Hathaway gostaría ser Catwoman outra vez

808

Unha das críticas mais escoitadas estes días ao respeito de The Dark Knight Rises son as loubanzas unánimes ao traballo de Anne Hathaway pola súa interpretación de Selina Kyle, Catwoman. A versión de Nolan deste persoaxe, mistura de heroína e bandida, resultou especialmente interesante e Hathaway amosou que podía encaixar moi ben no papel.

Agora, nunha entrevista recente, e preguntada se lle gostaría repetir o seu papel no futuro, Hathaway dixo: “Coido que sería bonito ver mais dela, pero só se é coa xente axeitada. Ela vive nesta Gotham City así que debería determinar-se pola xente que fixo esta Gotham City. Coido eu, alomenos“.

Esta entrevista publicou-se xusto mentres que chegaban novas da recepción mais ben tíbia dos membros da Académia de cinema de Hollywood após dunha proxección privada de The Dark Knight Rises o sábado á noite.