Inicio »
Todos temos algún segredo
Mentres remata a preparación para o lanzamento do seu vindeiro thriller de terror Silent House, a Open Road Films ven de estrear un website interactivo que intercepta as túas redes sociais: we-all-have-secrets.com.
No filme, Elizabeth Olsen é a protagonista no papel dunha rapaza que fica atrapada nunha casa de retiro aillada canda un lago. Sen contacto co mundo exterior, e sen saída posíbel, o pánico convérte-se en terror mentres que os acontecementos ao seu redor comezan a ser cada vez mais sinistros.
Os responsábeis de Open Water, Chris Kentis e Laura Lau, dirixiron este filme que non só se narra en tempo real, senón que grazas aos xogos de cámara e á coreografía, semella rodada completamente nunha soa toma.
Unha vez que we-all-have-secrets.com fica conectada á túa conta no Facebook, un vídeo combinará imaxes do filme coa información do teu própio Facebook, coma se ti foses parte da acción. Ademais, é posíbel enviar anónimamente os teus própios segredos e ler as confesións que fai outra xente que xa compartiu esta aplicación na Internet.
Outras novas:
 
Ainda non hai comentários
Chegaches tarde! os comentários desta nova xa están pechados.












O vindeiro 7 de abril às 4 do serão terá lugar no Auditório da Biblioteca Almeida Garrett na Rua de Entrequintas nº 268, em Porto, a apresentação do nº 2 da
O lendário actor inglés de 65 anos Richard Griffiths morreu por mor de complicacións após dunha arriscada operación de corazón. Ainda que era mundialmente famoso polo seu papel do pomposo tío de Harry Potter, a carreira de Griffith contou con moitos filmes e prémios de todo tipo, entre os qeu se atopan Withnail and I, Gorky Park, Sleepy Hollow, The Naked Gun 2 1/2, Stage Beauty, Venus e Hugo.
O director Olatunde Osunsanmi (The Fourth Kind) será o encargado de realizar o filme de ciéncia-ficción Eden para a Gold Circle Productions. Ambientado nun mundo onde os áliens escravizaron á humanidade, os supervivintes seguen un sendeiro chamado "O Raíl" nun esforzo por chegaren a unha "cidade libre". Osunsanmi dirixirá a partir dun guión de seu e Paul Brooks será o produtor.