Nic Mathieu dirixirá “The Wind”

1004

Nic Mathieu fará o seu debut coma director co thriller de ciéncia-ficción The Wind para a Warner Bros. Pictures.

Polo de agora todo o que se sabe da história é que está ambientada nunha colónia espacial. David Koepp (Men in Black 3) escribiu o guión e será ademáis o produtor da longametraxe, que está a se desenvolver sen demasiada publiciade polos estudos.

Mathieu desenvolveu a súa carreira até agora coma director de anúncios para a televisión, con probada capacidade de incluír efectos especias xerados por computador (podedes ver un exemplo aquí).