WoW sairá na tele

 

World of WarcraftE ti… a que xogas? Esta é a pregunta que Guillermo Toledo, Mr. T, William Shatner e, dentro de pouco, Verne Troyer (Mini-eu) farán a todo o mundo nunha série de anúncios internacionais. E a resposta a esta cuestión é World of Warcraft, o popular videoxogo que dende hai anos é todo un sinal de referéncia para calquera afeccionado aos xogos de rol fantásticos.

World of Warcraft é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido pola Blizzard Entertainment, basado no mundo de ficción e a história de Warcraft. Consta dunha expansión oficial chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, ainda que as revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.

A aceptación do xogo foi enorme. De feito, a Blizzard Entertainment anunciou que nos primeiros días de xaneiro de 2007 xa había máis de 8 millóns de xogadores rexistrados (pagando suscripción) en todo o mundo.

Pero se non queres agardar diante do televisor, este é o enlace cara aos anúncios protagonizados polos devanditos actores, que serán emitidos pola tele no decurso das vindeiras semanas.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário