Inicio » Cinema »

O Hobbit xa ten guionista e finanzador

 

Guillermo del ToroA equipa de guionistas que asinou a triloxía cinematográfica d’O Señor dos Anéis, formada polo director Peter Jackson, Fran Walsh e Philippa Boyens veñen de se unir xa oficialmente á produción que dirixirá o mexicano Guillermo del Toro para escribir os guións dos dous filmes planeados baseados en O Hobbit.

A redacción do libreto xa escomezou hai uns días segundo revelou o mesmo del Toro e a rodaxe está prevista para escomezar a primeiros de outono de 2009 en Nova Celándia.

Os informes apuntan a que a Metro Goldwyn Meyer está á procura de finanzamento por 600 millóns de dólares para poder producir algunhas das súas meirandes películas, e que unha grande parte deses cartos destiñarán-se a O Hobbit.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário