O director de Babylon A.D. critica ao filme
Mathieu Kassovitz, director do thriller sobrenatural Babylon A.D., está procurando marcar distáncias entre el mesmo e o filme que dirixiu, que levou unha malleira de paus por parte dos críticos cinematográficos, que consideran esta obra coma un desastre. Nunha recente entrevista á que puideron ter acceso os novos enviados especiais, Kassovitz dixo que o filme é «pura violéncia e estupidez«, con partes do filme que semellan «un episódio malo de 24«.
Fontes preto da produción, que compararon a Kassovitz co persoaxe Billy Walsh da série de TV Entourage, replicaron a través dos médios de comunicación que os comentários do director foron tan só a derradeira pinga nunha série de dóres de cabeza producidos por Kassovitz. A produción de Babylon A.D. tivo que se atrasar tres semanas por motivos persoais que implicaban a Kassovitz. O director tamén fallou moitas veces a roldas de prensa, decidindo no seu canto ir-se de vacacións a unha illa do Caribe.
Kassovitz (Gothika) dixo que a Fox é a culpábel da fasquía final do seu filme, mesmo ainda que a versión revisada é a versión internacional do director e a Fox non-a distribúe fóra dos Estados Unidos.
«A Fox enviou-me avogados que se puxeron á procura de todas as comas e todos os puntos«, laiou-se Kassovitz na entrevista. «Puxéron-mo todo difícil dende o A ao Z«.
A Fox declinou facer comentários polas declaracións de Kassovitz pero dixo que ten toda a intención de distribuir o filme tal cal está. A estrea nos Estados Unidos é hoxe día 29 de agosto.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.