Activision e Blizzard fusionan-se

 

World of WarcraftO grupo francés Vivendi ven de anunciar a compra da empresa creadora de videoxogos Activision, por 18.900 millóns de euros, para fusiona-lo con Blizzard (compañía da que xa é propietária).

A nova empresa chamará-se Activision Blizzard e terá un volume de negócios calculado duns 3.800 millóns de euros anuais, segundo apuntou Vivendi no seu comunicado. O obxectivo é deste xeito acalar os rumores que apuntaban precisamente ao contrário, á desaparición da principal empresa europea creadora de videoxogos, o que anceiaban os seus competidores americanos.

Fundada en 1979 e con sede na localidade californiana de Santa Mónica, Activision está especializada no desenvolvemento de xogos para consolas, mentres que a Blizzard apostou máis polos videoxogos on-line para computador.

Mentres que a primera conta no seu haber con exitos coma Alien vs. Predator, Star Trek: Bridge Commander, Dark Reign ou Quake, Blizzard obtivo o favor do público grazas a xogos coma Starcraft e World of Warcraft.

O presidente de Vivendi, Jean-Bernard Lévy, asegurou que a operación permitirá ao seu grupo «crear un líder mundial nun sector cunha forte expansión«.

A creación de Activision Blizzard poderá concretarse no primeiro semestre do ano que ven.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário