Inicio » Cinema »

Cannell confirma ao Heroe Americano

 

Stephen J. CannellStephen J. Cannell, o creador da série de culto dos anos 80 O Grande Heroe Americano, ven de confirmar aos fans que está a preparar unha longametraxe sobre a série.

«Xa escribín un guión e temos contratado a un director, e estamos no proceso de poñer todo isto xunto nun futuro«, dixo Cannell perante un grupo de fans en Hollywood o pasado día 7 nunha xuntanza co gallo do 25º aniversário do Sindicato de Actores.

Os rumores apuntan a que o director é Stephen Herek, coñecido por kitschs dos anos 80 coma Bill & Ted’s Excellent Adventure e Critters, pero este dato non foi confirmado por Cannell na xuntanza.

O reparto ao completo, os produtores, guionistas e mesmo o famoso dobre Dennis «Danger» Madalone estiveron xunto a Cannell nunha reunión con preguntas e respostas que durou moito tempo e que estivo moderada por John Tesh, coñecido polos seus libros sobre a série e ademáis marido da protagonista Connie Sellecca.

Após do anúncio de Cannell, Sellecca tomou a palabra e quixo asegurar a súa participación no filme, así coma a dos seus compañeiros de rodaxe William Katt e Robert Culp.

«Vou poñer a Stephen nun apuro«, dixo Selleca cun sorriso: «Haberá cameos para nós?«.

«Absolutamente garantidos«, respondeu Cannell. «Máis ca cameos: papeis coma actores«.

O Grande Heroe Americano durou tres tempadas dende 1981 a 1983 e centrába-se en Ralph Hinkley (Katt), un profesor a quen os extraterrestres lle deron un traxe con superpoderes, pero sen o manual de instrucións. Culp interpretaba a un axente do FBI e Sellecca á súa moza de toda a vida.

A série, que foi repetida dúcias de veces en distintas canles de televisión, está a pasar por unha espécie de rexurdimanto, cun cómic producido por Katt e mais o seu parceiro Chris Folino baixo o selo Catastrophic Comics. O primeiro número aparecerá en novembro nas librarías.

Ademáis, hai plans para facer unha série de debuxos animados de catro nimutos de duración destinados á Internet, coas voces orixinais de Katt, Culp e Sellecca.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário