NOVA FANTASIA » Cómic

Watchmen terá sete precuelas
A DC Comics quere regresar ao universo de Watchmen este verán co lanzamento de Before Watchmen, sete novas séries limitadas que servirán coma precuelas da saga orixinal dos anos 80.

O cómic amosará-nos a persoaxes coma o Doutor Manhattan, Rorschach ou o Comediante tal e coma eran antes de apareceren por primeira vez na série orixinal, que estaba composta por 12 números e que se covnerteu dende a súa aparición nun dos cómics mais aclamados de todos os tempos e unha das sagas mais influintes no mundo da banda deseñada, con mais de dous millóns de cópias vendidas.

Como é óbvio, o proxecto non gusta nada aos creadores orixinais, ningún dos cales está vencellado ao mesmo: nin o lendário guionista Alan Moore nin o debuxante Dave Gibbons. Moore dixo nunha entrevista ao New York Times que «tendo a tomar-me ese desenvolvmento coma unha clase de confirmación entusiasta de que a DC semella estar depenendo de ideias que tiven hai 25 anos«.

No lugar dos dous xénios, haberá toda unha chea doutros famosos guionistas e debuxantes que retomarán as histórias orixinais dos heroes. Brian Azzarello escribirá a história de Rorschach e mais o Comediante, J. Michael Straczynski ocupará-se do Bufo e mais do Doutor Manhattan, Darwyn Cooke fará os Minutemen e a Espectro de Seda, e Len Wein fará a Ozymadias e mais o metacómic Curse of the Crimson Corsair.

Star Trek: a precuela da secuela
Mentres que a secuela do relanzamento que J.J. Abrams fixo da saga de Star Trek en 2009 comeza a se por en marcha para o ano que ven, ún dos dous coguionistas do filme, Roberto Orci, confirmou recentemente que está a localizar escenários para a preparación. Orci e mais Mike Johnson tamén traballan coma directores creativos dunha nova série de cómic na editorial IDW e que terá coma protagonistas aos tripulantes da Enterprise.

Respeito á secuela, din que chimpará uns cantos anos adiante, cando xa a tripulación leve traballando xunta un tempo. Orci estivo a pasar notas aos guionistas do cómic con algúns detalles sobre a vindeira secuela, oque sinifica que eses números poderían utilizar-se coma base para o trasfondo do filme.

«É fantástico ter a aportación de Bob, pode axudar-nos a clarificar elementos da história que poderían entrar en conflito co que está por vir na vindeira película, e podemos deixar pistas subtís sobre o que vai aparecer, de tal xeito que despois de ver o novo filme podes voltar atrás e ver como evolucionou nos cómics… Bob e mais eu discutimos as principais liñas da seguinte película, o que será dunha grande axuda para os cómics. Temos moi poucos segredos, que eu saiba alomenos«, dixo Johnson nunha entrevista.

Os primeiros números serán adaptacións de episódios da série orixinal dos anos 60 na televisión, coa tripulación enfrontándo-se ás mesmas ameazas, pero con diferéncias coa liña temporal tal e coma se amosou no filme. O primeiro número tratará o argumento do episódio piloto, Where No Man Has Gone Before, mentres que The Galileo Seven será o seguinte episódio en ser adaptado.

Logo, «a medida que nos acheguemos ao seguinte filme, as histórias comezarán a deixar entrever os acontecementos da película, presentando se cadra aos novos persoaxes que veremos na pantalla«. O resultado será algo semellante ao que xa poidemos ver co cómic Star Trek: Countdown, que serviu coma ponte entre os acontecementos entre o filme de 2002 Star Trek: Nemesis e o relanzamento de 2009.

A precuela da Cousa ten unha precuela
A editorial Dark Horse Comics ven de crear un cómic dixital exclusivo que servirá coma precuela do vindeiro remake do thriller de terror e ciéncia-ficción The Thing (A Cousa), previsto para a súa estrea o vindeiro 14 de outubro.

A partir desta mesma semana, o cómic lanzará-se en tres entregas de oito páxinas cadansúa, e que aparecerán o 21 de setembro, o 28 de setembro e mais o 5 de outubro, todo elo dispoñíbel gratuitamente online na DigitalDarkHorse.com e tamén por médio da aplicación para móbiles de leitura de cómics da Dark Horse Comics.

The Thing: The Northman Nightmare narrará a orixe desta popular franquía, embientada na conxeada Groenlándia, e presentará-nos ao grupo de noruegueses que fican atrapados nun letal xogo pola supervivéncia após de descubrir a unha terrorífica creatura.

O monstro metamórfico ten a habilidade de se converter nunha réplica perfecta de calqueroutra creatura vivinte. Pode asemellar-se a calquera persoa ou animal, pero por dentro segue a ser inhumán, agochada nalgures nunha aldea desolada con poucos sobrevivintes, e entre eles, un estraño grupo de mulleres.

Steve Niles (30 Days of Night) é o autor do guión deste cómic, mentres que Patric Reynolds (Serenity) ocupou-se do debuxo a tinta. Dave Stewart (Hellboy) é o colorista.

O Horror de Dunwich
Anticipándo-se á Comic-Con International en San Diego deste ano, a IDW Publishing ven de anunciar unha nova série de cómic, titulada H.P. Lovecraft’s The Dunwich Horror, e que será unha reinterpretación moderna da clásica história de terror de H.P. Lovecraft The Dunwich Horror. A partir de outubro, o guionista Joe R. Lansdale e mais o debuxante Peter Bergting ofrecerán aos leitores do século XXI a súa visión de Lovecraft, o escritor mais influinte para os escritores de terror na actualidade.

«É emocionante estar a traballar nun proxecto de Lovecraft, ún dos escritores de terror mais influintes de todos os tempos«, dixo Lansdale, gañador sete veces do prémio Bram Stoker.

Publicada orixinalmente no número de abril de 1929 da revista Weird Tales, e ambientada na vila imaxinária de Dunwich, Massachusets, The Dunwich Horror describe a aterradora história de Wilbur Whateley, neto dun feiticeiro, e a súa procura do Necronomicon, o libro máxico que seica posúe o poder de abrir a porta para o regreso dos «Antigos» á Terra.

Cadaún dos catro números da minisérie H.P. Lovecraft’s The Dunwich Horror ofrecerá asemade unha adaptación do conto de Lovecraft The Hound (O Sabuxo), con anotacións do historiador lovecraftián Robert Weinberg e do debuxante Menton3. The Hound foi publicada orixinalmente no número de febreiro de 1924 da revista Weird Tales, e é a história de dous ladróns de tumbas que levan demasiado lonxe o seu intento de se facer con novas mostras para a súa colección privada.

Ademais en outubro a mesma editorial prometeu lanzar The Lovecraft Library, vol 1: Horror out of Arkham, unha série con contos lovecraftiáns que inclúe Herbert West—Reanimator, The Unnamable, The Colour Out of Space, The Dunwich Horror e The Shadow Over Innsmouth, con ilustracións de Menton3 e unha introdución por Robert Weinberg.

A morte de Peter Parker
A capa do cómic Ultimate Spider-Man

No ano 2000 o guionista de cómics Brian Michael Bendis creou a série Ultimate Spider-Man na Marvel para narrar as aventuras do trepamuros nunha versión moderna, quen expandeu a orixe clásica do heroe dende as iniciais 11 páxinas a un total de 180. Bendis traballou xunto ao debuxante Mark Bagley até o número 110 da série, cando Stuart Immonen sustituiu a Bagley. O español David Lafuente sustituiu a Immonen a partir do número 133, e o título pasou a ser Ultimate Comics: Spider-Man.

Ultimate Spider-Man foi a primeira série publicada do Universo Ultimate, un universo alternativo da Marvel que tentou facer unha reinvención dos persoaxes mais clásicos e con mais de 40 anos de história ás súas costas. E coma novo universo, as regras serían novas e libres de coincidir ou non co persoaxe orixinal. Nesta série, Peter Parker traballa nun restaurante de comida rápida mentres asiste ás súas clases na universidade. Vive xunto a Gwen Stacy, a súa tía May, á Antorcha Humana (morta noutra série da Marvel) e Iceman. O tón xeral da série é mais lixeiro e o debuxo está moi enfocado ao público xuvenil.

A cuestión é que o número 160 da série contará cunha importante novidade: a morte de Peter Parker, dentro da saga titulada Death of Spider-Man. Nesta série, o Trasno Verde fuxe da S.H.I.E.L.D. e tenta matar á tía May e a Mary Jane, o cal é evitado por Peter a costa de perder a vida. Segundo Bendis, «xa faláramos sobre o que sinifica Spiderman e sobre o que podería sinificar e que clase de novas histórias poderías contar. Se morrera salvando á tía May igual que cando non puido salvar ao tío Ben, daquela terías algo«.

Bendis non semellou moi impasíbel após de «matar» a Peter: «Escoita, eu sentei aquí tecleando todo isto con bágoas nos ollos coma un bebé grande! Subín as escaleiras e falei con miña muller e lle dixen ‘Estou moi avergoñado, coido quelevo chorando 45 minutos’ Na miña vida pasáron-me cousas de verdade polas que non chorei, pero ainda estou chorando por isto«.

Este é o final definitivo de Peter Parker nesta série, pero non para Spiderman. Segundo o editor Axel Alonso, «vai haber un Spiderman totalmente novo nun uniforme totalmente novo«. Quen será o novo trepamuros? Para saber a resposta haberá que agardar até o mes de agosto, cando apareza o novo número da série, Ultimate Comics Fallout.

A pregunta é por suposto, aceptará o público lér un cómic de Spiderman onde non saia Peter Parker, ainda que sexa dentro desta série para rapaces?

A DC relanza a todos os seus heroes
Segundo confirmou a própia DC Comics nunha nota de prensa, a partir do vindeiro 31 de agosto todas e cadaunha das súas séries de superheroes regresarán ao número 1, nunha espécie de posta a cero ou relanzamento que está a erguer moitísima polémica entre os fans.

A DC Comics lanzará unha renumeración histórica das 52 liñas de cómics do Universo DC por completo, incluindo a aparición da nova Liga da Xustiza a cargo do escritor Geoff Johns e do debuxante Jim Lee. A publicación do número 1 da Liga da Xustiza será simultánea en papel e na Internet, co que a DC convérte-se na primeira editorial das dúas importantes (a outra é a Marvel) que lanza os seus cómics de superheroes dixitalmente e en papel o mesmo día.

A xogada da DC xa ergueu moitísimas críticas, entre as que se inclúen a do novo uniforme que utilizarán moitos superheroes, Superman incluído. Segundo fontes internas da editorial, a nova política será «nada de calzóns por fóra», co que os calzóns vermellos do Home de Aceiro deixarán de ser unha das súas principais características (se cadra algo ten que ver co feito de que a partir do ano que ven a DC podería ver-se obrigada a deixar de usar o uniforme clásico de Superman?).

O grande risco agora é que os fans que estaban a seguir as coleccións normais deixen de mercar o cómic, porque xa coñecen as orixes dos seus persoaxes favoritos. De todos os xeitos na DC consideran que paga a pena tenta-lo e que as novas orixes de todos os persoaxes serán unha oportunidade perfecta para gañar novos leitores.

Poe e Lovecraft, cazadores de monstros
Poe and Phillips é unha recente novela gráfica orixinal de Jaime Collado e Miguel Cedillo da editorial Arcana Studios que presenta a dous escritores míticos do xénero de terror, Edgar Allan Poe e H.P. Lovecraft, no médio dunha aventura chea de mistério. O cómic non é un auténtico drama con ficción de terror senón unha improbábel aventura onde dous divertidos e heroicos cazadores de mistérios adícan-se a esnaquizar e destruír toda clase de monstros.

As restriccións espácio-temporais non semellan afectar a esta parella, disposta a bater aos monstros onde mais lles doe. Segundo a descrición da própia editorial, «Edgar Allen Poe e Howard Phillips Lovecraft naceron e medraron en épocas moi distintas, pero no decurso das súas vidas ambos adicáron-se a investigar asuntos paranormais e chegaron a ter un caso no que traballaron xuntos. Á procura do poder dunha misteriosa moeda, o improbábel dúo deberá enfrentar-se a un antigo emperados que quere usar as moedas para conquistar o mundo a través de todos os tempos«.

Se a novela ten o éxito agardado, a editorial ten previsto publicar mais aventuras da parella ao longo dos vindeiros anos. Mentres as obras de Lovecraft e doutros mestres do terror fantástico semellan estar cada vez mais de moda, os escritores en si mesmos están mais mitoloxizados do que realmente foron, e este cómic semella disposto a rachar esa ideia e presentar unha obra divertida e chea de acción… se ben todo o que hai nela é ainda mais fantasioso cás obras dos seus autores.

Superman xa non é americano
Após de se pasar unha viaxe andando (e non sobrevoando) polos Estados Unidos na recente série Grounded, seica Superman tomará unha dura decisión no que respeita á súa identidade persoal… e nacional. No número 900 da revista Action Comics, o Home de Aceiro anunciará que abandoa a súa nacionalidade americana.

[OLLO: SPOILERS MAIS ADIANTE!]

Ainda que literalmente é un inmigrante álien, Superman é dende sempre un símbolo patriótico da «verdade, a xustiza e o modo de vida americano». O que quere dicir esta última parte da famosa frase é algo complicado de saber, pero tanto nos cómics coma na vida real Superman foi sempre consdierado coma pouco menos ca un embaixador da cultura americana, e por extensión da política dos Estados Unidos.

A escena decisiva terá lugar no relato The Incident, dentro do número 900 de Action Comics, que conta cun guión de David S. Goyer e debuxos de Miguel Sepulveda. Nel, Superman consulta coa conselleira de seguridade do Presidente, que está alporizada porque Superman ven de aparecer no médio dunha protesta pacífica en Teherán contra o governo iraniano (unha analoxía cos recentes sucesos no Médio Leste), pero dado que o Home de Aceiro é considerado por todos coma un símbolo americano, o réxime de Irán culpa aos Estados Unidos de enviar ao seu embaixador para desestabilizar o país e condeira os feitos coma un acto de guerra.

Superman replica que as súas accións foron a nivel persoal, pero dado que non pode separar a súa cidadanía da súa persoa, ten que renunciar á nacionalidade americana perante as Nacións Unidas, polo que pasará a ser un heroe do mundo, e non só americano.

Esta non é a primeira vez que un heroe americano renúncia á súa cidadanía (o caso do Capitán América reconvertido en Nomad tivo moita sona), este podería ser un punto de non retorno para Superman e para os argumentos que dende agora nos agardan nos cómics: «Verdade, Xustiza e Modo de Vida americano xa non abonda«, di Superman á conselleira de seguridade.

O que por suposto non sinifica que o noso heroe abandoe eses valores, senón que os implementará a unha escala maior, fóra das complexidades do nacionalismo. O mundo para el é xa demasiado pequeno e demasiado interconectado como para ser só parte dunha parte del.

Spiderman sustitúe ao heroe morto dos 4F
(OLLO: Este artigo contén algúns spoilers)

Cando o director executivo da Marvel Comics Tom Brevoort dixo hai unhas semanas que após da morte dun dos Catro Fantásticos ía acontecer algo novo, non estaba a bromear.

Para escomezar, xa nin sequera se chamarán Os Catro Fantásticos. O mércores, a Marvel anunciou que o grupo pasará a se chamar Future Foundation (A Fundación Futuro), e que escomezarán a ser os FF dende o 1 de marzo. Ademáis, os seus tradicionais uniformes azuis tamén desaparecen. No seu lugar, vestirán de branco e negro, e o logo dos 4F será sustituído por tres hexágonos que simbolizan á FF.

Pero iso non é nada en comparación coa grande sorpresa: aos tres membros supervivintes dos Catro Fantásticos unirá-se-lles nada menos ca Spiderman, quen tamén levará o uniforme branco e negro da nova FF.

A nova pillou por sorpresa aos fans, quen amosaron posturas diverxentes respecto á idoneidade de incluir ao trepamuros no novo grupo: a elección ideal para continuar sendo catro, ou temos Spiderman até na soupa? O certo é que incluir ao lanzarredes fará que as vendas do cómic se disparen, porque o home araña é de lonxe o persoaxe mais popular do universo Marvel, xunto a Lobeto.

Agora a cuestión é saber se este será un cambio permanente ou se a Marvel recuará unha vez mais. Nos últimos tempos os 4F sofriron modificacións radicais deste xénero e sempre foi durante un tempo limitado, polo que nada semella indicar que esta sexa unha excepción. De feito, xa se fala de que para o número 600 da série, o heroe agora morto regrese triunfalmente e podamos lér o seu berro «Excelsior!» unha vez mais.

Mentres tanto, continuaremos disfrutando das aventuras da nova Fundación Futuro: a série The Fantastic Four rematou co número 588 este mes. E coma a antiga série, a nova FF levará guións de Jonathan Hickman e debuxos de Steve Epting.

A Marvel mata a ún dos 4 Fantásticos
A editorial Marvel rematou co suspense que mantiña aos afeccionados apostando coma nunha ruleta rusa. Após de anunciar o mes pasado que ún dos integrantes d’Os 4 Fantásticos ía morrer, finalmente soubemos quen é o desafortunado que regresará ao limbo de onde saen todos os heroes.

[OLLO: SPOILERS MAIS ADIANTE]

Así pois, no número 587 da série Fantastic Four, posta onte á venda nos Estados Unidos, soubemos por fin que a Antorcha Humana é o persoaxe que perde a vida.

Seica a editorial levaba planeando esta morte dende había anos, e este será tan só o primeiro chanzo nunha série de acontecementos que poderían facer tremer os alicerces do Universo Marvel. Jonathan Hickman, o guionista dos Catro Fantásticos, tivo a ideia hai dous anos de facer evolucionar aos persoaxes e aos conceptos presentados ao público hai xa case 50 anos no número 1 do cómic. Segundo Tom Brevoort, Vicepresidente da Marvel Entertainment, «a morte da Antorcha Humana é o primeiro movemento importante nesta incríbelmente emocionante evolución da lendária franquía dos Catro Fantásticos e unha parte necesária da história mais grande que narraremos sobre os queridos persoaxes mais adiante«.

De feito, a Antorcha Humana non é o único que morre nesta história: o número 588 será o derradeiro dos Catro Fantásticos. Ainda non se sabe o que será dos tres sobrevivintes, pero o mais probábel é que creen un novo grupo (e un novo cómic) titulado Os Tres Fantásticos.

Johnny Storm converteu-se na Antorcha Humana aos 16 anos, mentres viaxaba a bordo da nave espacial que resultou exposta aos raios cósmicos que mutaron aos pasaxeiros e os converteron nos Catro Fantásticos. Durante a súa carreira, Johnny foi actor, xefe financeiro de Fantastic Four Inc., mecánico e membro dos Vingadores Secretos. A última vez que vimos ao heroe foi mentres se enfrontaba a unha invasión extra-terrestre.

De calqueraxeito, a morte nos cómics non adoita ser tan definitiva coma na vida real. Os persoaxes poden regresar de entre os mortos e este tamén podería ser o caso. Tom Brevoort non quixo confirma-lo, pero en declaracións a unha emisora detelevisión dixo que «o feito da morte é algo co que todos os sers humanos podemos identificar-nos. Eu diría que unha história ben narrada da morte dun persoaxe non é necesáriamente desfeita polo seu regreso posterior«.

O Capitán América contra o suicídio
A Editorial Marvel ven de anunciar que lanzarán un novo número especial do Capitán América en loita contra un novo inimigo: os suicídios nos Estados Unidos.

Co título de Captain America: A Little Help (Capitán América: Un pouco de axuda), a Marvel lanzou gratuitamente na súa tenda online unha nova entrega do Capitán América coa que queren axudar a que descendan os suicídios nos Estados Unidos, especialmente entre adolescentes.

«Os superheroes loitan moitas batallas, pero hai poucas que sexan tan importantes coma combater os suicídios«, explicou Tom Brevoort, vicepresidente da Marvel, nun comunicado no que engade que o cómic inclúe o número telefónico gratuito de atención da Asociación Nacional de Prevención de Suicídios. «Se alomenos unha persoa chama a ese número no canto de cometer unha traxédia, teremos éxito«, dixo Brevoort sobre as intencións coas que editan este cómic de once páxinas que conta con debuxos de Nick Dragotta e guión do psicólogo Tim Ursiny.

O cómic relata a história dun rapaz que está por tirar-se dende o alto dun edifício, cando chega o Capitán América e o rapaz convérte-se na derradeira esperanza do heroe, que estaba nunha loita contra os seus inimigos.

Ademais do formato online, o cómic estará dispoñíbel en papel no número 5 da série I am an Avenger, á venda dende hoxe.

O Capitán América súma-se asemade a unha loita para evitar os suicídios, unha vaga que leva azoutando aos Estados Unidos dende hai meses, especialmente entre os veteráns de Iraq e os xoves homosexuais que non poden aturar o acoso ao que lles somete nos Estados mais conservadores. Moitos famosos, dende o presidente Barack Obama á secretária de Estado, Hillary Clinton, ou artistas coma Ricky Martin ou Elton John, lanzaron mensaxes de apoio nos últimos tempos.

O regreso do caralludo Sr Mundo
A zona centro de Macrópole, berce da superheroicidade nacional, amanece sumida no caos. O impacto dun obxecto voador sen identificar contra o rañaceos Top of the World dispara todas as alarmas entre a poboación civil, militar e xornalística. Coma sempre, os espertos en todo non poden confirmar nada. Aínda que están a piques de sospeitar que semellante estrago é inachacábel a calquera clase de paxaro ou avión. Tratará-se do ataque dunha nova e grotesca ameaza exterior? Ou quizais nos atopamos ante o regreso do presunto máis grande heroe coñecido por este planeta? E, sobre todo, cal das dúas posibilidades resulta menos apetecíbel?

Este é o argumento dunha obra pioneira dentro do cómic galego: un álbum de 130 páxinas en branco en negro e cunha tirada de tan só 300 exemplares que poden parecer unha sátira do cómic de superheroes pero que axiña convérte-se nun metarrelato sobre a banda deseñada, os personaxes da mesma e os problemas filosóficos atribuídos tradicionalmente ao superheroe e ao seu mundo, pero inseridos na realidade social, política e relixiosa. As referéncias ao mundo bíblico, aos universos do cómic americano e aos própios acontecementos que marcaron o destino da humanidade nos últimos tempos é máis ca patente.

Estamos ante unha historia de baleiros, de dúbidas, de desesperanza, de perda de crenzas… de grandes temas, pero tratados de xeito sinxelo, para que o lector non perda en ningún momento o contacto coa história. A constante variación de localizacións, de personaxes, vai mudando a focalización da narración, pero sen deixar nunca de lado a historia principal. É unha historia profunda, perfectamente plasmada polos debuxos de Alfonso Martínez e cun magnífico traballo de guión por parte de Nathan Carter e Juan Junquera.

En definitiva, unha grande novela gráfica que supón o debut de Volta Editores no campo do cómic, marcada en todo momento pola atención aos detalles e o coidado na súa plasmación, tanto gráfica como argumental.

O regreso de Songoku
Segundo numerosas fontes na Rede, A editorial Shueisha Publishing Company de Tóquio ven de convencer ao lendário creador de manga Akira Toriyama para que regrese do seu retiro e comece a debuxar novos episódios da súa saga mais famosa: Bóla de Dragón.

Dragon Ball ou Bóla de Dragón (e mais as súas continuacións Dragon Ball Z e Dragon Ball GT) é unha das franquías do mundo do cómic mais lucrativas de todos os tempos. Ainda que a série durou dende 1984 a 1995 na revista xaponesa Shonen Jump, axiña saltou á televisión e mais ao cinema, onde contou con séries de debuxos animados se cabe mais famosas. Tan só o cómic vendeu mais de 150 millóns de exemplares dos seus volumes.

Pero dende aquela, o creador retirou-se e só regresou unha vez, para facer un crossover coa saga One Piece. As súas seguintes obras foron moito mais persoais e mais curtas, se ben continuou supervisando a série de debuxos animados e os seus estudos están a traballar nunha versión de xogo de rol multixogador online de Dragon Ball.

É neste escenário no que Akira Toriyama ven de ser covencido para regresar e crear novos capítulos de Bóla de Dragón. Pode que para promocionar o seu novo MMORPG, ou pode que para se facer co saco de cartos que sen dúbida lle prometeron.

Algo que fará deste acontecemento ainda mais espectacular é que o cómic será traducido simultáneamente para todo o mundo, polo que non haberá que agardar anos polas traducións. Iso si, coma é habitual, non hai ningún interese en traduci-lo ao galego.

Pluto, á pantalla grande
A Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment formarán equipa para realizar conxuntamente unha longametraxe que combinará acción real e gráficos xerados por computador e que adaptará á pantalla grande o popular manga Pluto.

O cómic orixinal de Naoki Urasawa é esencialmente un relanzamento ou reimaxinación do non menos popular Astro Boy de Osamu Tezuka. Pluto actualizou o manga orixinal engadindo escenários cheos de robots xigantes e humanoides cibernéticos xunto cun mistério de asasinatos sobre un robot detective pertencente á Europol que debe resolver o caso dunha série de mortes de robots e de humáns.

De Pluto xa se venderon mais de 8 millóns de cópias en todo o mundo. A Universal e mais a Illumination xa estiveron xuntas após do éxito do pasado verán Despicable Me (ainda por estrear en Galiza).

Sandman, série de TV
A Warner Bros. TV está en conversas con vários guionistas e produtores para adaptar á pequena pantalla en forma de telefilme a lendária série de cómic de Neil Gaiman dos anos 90 The Sandman. Como máximo candidato na listaxe está Eric Kripke, creador da série da canle The CW Supernatural, que deixou após de rematar a quinta tempada o pasado maio.

The Sandman é un cómic que vai sobre as aventuras de Soño (ou Morfeo), o Señor do Mundo dos Soños, que é retido coma prisioneiro durante setenta anos nun escuro ritual. Após de fuxir, regresa ao seu reino, que decaiu a un pésimo estado durante a súa longa auséncia. Agora deberá levar a cabo algunhas reparacións, para o cal terá que se comportar dun xeito distinto ao habitual nel, un ser inmortal que leva vivindo no mundo miles de millóns de anos.

A série combina diversos elementos da mitoloxía, o terror, acontecementos históricos e mesmo humor absurdo. Entre os outros persoaxes da série está a súa irmá a Morte, que é unha roqueira punk gótica, os seus animais axudantes que falan, e o inmortal Coríntio, que ten duas bocas no lugar dos ollos.

A propiedade xa estivo por se converter nun filme aló nos anos 90, pero a série, de 75 números, contén arcos argumentais tan complexos que se considerou que sería mais axeitado para o formato de série de televisión. A HBO e mais James Mangold tentaron desenvolver a série pasada década, pero sen éxito.

Kripke ten moito interese neste novo intento, pero sabe que o cómic conta con moitísimos fans, que foi aclamado polos críticos artísticos e intelectuais, mesmo polos mais afastados do mundo do cómic, e que o resultado da súa adaptación pasará polo estrutínio severo de moitos ollos, que mesmo se preguntan se tal adaptación é posíbel.

Gotham City contará con dous Batman
Nightwing, o antigo Robin, converterá-se en Batman na nova entrega das aventuras do vingador encapado, polo que Gotham City contará asemade con dous Batmans entre os seus ilustres cidadáns, segundo informou antonte a editorial DC Comics.

Un só Batman xa non é abondo para loitar contra os malvados inimigos de Gotham City e os editores do superheroe decidiron que Nightwing se enfunde para sempre a capa escura e mais a máscara do home morcego para realizar o seu traballo.

«Está preparada Gotham City para dous Batman? O está o mundo?«, preguntaban-se os responsábeis da DC Comics na súa páxina Web, onde anunciaron a nova volta de rosca na história de Batman, ún dos persoaxes de cómic mais populares do mundo dende que apareceu en 1939. O resultado poderá-se ver o vindeiro novembro, cando se poña á venda Batman Inc., un cómic no que se poderá ver aos dous antigos compañeiros (Nightwing foi o antigo Robin) vestidos da mesma maneira.

Non é a primeira vez que Dick Grayson, nome real de Nightwing, pon-se o uniforme de Batman, cousa queten feito moitas veces ao longo das aventuras destes dous persoaxes. Pero a DC asegura que esta vez é adefinitiva e que non hai volta atrás. Ademais, nesta nova etapa súma-se dos dous Batmanun novo Robin: Damian, o problemático fillo de Bruce Wayne.

Os responsábeis da editorial DC Comics, propiedade da Warner, explicaron ademais que, coa inclusión de Damian no cómic, os amantes das histórias do coñecido superheroe poderán seguir a relación que pai e fillo manteñen actualmente.

Untamed ao cinema
O produtor Lloyd Levin (Watchmen, Hellboy) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira série de cómic de Sebastian A. Jones The Untamed, publicada pola Stranger Comics.

A história descríbe-se coma un conto de fantasía escura que vai sobre un home que fai un pacto co demo para ser ceibado do inferno durante sete días, durante os cales deberá procurar vinganza contra as persoas que o mataron a el e mais á súa família. A súa procura pola vinganza podería converter-se nunha redención cando se lle conceda unha segunda oportunidade de tomar a decisión correcta, mesmo a costa de perder a súa alma.

Jones, Levin e Andrew Sugerman serán os produtores. Andrew Cosby fará o seu debut coma director grazas a este proxecto.

Spencer tamén cos Cowboys
Abigail Spencer (Mad Men) ven de unir ao reparto da adaptación ao cinema do cómic Cowboys and Aliens que dirixe Jon Favreau para a DreamWorks Pictures, a Universal Pictues e mais a Platinum Studios.

Daniel Craig interpreta a Zeke Jackson, o persoaxe principal nunha história sobre índios apaches e vaqueiros no Vello Oeste que deberán aparcar as súas diferéncias cando unha nave espacial extra-terrestre aterre en Silvery City, Arizona.

Spencer será unha prostituta chamada Alice, antiga amante do persoaxe de Craig que lle fai cambiar de vida. Harrison Ford, Olivia Wilde, Sam Rockwell, Adam Beach, Keith Carradine e Paul Dano son os outros protagonistas.

Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof adaptaron o guión, mentres que Ron Howard, Brian Grazer, Steven Spielberg e Scott Rosenberg serán os produtores. A rodaxe está xa en marcha en Sante Fe, New Mexico.

Alan Moore adaptará Cthulhu ao cómic
Neonomicon, a série de cómic de Alan Moore inspirada nas obras de H.P. Lovecraft, está por debutar no mercado por fin a finais deste ano e o seu debuxante Jacen Burrows ven de adiantar algúns detalles do que poderemos agardar.

«Alá por 1994 Alan Moore escribiu un relato para The Starry Wisdom, titulado A Tribute to H.P. Lovecraft. En 2003 Antony Johnston e mais eu adaptamos The Courtyard para Avatar Press con Moore coma editor de feito do proxecto. Agora estamos en 2010 e xa estamos listos para lanzar Neonomicon, a secuela escrita polo mesmo Alan Moore. A história céntra-se nunha equipa do FBI investigando unha vaga de truculentos crimes que escomezaron ao final de The Courtyard«, dixo.

«A história presenta unha brillante deconstrución e modernización do mundo de H.P. Lovecraft world coma só Alan Moore podía face-lo. E creéde-me, Lovecraft canalizado a través de Alan Moore é unha cousa escura, inquietante e perversa. Os que non estean familiarizados con Lovecraft ou con The Courtyard atoparán ainda así unha intensa e conmovedora obra de terror«.

Lobeto en galego
Segundo informa o xornal El Correo Galego, a editorial santiaguesa El Patito Editorial está a preparar o primeiro cómic de Marvel en galego: será Lobeto, un volume debuxado polo ilustrador galego Julio Das Pastoras. O libro recolle as dúas historias que o debuxante ribeirense realizou o ano pasado nos Estados Unidos, Switchback e Revolver, cun Logan totalmente diferente ao que estamos afeitos

Julio Martínez (Ribeira, 1956), coñecido como Julio Das Pastoras, é un dos ilustradores galegos de maior sona, establecido dende hai moitos anos en Barcelona. Publicou as súas series en revistas coma Splatter, 1984, El Víbora, El Jueves, Comix Internacional ou Madriz. Participou en numerosas mostras internacionais e álbumes colectivos, coma La Historia del Blues (Undercomic). Este último proxecto de Siniestro Total xurdiu en boa parte grazas á adaptación que Das Pastoras fixera dunha canzón do grupo no álbum colectivo Pop Español. Traballou para o mercado francobelga coa serie Os heresiarcas, con guión de Carlos Portela, publicada en EEUU coma Deicide. Con guións de Jodorowsky empezou en 2007 a colección de álbumes Castaka. En Marvel Comics participou con historietas curtas entre outras en Punisher: Frank Castle (2009) e Deadpool: Merc without a mouth (2010).

Pola súa banda, a editorial El Patito acudirá ao Salón do Cómic de Barcelona que remata o domingo. Nela xa vimos a posta de longo do libro Vento do Norte de Álex Cal que ven de chegar ao mercado. A aposta que durante estes dous anos de vida fixo a editorial polo cómic de autores galegos podera-se ver na caseta número 55: Hexed. A marca de Lucifer de Emma Ríos; Aventura de Cacauequi de Jacobo Fernández; Aventura no Camiño de Primitivo Marcos; Cidades de Papel de David Pintor; Mensaxes de Mariano Casas; Golfiño en portada de Fausto; Os Compañeiros. A Orde da Pedra de Miguelanxo Prado ou North Wind de Álex Cal, son algunhas das obras que levan á feira.

Coñecer aos Haunded
wiA Rumpus Entertainment e mais a Platinum Studios veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira novela gráfica de Chris Wichtendahl Meet the Haunteds.

A história vai sobre unha família que se muda a unha zoa recén revitalizada de Harlem, pero alí atopan que a súa casa está enmeigada por unha família negra que leva alí dende os anos 70 e que non saben canto mudou o mundo dende a súa época.

Steve Carr (Paul Blart: Mall Cop, Daddy Day Care) podería ser o director deste filme, se ben aínda está por se confirmar este dado. O que si se sabe é que el será o produtor xunto con Jason Taragan e Scott Mitchell Rosenberg.

Adaptacións do cómic
Todd Lincoln dirixirá e será o produtor executivo da vindeira adaptación ao cinema do cómic Danger Girl.

Lincoln ven de rematar o seu traballo á fronte do thriller sobrenatural The Apparition con Ashley Greene e Sebastian Stan. Ademais é o autor dun guión baseado no cómic Hack/Slash para os produtores Adrian Askarieh e Daniel Alter, quen tamén producirá Danger Girl.

Pola súa banda, o produtor Neal Moritz confirmou que Sam Mendes abandoa definitivamente a dirección da adaptación ao cinema do cómic Preacher, debido aos seus compromisos á fronte da vindeira entrega da saga de James Bond.

Moritz afirmou que están xa a falar con outro directo que retome o proxecto e así poder escomezar a rodaxe na data sinalada, o ano que ven.

Adeus a Dick Giordano
O pasado sábado finou por mor dunha neumonía Richard Joseph «Dick» Giordano (1932 – 2010), un artista e editor do mundo do cómic cuxo só nome esperta relembranzas dos tempos mais gloriosos da banda deseñada. Coñecido polo seu traballo na Charlton Comics e na DC Comics, foi como entintador como mais salientou, debuxando o lápis de Neal Adams nas séries de Batman, Lanterna Verde e Frecha Verde.

Dick Giordano naceu na cidade de New York, no bárrio de Manhattan. Comezou como debuxante freelance na Charlton Comics en 1952, unha empresa na que chegou a ser editor xefe en 1965. Grazas a el chegaron ao cómic artistas lendários coma Jim Aparo, Denny O’Neil ou Steve Skeates.

O daquela editor da DC Comics Carmine Infantino contratou a Giordano como editor en 1967, onde ficou até 1971, cando deixa a compañía para xunto a Neal Adams fundar a Continuity Associates, que serviu coma lanzadeira a artistas da Charlton, da Marvel Comics e da Big Apple Comix.

En 1980 a nova xefa da DC, Jenette Kahn, trouxo de volta a Giordano. Convertido inicialmente no editor dos títulos de Batman, foi nomeado novo editor xefe en 1981 e Vicepresidente e Editor Executivo en 1983. Con Kahn e Paul Levitz, Giordano axudou a relanzar persoaxes coma Superman, Batman, Wonder Woman, Flash, Lanterna Verde, a Liga da Xustiza e os Novos Titáns. A finais dos anos 80, crearon o novo selo Vertigo para audiéncias mais maduras, e para iso contaron con talentos británicos coma Alan Moore e Neil Gaiman.

Durante este periodo o traballo mais salientábel de Giordano foi coma entintador dos debuxos de George Pérez na mítica saga Crise en Terras Infinitas e de John Byrne en O Home de Aceiro.

En 1993 e após da tráxica morte da súa muller, Giordano deixou a DC e comezou un semi retiro, no decurso do cal ainda lle deu tempo a ilustrar a novela gráfica Modesty Blaise da DC Comics para Peter O’Donnell.

En 2002, Giordano axudou no lanzamento da Future Comics xunto ao guionista David Michelinie e mais o debuxante Bob Layton. A Future non tivo moito éxito porque pechou só dous anos despois, en 2004. Nos seus últimos anos mantivo unha intensa actividade benéfica na ACTOR (A Commitment To Our Roots), renomeada en 2006 a Hero Initiative. En 2005, a F+W Publications Inc. publicou Drawing Comics with Dick Giordano (que el escribiu e ilustrou), un tomo no que comparte os seus métodos e técnicas de debuxo cos leitores, aos que ainda lle deixou como testamento o seu traballo no número 51 de Jonah Hex, publicado en marzo deste ano.

O traballo de Dick Giordano serviu coma axuda e inspiración para toda unha xeración de entintadores, entre os que se inclúen Terry Austin, Klaus Janson, Bob Layton, Steve Mitchell, Joe Rubinstein e Mike DeCarlo.

Os que disfrutamos nos anos 80 co seu traballo e sempre asociaremos o seu nome co Superman máis clásico o botaremos de menos.

Baixo chave e cerrollo
Os guionistas de Transformers e Star Trek, a parella de moda composta por Roberto Orci e Alex Kurtzman, poderían ser os escritores e produtores da vindeira adaptación ao cinema do cómic de Joe Hill Locke and Key para a DreamWorks Pictures.

Ambientada nunha pequena vila de Massachusetts, a história vai sobre unha nai e mais os seus tres fillos que se mudan a un novo fogar após de que o pai morrera asasinado.

A enorme propriedade onde vivirán ten moitas áreas só accesíbeis por médio de chaves especiais, mentres que unha forza maléfica no interior da casa fai que o asasino do pai visite á família na súa nova vivenda para que poida rematar o traballo co resto dos familiares.

O proxecto estivera anteriormente nas mans da Dimension Films. O escritor Joe Hill é o fillo do famoso mestre do terror Stephen King.