Inicio » Cinema »

O rapeiro de debuxos animados

 

O popular rapeiro americano Kanye West ven de se atopar con executivos da indústria do cinema para falar sobre a posibilidade de traballar nunha longametraxe con acción real baseada na série de debuxos animados The Jetsons (Os Supersónicos, na súa versión galega).

O rapeiro é un fan dos devanditos debuxos animados e a xuntanza cos directivos foi unha sesión de «brainstorming». A primeiros da semana pasada xa dera algunhas pistas cando falou da súa nova empresa de deseño, a DONDA, na súa conta do Twitter e dixo que estaba a considerar a posibilidade de ser director creativo no filme dos Jetsons, que leva en fase de proxecto dende hai xa vários anos.

O produtor Denise Di Novi confirmou a súa participación na xuntanza pero dixo que estamos ainda en fases moi iniciais do desenvolvemento: «[West] estaba moi interesado en participar na xuntanza de brainstorming que fixemos sobre o filme e nas ideias que podíamos ter. Foi unha conversa preliminar moi amigábel… Seica vai pensar mais sobre o tema e ver se ten algunhas ideia visual inspiradora«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
O rapeiro de debuxos animados  

Etiquetas

,

Novas relacionadas

 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário