filme saia adiante. Tamén comentara que Spielberg está máis disposto á ideia dunha quinta entrega do que o estaba para a vez anterior.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário