Inicio »
Posters para I am Legend
O novo filme de Will Smith, I Am Legend, debutará nos Estados Unidos o vindeiro 14 de decembro (o 19 en Galiza), e para preparar a chegada non só a terras americanas senón a todo o mundo, están-se a preparar unha chea de posters promocionais, nos que aparecen diferentes lugares ben recoñecíbeis de várias cidades do mundo, pero en ruínas. E entre eses lugares atópa-se a obra dun galego, o arquitecto Antonio Palacios, autor do edifício de Correios (actualmente, sede do Concello de Madrid). Ademáis, noutra das escenas tamén aparece Lisboa, coa Ponte 25 de Abril coma protagonista.
Neste filme de ciéncia-ficción, Robert Neville (Will Smith) é un brillante científico, pero nin sequera el pode evitar que un terríbel virus, creado nun laboratório, remate con toda a humanidade… agás con el. Inmune por algún motivo descoñecido, convírte-se no derradeiro ser humano do planeta, abandoado á súa sorte na cidade de New York. Pero se atopará cun pequeno problema, e é que o virus transformou ao resto da povoación en vampiros. E el é o seu principal obxectivo e inimigo.
Outras novas:
 
Ainda non hai comentários
Chegaches tarde! os comentários desta nova xa están pechados.












O cineasta Neil Jordan (Interview With A Vampire), que está en xira de promoción con Byzantium, ven de revelar algúsn detalles sobre unha futura longametraxe que xa anunciara previamente. Descrita coma unha história de pantasmas contemporánea, o proxecto aínda sen título trodará-se nalgún lugar da Europa do Leste. Polo de agora non hai datas de produción, pero Jordan dixo que "vou a aterrorizar á xente con música fermosa".
O vindeiro 7 de abril às 4 do serão terá lugar no Auditório da Biblioteca Almeida Garrett na Rua de Entrequintas nº 268, em Porto, a apresentação do nº 2 da
O lendário actor inglés de 65 anos Richard Griffiths morreu por mor de complicacións após dunha arriscada operación de corazón. Ainda que era mundialmente famoso polo seu papel do pomposo tío de Harry Potter, a carreira de Griffith contou con moitos filmes e prémios de todo tipo, entre os qeu se atopan Withnail and I, Gorky Park, Sleepy Hollow, The Naked Gun 2 1/2, Stage Beauty, Venus e Hugo.