Cruise confírma-se coma Mortal

671

Hai dous meses que xurdiron os primeiros rumores, pero agora confírma-se que Tom Cruise comprometeu-se a participar no vindeiro filme bélico de ciéncia-ficción de Doug Liman que se titulará We Mortals Are na Warner Bros. Pictures.

Baseada na novela de Hiroshi Sakurazaka de 2004 All You Need is Kill, a história vai sobre un novo recruta enviado a loitar contra unha invasión extra-terrestre e que se atopa de súpeto nun escenário tipo “o día da marmota” no que morre no campo de batalla pero renace ao día seguinte unha e outra vez.

Cando leva cinco meses neste ciclo decáta-se de que un día hai algo diferente: unha muller soldado que podería ser a clave para escapar do bucle. Dante Harper adaptou o guión e Joby Harold reescribiu-no recentemente.

Polo de agora o principal problema deste proxecto é atopar datas no calendário. Cruise está arestora a rodar One Shot xunto a Christopher McQuarrie, e até rematar o seu seguinte proxecto, o filme de Joseph Kosinski Oblivion, non poderá escomezar a traballar en We Mortals Are.