Inicio » Cinema »

Atanes en Pulque 51

 

Carlos AtanesCarlos Atanes, ún dos escasos representantes da ciéncia-ficción cinematográfica española, autor de numerosas curtas e das longametraxes FAQ e Próxima, premiados en festivais internacionais, ven de se lanzar a un novo proxecto que leva por título Pulque 51. Tráta-se dun conxunto de curtametrajes de diferentes directores pero con dous demoninadores comúns: a actriz Arantxa Peña, á que se quere converter na «scream queen» nacional, e os xéneros e subxéneros coma elección estético-argumental (ciéncia-ficción, terror, loitadoras…).

Polo de agora graváron-se xa dúas curtametraxes, a primeira delas dirixido polo artífice do proxecto, Carlos Atanes, e titulado precisamente Scream Queen.

Un dos protagonistas da curta é José Manuel Serrano Cueto, que se interpreta a el mesmo como crítico que vai entrevistar a unha famosa scream-queen, retida de xeito brutal polo seu promotor e representante. O argumento é tan raro e alucinóxeno coma todos os de Atanes.

Scream-queen conta asemade coa actuación de Antonio Albella, que en setembro volverá aos escenários cunha nova tempada de Olvida los tambores, a obra teatral de Ana Diosdado que dirixe con éxito Víctor Conde (por certo, director da segunda curta realizada até agora, Lesbos Invaders from Outer Space).

Albella, actor escénico e televisivo sobre todo, é relembrado como membro do grupo musical Loco Mía.

O reparto de Scream Queen compléta-se con Manel Solàs, habitual de Atanes e visto tamén en Os sen nome, e mais o actor camerunés Jean-Pierre Kameni.

A curtametraxe está actualmente en fase de post-produción e prevé-se que poida estrearse en Madrid antes de finais deste mesmo ano xunto ao resto dos traballos que completan Pulque 51.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 

Etiquetas

, , ,

Novas relacionadas

  • No Related Posts
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário