A Paramount planea mais debuxos animados

804

Após do salientábel éxito do ano pasado con Rango, a Paramount Pictures quere extender o seu departamento de animación con vários proxectos que a súa división ten xa en desenvolvemento.

Así, vários médios informan que os estudos están a planear unha película de debuxos animados baseada nun proxecto de J.J. Abrams, e ademais várias versións dos seus programas de debuxos da canle Nickelodeon.

Un dos proxectos que está en marcha é unha adaptación á pantalla grande do cómic de Penny Arcade The New Kid, que vai sobre un neno humano nunha escola chea de áliens. Gary Whitta está a escribir o guión mentres ca Mary Parent será a produtora.

Os detalles sobre o proxecto de Abrams aínda non se deron a coñecer, e os programas da Nickelodeon que poderían dar o chimpo ao cinema son Dora the Explorer, The Legend of Korra e Monkey Quest.

Polo de agora o único proxecto oficialmente anunciado é a segunda película de Bob Esponxa que están a escribir os guionistas de Kung Fu Panda 2, Albel e Glenn Berger.