NOVA FANTASIA » Destaques

Watchmen terá sete precuelas
A DC Comics quere regresar ao universo de Watchmen este verán co lanzamento de Before Watchmen, sete novas séries limitadas que servirán coma precuelas da saga orixinal dos anos 80.

O cómic amosará-nos a persoaxes coma o Doutor Manhattan, Rorschach ou o Comediante tal e coma eran antes de apareceren por primeira vez na série orixinal, que estaba composta por 12 números e que se covnerteu dende a súa aparición nun dos cómics mais aclamados de todos os tempos e unha das sagas mais influintes no mundo da banda deseñada, con mais de dous millóns de cópias vendidas.

Como é óbvio, o proxecto non gusta nada aos creadores orixinais, ningún dos cales está vencellado ao mesmo: nin o lendário guionista Alan Moore nin o debuxante Dave Gibbons. Moore dixo nunha entrevista ao New York Times que «tendo a tomar-me ese desenvolvmento coma unha clase de confirmación entusiasta de que a DC semella estar depenendo de ideias que tiven hai 25 anos«.

No lugar dos dous xénios, haberá toda unha chea doutros famosos guionistas e debuxantes que retomarán as histórias orixinais dos heroes. Brian Azzarello escribirá a história de Rorschach e mais o Comediante, J. Michael Straczynski ocupará-se do Bufo e mais do Doutor Manhattan, Darwyn Cooke fará os Minutemen e a Espectro de Seda, e Len Wein fará a Ozymadias e mais o metacómic Curse of the Crimson Corsair.

Os xoguetes que veremos no cinema
O filme baseado no xoguete Stretch Armstrong, un boneco de látex flexíbel e moldeábel, está ainda vivo, pero modificáron-se os esdutos onde se gravará e xa non conta co seu mesmo protagonista.

Hai tres anos a Universal Pictures comezou a desenvolver un proxecto de película en 3D baseada no xoguete para nenos Stretch Armstrong, contando para elo cun guión de Steve Oedekerk (Bruce Almighty) e mais a produción de Brian Grazer.

O xoguete lanzou-se nos anos 70 e consiste nunha figura de 30 centímetros, con pelo loiro, enormes músculos e vestido cun bañador de piscina, e cuxos brazos e pernas podían estirar-se até case os 120 centímetros. Un actor que non se asemellaba nadiña ao boneco, o integrante do reparto de Twilight Taylor Lautner, confirmou-se hai un par de anos coma protagonista deste proxecto.

O filme foi un entre média dúcia de proxectos que a Universal e mais a Hasbro estiveron a desenvolver conxuntamente, dos cales Battleship estreará-se este mes de maio cun orzamento de luxo. O pasado verán semellaba que a Universal estaba a se desfacer dos seus proxectos de adaptacións de xoguetes ao cinema, incluindo Monopoly, Ouija, Cluedo, Magic: The Gathering e Candy Land. Pero agora a Hasbro e mais a Relativity Media veñen de alcanzar un acordo de colaboración para traballaren xuntos no filme de Stretch, e mesmo estableceron xa a data do 11 de abril de 2014 para a estrea.

Nombergantes, Lautner xa non participará neste proxecto por problemas de calendário. Ryan Kavanaugh, Brian Goldner e Bennett Schneir serán os produtores.

Pola súa banda, a Sony Pictures retomou outro dos proxectos abandoados pola Universal e queren facer a película baseada no xoguete Candy Land para converti-lo nunha longametraxe de acción protagonizada polo cómico Adam Sandler.

O director de Enchanted, Kevin Lima, estivo anteriormente vencellado a este proxecto cando estaba nas mans da Universal e seica continúa no mesmo. Robert Smigel, quen xa traballou con Sandler na comédia You Don’t Mess With the Zohan, será o autor do guión.

Adéus a Elfquest e a «The Goon»
A longamente agardada adaptación ao cinema do clásico cómic de culto Elfquest, que leva en desenvolvemento na Warners alomenos catro anos, semella estar xa completamente esquecida.

Rawson Marshall Thurber estivo vencellado previamente coma director deste filme, que ía sobre unha tribo de elfos que tentan atopar a outros membros da súa espécie mentres evitan o contacto cos humáns e cos trolls. A co-creadora do cómic Wendy Pini realizou a seguinte declaración na súa páxina oficial de Facebook:

«Após de case catro anos de suspense – e moitos mais de catro anos de interese e apoio, que aprezamos moito – por fin chegou a decisión da Warner Bros. E a decisión é «non». A súa simple explicación é que non queren competir con The Hobbit: An Unexpected Journey. Esta era unha posibilidade, entre outras, para a que estabamos preparados. Alomenos é un acougo o coñecer a decisión«.

Mentres tanto, outro proxecto do que escomezou a se falar aló polo 2008, unha adaptación con debuxos animados do cómic orixinal de Eric Powell The Goon e para o que David Fincher se fixera cos dereitos hai uns meses, semella tamén morto antes de nacer.

Paul Giamatti e Clancy Brown puxéran-lle a voz aos persoaxes protagonistas de Franky e mais Goon nunha proba de són en 2010, pero esta semana no decurso do Festival de Sundance Giamatti dixo que «non teño nin ideia de que diaños aconteceu. Preguntei e ninguén o sabe. Supoño que ficaron sen cartos«.

Estes comentários encaixan cos de Fincher o ano pasado cando confesou que financiar un proxecto coma este era estremadamente difícil.

Steven Spielberg e o Moisés guerreiro
Primero perseguíro-no para que acepta-se, logo comezou conversas formais, e agora está «a punto de se gravar en pedra» que Steven Spielberg será o encargado de dirixir o filme épico sobre Moisés titulado Gods and Kings para a Warner Bros. Pictures.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron un guión que narra a história completa do lendário semideus dos hebreos e cristiáns, dende o seu nacemento miragroso até a sú morte, e cobre toda a súa vida, incluindo a mítica liberación dos escravos xudeus, as sete pragas de Exipto, os dez mandamentos e as catro décadas de vagar polo deserto na procura da terra prometida.

O tón será menos tipo Cecile B. De Mille e mais Braveheart, e retratará a Moisés coma ún dos grandes guerreiros da história. Tamén rodará-se cun estilo o mais realista posíbel, coma xa fixera o mesmo Spielberg en Saving Private Ryan.

Dan Lin e Matti Leshem serán os produtores deste filme, que ten previsto escomezar a se rodar aló por marzo ou abril de 2013, cando Spielberg remate a produción de Robopocalypse na que se atopa xa traballando.

A secuela de Rio e o Mundial de 2014
O compositor brasileiro Sergio Mendes, cuxa canzón Real in Rio para a película de debuxos animados Rio foi nominada recentemente ao Oscar, ven de revelar que están a preparar unha secuela do popular filme.

«A Fox estivo a falar sobre o tema e seica van face-lo. Imos manter unha xuntanza a semana que ven e Carlos Saldanha, o director, vai vir á cidade a falar sobre a história e seica van-lle dicir que si«, dixo nunha entrevista hai un par de días.

Saldanha quere que a secuela coincida cos Mundiais de Fútbol que se disputarán en Brasil en 2014. Polo de agora non hai nin guión nin acordos cos actores que poñan as voces aos persoaxes.

Nominados para os Oscar 2012
As nominacións para a 83ª gala dos prémios da Académia de Cinema, os populares Oscar de Hollywood, xa se deron a coñecer e os filmes Hugo e The Artist son polo de agora os grandes trunfadores con 11 e 10 candidaturas respectivamente.

Coma é habitual, as grandes producións e o cinema fantástico ficaron fóra de todo tipo de nominacións, mália que son estas longametraxes as que cos seus grandes éxitos no despacho de billetes axudan a facer de Hollywood o lugar que é e dan-lle aos Oscars a releváncia que teñen.

Na lista aparecen Midnight in Paris e The Tree of Life coma nominadas á millor película e os seus directores, Woody Allen e Terrence Malick, coma nominados ao Oscar a millor director. Midnight in Paris foi nominada asemade ao millor guión orixinal.

Fóra deses prémios temos que nos ir até as candidaturas mais técnicas para ver títulos de xénero: Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two e Midnight in Paris á millor dirección artística e The Tree of Life á millor Montaxe.

Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two tamén é candidata ao Oscar á millor maquillaxe, e John Williams foi nominado pola súa banda sonora de The Adventures of Tintin. No apartado musical hai que incluir ademais ás canzóns Man or Muppet de The Muppets e Real in Rio do filme de debuxos animados Rio.

Finalmente, nos apartados mais estritamente técnicos, hai coma sempre abondosos exemplos de cinema fantástico: no Oscar ao millor Son e á millor edición de són figura Transformers: Dark of the Moon e no de millores efectos especiais temos a Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two, Real Steel, Rise of the Planet of the Apes e Transformers: Dark of the Moon.

Atlantis quere rexurdir outra vez
A Platinum Studios e mais o produtor Mark Canton (300, Immortals) unirán as súas forzas para resucitar un vello proxecto que ficou hai anos abandoado: un filme de acción que adaptará á pantalla grande a novela gráfica da Platinum Studios Atlantis Rising, composta por cinco tomos.

O cómic é un techno-thriller de ciéncia-ficción e contido político, que arrinca cunhas alteracións sísmicas que obrigan aos militares a investigar as zonas mais profundas dos océanos. Así, unha civilización de dez mil anos de antigüidade emerxe á superfície disposta a iniciar unha guerra co planeta.

A Platinum tentou facer o filme por primeira vez en 2004, cando mantivo xuntanzas con Gale Ann Hurd e posteriormente a DreamWorks fixo un esforzo en 2008 para producir o proxecto, pero en ambas ocasións non saiu adiante. Agora esta adaptación tentaría ser unha franquía, que é o que está de moda.

O Mataxigantes, adiado nove meses
A Warners ven de modificar a súa axenda de estreas adiando tres filmes que tiñan previsto aparecer este ano e o mais afectado será a longametarxe de Bryan Singer Jack and the Giant Killer 3D, que deberá agardar até o 22 de marzo de 2013 para estar nas salas de cinema. A data inicial da estrea era no mes de xuño deste ano.

O movemento ademais afectou a outros dous filmes. A pior parte levou-na o proxecto de David Dobkin Arthur and Lancelot, unha longametraxe de fantasía épica que tiña previsto aparecer en marzo de 2013 pero que agora fica adiada sen data, o que probábelmente sinifique que non se vai producir.

O adiamento de Jack non é unha sorpresa demasiado grande, tendo en conta que após da aparición do seu primeiro tráiler, a reacción do público non foi precisamente positiva. Por outra banda, Jack the Giant Killer estaba atrapado entre outras estreas fantásticas de grande orzamento, coma Snow White and the Huntsman dúas semanas antes, ou a Brave da Pixar unha semana antes, e iso por non mencionar a agardada Abraham Lincoln: Vampire Hunter e a Prometheus de Ridley Scott. Entre todas elas, Jack the Giant Killer semellaba case un produto menor.

Así pois, os estudos agardan que con este adiamento Jack the Giant Killer teña unha data de estrea nunha época do ano onde as espectativas non son tan grandes.

Os Poderes que non despegan
A adaptación á pequena pantalla do cómic orixinal de Brian Michael Bendis Powers continúa a atopar atrancos e seica non sae dos problemas que impiden que o proxecto avance.

O cómic vai sobre unha parella de detectives nunha división especial que investiga crimes relacionados con superheroes. Foi creado por Bendis e mais o debuxante Michael Avon Oeming e os seus primeiros números apareceron na Image Comics de 2000 a 2004, até que a Marvel Comics mercou os dereitos.

Os executivos da canle FX viron o episódio piloto a finais do ano pasado e decidiron non seguir adiante. O guionista Chuck Eglee recebiu o encargo de reescribir partes sinificativas da série para tentar roda-la unha vez mais e agora mesmo están a pensar se paga a pena ou non seguir adiante coa rodaxe.

O presidente da FX, John Landgraf, dixo que están a comprobar que «é realmente complicado» facer a clase de série que eles queren, unha série de superheroes cun tón semellante ao de Os Soprano ou Breaking Bad.

Frecha Verde terá unha oportunidade na pequena pantalla
As canles The CW e Warner Bros. Television están a preparar un episódio piloto para unha nova série de televisión titulada Arrow e que se baseará no persoaxe de cómic da DC Green Arrow (ou Frecha Verde, na súa versión galega).

Greg Berlanti e Marc Guggenheim (Green Lantern) son os guionistas e produtores executivos xunto ao seu antigo compañeiro en Eli Stone Andrew Kreisberg.

A canle ven de dar por pechada a súa série de Superman Smallville, que no mes de maio cumprirá 10 anos en pantalla. Nesa série Justin Hartley interpretou a Green Arrow no papel dun playboy millonário que polas noites loita contra o crime enfundado na súa máscara. Nombergantes, Hartley non está vencellado a esta nova versión do persoaxe.

The CW producira préviamente un episódio piloto para unha série de televisión baseada en Aquaman, pero ao cabo non lles gustou aos executivos, que decediron non seguir adiante. Naquela série Hartley era o protagonista no papel do clásico superheroe submariño.

Marcus Nispel dirixirá Hack/Slash
Marcus Nispel (Friday the 13th, Conan the Barbarian) será o director da adaptación ao cinema do cómic de terror e acción Hack/Slash para a Relativity Media.

A história, cunha forte carga erótica, céntra-se en Cassie Hack, unha rapaza convertida en asasina de asasinos que viaxa de vila en vila por todo o país cazando aos criminais ao xeito no que o farían iconas do terror coma Freddy Krueger ou Michael Myers.

Todd Lincoln e Fredrik Bond foron os dous nomes anteriormente vencellados á dirección deste filme, que conta polo de agora cun guión de Justin Marks e coa produción de Alexandra Milchan, Adrian Askarieh e Daniel Alter.

Rodou xa a Fox parte de Deadpool?
Os guionistas de cómic Rob Liefeld e Scott Lobdell apareceron na Arizona Comic Con esta fin de semana e seica fixeron un anúncio espectacular sobre o proxecto de filme para maiores de 18 anos da Fox baseado en Deadpool, o persoaxe dos cómics dos X-Men.

«Xa teñen un grande director no filme, e teñen un estupendo guión. Pode que eu xa vira ou non algún tipo de rodaxe de proba que te deixaría sen palabras se o vises e dirías ‘manda carallo, ese é Deadpool no seu unifrme. Katanas, pistolas, disparando á face da xente e facéndo-me rir«, dixo Liefield sobre o proxecto que ainda ten a Ryan Reynolds vencellado coma protaonista, repetindo o papel que fixo en X-Men e con Tim Miller coma director.

Liefield engadiu ademais: «Pode que vira ou pode que non algo que se asemella a iso. E terías o que conta coma o primeiro filme dos X-Men para maiores de 18. Porque ese guión é para maiores… pode que quiran rodar ou non oito minutos para ver como resultaría. E todo o que vos podo dicir é que está preto. Está tan preto que está mesmo por saír, ou se cadra será un ‘noooon’, facer un filme para maiores de 18 con Deadpool é demasiado«.

Trank para o relanzamento dos 4F
O responsábel de Chronicle, Josh Trank, é nestes intres o máximo candidato a se facer coa cadeira de director para o relanzamento da franquía dos 4 Fantásticos pola 20th Century Fox.

Michael Green (Green Lantern) está a escribir un novo guión sobre os clásicos heroes da Marvel Comics que obtiveron os seus superpoderes grazas á exposición aos raios cósmicos durante unha misión científica no espazo.

Os anteriores dous filmes, dirixidos por Tim Story en 2005 e 2007, recadaron 620 millóns de dólares no despacho de billetes a pesar das pésimas críticas que recebiron. Agora, o obxectivo da Fox é recomezar a história e dar-lle algunha credibilidade á franquía, do mesmo xeito que fixeron co filme do ano pasado X-Men: First Class.

A Fox está primeiro a agardar que tal lle vai no despacho de billetes a Chronicle antes de lle ofrecer oficialmente o posto de director a Trank. De todos os xeitos, seica xa se produciron algunhas entrevistas para falar do filme.

Akiva Goldsman estivo até pouco vencellado ao proxecto coma produtor, pero o abandonou hai uns meses.

Rob Marshall entra nos bosques
Rob Marshall (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) será o encargado de dirixir unha adaptación ao cinema do clásico musical de Brodway dos anos 80 Into the Woods para a Disney Pictures.

O musical narra a história dun panadeiro e da súa muller que queren formar unha família, pero o libreto incorpora a moitos persoaxes dos clásicos contos de fadas, coma Cincenta, Rapunzel ou a Carrapuchiña Vermella.

Polo de agora non hai reparto confirmado. Un dos co-creadores do musical, James Lapine, traballará xunto con Marshall no guión. O director tamén quere contar co outro creador e compositor da música orixinal, Stephen Sondheim.

Marshall pola súa banda está tamén ocupado polo de agora tentando convencer á Warner Bros. para que lle produzan unha nova versión de The Thin Man que inclúe a Johnny Depp coma protagonista.

Hansel e Gretel, adiados un ano
A Paramount e mais a MGM veñen de adiar o lanzamento do filme fantástico de aventuras de Jeremy Renner e Gemma Arterton Hansel and Gretel: Witch Hunters por case un ano dende a data orixinal.

A estrea de Hansel and Gretel estaba inicialmente prevista para o 2 de marzo deste ano, pero a semana pasada chegaran algúns rumores de que ía ser adiada para finais de verán ou comezos de outono. Finalmente, os rumores quedaron curtos e a nova data oficial fixada polos estudos é o 11 de xaneiro de 2013.

Os motivos para este adiamento son tres: primeiro, que o material en 3D ven de chegar aos estudos así que precisan mais tempo para prepara-los e poñe-los no mercado. A segunda razón é que están a agardar ás estreas doutros filmes de Renner, concretamente The Avengers e The Bourne Legacy, para que isto lle axude no seu perfil.

E finalmente o terceiro motivo é que os estudos xa tiveron un par de éxitos considerábeis neste cuarto de ano fiscal con Mission Impossible Ghost Protocol e The Devil Inside, polo que non precisan outro bombazo no despacho de billetes para o mesmo periodo. Ademais, os 34,5 millóns de dólares que recadaron na estrea de Devil Inside amosan que o mes de xaneiro pode ser un gran intre para lanzar un filme.

Os estudos tamen adiaron a estrea da comédia de Eddie Murphie A Thousand Words, que xa foi adiada várias veces anteriormente. Esta vez só por un mes, até o 20 de abril.

Downey Jr. no Pinocho de Burton
Se hai un actor de moda nestes intres ese é Robert Downey Jr., a quen de seguro non lle falta o traballo nin as ofertas. A última, polo de agora, ven da man de Tim Burton, que está a tentar ao neoiorquino para que protagonice no papel de Geppetto a súa nova versión de Pinocchio para a Warner Bros. Pictures.

O clásico libro infantil do italiano Carlo Collodi narra a história dun boneco de madeira modelado por un carpinteiro (Downey Jr.) que non ten fillos e quere que o boneco se converta nun neno de verdade. A versión en debuxos animados da Disney de 1940 é ainda hoxe en día a mais famosa.

Do mesmo xeito cá súa Alice in Wonderland, esta longametraxe sería unha espécie de secuela do conto orixinal, con Geppetto embarcado nunha busca para se reunir co seu monicreque desaparecido.

Bryan Fuller (Pushing Daisies) escribiu o guión e Dan Jinks é o produtor. Polo de agora non se sabe se este filme entrará axiña ou non na vía rápida de produción ou se ficará en proxecto, pero haberá que ter en conta a disponibilidade de Burton e de Downey para participaren.

Unha nova antoloxía de Stephen King
Mark Pavia está a escribir o guión dun novo filme que levará ao cinema diversas obras de Stephen King, unha antoloxía que non se vía nas pantallas dende os tempos de Creepshow e Cat’s Eye nos anos 80.

Pavia dixo nunha recente entrevista que «Steve elixiu dúas das histórias e eu elixón outras dúas — a selección é unha mistura perfecta do King clásico e do contemporáneo, un pouquiño para os seus fans novos e para os vellos. Será unha auténtica representación das súas diferentes persoalidades, dos seus estilos variados e das súas voces ao longo dos anos. Todo dende o showman do terror no seu grao mais pulp até as súas obras mais introvertidas e introspectivas, que tamén poden ser as que metan mais medo«.

Pavia dirixiu xa en 1997 a adaptación de King The Night Flier sobre un xornalista que persegue a un piloto vampiro.

Os recurtes acaban con Akira
A Warner Bros. Pictures vai pechar unha vez mais o seu proxecto de remake de Akira por mor dos problemas de orzamento e de cásting. As oficinas de produción en Vancouver pecharon a semana pasada e se lle pediu aos traballadores que volvesen ás súas casas.

Os produtores Jennifer Kiloran Davisson e Andrew Lazar deberán agora traballar xunto co director, o español Jaume Collet-Serra, durante as vindeiras dúas semanas, para rebaixar os custes do guión o máximo posíbel. E se iso non é posíbel, o proxecto enteiro será desbotado definitivamente.

Este remake con acción real do clásico anime xaponés dos anos 80 levaba loitando contra o seu avultado orzamento os últimos dous anos, e pasou por diversas versións e recurtes no seu camiño.

Así pois, esta seríaa cuarta vez que o proxecto se dá por morto técnicamente, se ben nas anteriroes tres ocasións resucitou-se após de rebaixar o orzamento. Nesta ocasión, se cadra a mais complicada de todas, a rebaixa deberá ser mais sinificativa, e pasar dos actuais 90 millóns de dólares aos 60 ou 70 coma moito.

Á Warner non lle tremeu a man estes días para derrubar proxectos que xa estaban en marcha, mesmo co casting pechado. O mes pasado decediu-se rematar con Arthur and Lancelot, mentres que a súa parceira, a Legendary Pictures, tamén pechou Paradise Lost, en ambos casos por mor de axustes no presuposto.

Cumberbatch, o vilán de Star Trek 2
Após dos seus recentes éxitos en War Horse e Tinker Tailor Soldier Spy e da súa interpretación de Sherlock Holmes na série da BBC Sherlock, o actor inglés Benedict Cumberbatch ven de atopar un novo xiro á súa carreira e pasará-se ao fantástico grazas ao papel de vilán que lle foi ofrecido para o filme de J.J. Abrams Star Trek 2.

Cumberbatch acada deste xeito o papel para o que o mes pasado estaba a facer probas Edgar Ramirez e úne-se a un reparto de viláns no que xa figuran Noel Clarke, Alice Eve e Peter Weller. De todos os xeitos, a Paramount non fixo ningún comentário sobre esta última incorporación.

Abrams é o director do filme, que conta cun guión de Alex Kurtzman, Roberto Orci e Damon Lindelof. Este cuarteto será ademais o produtor da secuela de Star Trek xunto a Bryan Burk e David Ellison. A estrea está prevista para o 17 de maio de 2013.

Onde van os nenos malos
O libretista e director de teatro Alex Timbers está por se converter por primeira vez en director de cinema grazas a un novo proxecto titulado Heck que está a desenvolver a Metro Goldwyn Meyer.

O filme é unha adaptación da série de libros supervendas para nenos orixinal de Dale E. Basye, e a história vai sobre un rapaz e mais a súa irmá maior que morren nun misterioso accidente e son enviados a Heck, un reformatório no alén onde van os nenos malos e onde entre os profesores poderemos atopar a Richard Nixon ou a Lizzie Borden (unha famosa asasina do século XIX).

A parella planea escapar coa axuda dun amigo que sabe facer mapas. Inspirada fortemente polo videoxogo Dante’s Inferno, esta é a primeira entrega dunha nova série de libros que a MGM considera que teñen un grande potencial para se converter nunha franquía de éxito.

O guionista de Saturday Night Live David Iserson escribiu o primeiro boceto, ao que Chris Weitz está a lle dar unha nova fasquía. Karen Rosenfelt será a produtora.

As Tres Guerras Mundiais Z
Cando a Paramount Pictures anunciou que ía levar ao cinema a novela de Max Brooks World War Z, que mistura un apocalipse zombi coa sátira política, moitos preguntáron-se como ían acada-lo. Após de todo, a novela é realmente unha antoloxía, na que cada episódio é esencialmente unha entrevista sobre un tema diferente e sobre unha parte distinta do mundo, o que permite que cada capítulo secentre en como a xente e os países reaccionaron antes, durante e despois da crise zombi. Facer iso mesmo nunha soa película sería difícil, se cadra mais axeitado para unha série de televisión.

Pois ben, seica por fin xa sabemos como vai ser posíbel levar a novela á pantalla grande: cunha triloxía. A prensa americana deu a coñecer hoxe unha cita que define como será o filme: «Forster [o director] e mais a Paramount Pictures contemplan World War Z coma unha triloxía que contería o realismo coñecido con armas de, digamos, a série Jason Bourne de Damon misturado coa desacougante vibración do fin dos tempos de The Walking Dead«.

Tal e coma se anunciara previamente, a história foi enteiramente reescrita coma unha narración con Brad Pitt coma persoaxe principal e que probábelmente estea implicado nalgunha das situacións descritas no libro. Hai moitos «temas de entrevista» no libro, con cadanseu escenário, polo que unha soa película podería explotar só unhas poucas desas situacións, mentres que unha triloxía podería dar cobillo a todas as importantes.

O proxecto está ainda agardando á súa estrea para nadal deste ano.

Haberá unha cuarta Actividade Paranormal
Cando a terceira entrega da saga de Paranormal Activity xa leva recadados mais de 200 millóns de dólares en todo o mundo, e iso mália contar cun orzamento de tan só 5 millóns, a única pregunta que cabía facer-se é a que estaba a agardar a Paramount para anunciar outro novo filme desta série de pantasmas e demos.

Nun comunicado de prensa dado a coñecer onte, os estudos confirmaron que están a preparar unha cuarta entrega de Paranormal Activity, pero ainda sen anunciar unha data específica para a estrea. A causa do baixo orzamento e da rapidez coa que se producen os filmes desta saga, as anteriores películas comezaron a se rodar en verán e estreáron-se en outubro dese mesmo ano, polo que non hai dúbida de que se continuará co mesmo patrón.

O filme en todo caso deber;a competir cunha chea de estreas dos mesmos estudos que xa contan con data fixada para este ano: World War Z, G.I. Joe: Retaliation, Hansel and Gretel: Witch Hunters, A Thousand Words, My Mother’s Curse e mais o filme de debuxos animados Madagascar 3: Europe’s Most Wanted.

Frozen, o novo conto da Pixar
A Disney ven de anunciar que colocou na súa axenda de estreas a Frozen, unha adaptación do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen Sneedronningen (A raíña das neves), concretamente para o 27 de novembro de 2013.

O filme será unha película de debuxos animados en 3D e contará a história de Kai, un rapaz que é abducido pola malvada raíña das neves cando os anacos dun espallo enmeigado por un troll se lle craven nos ollos e no corazón. A raíña daquela poderá entrar no mundo cando chegue o inverno.

Pero Gerda, a compañeira de Kai, a súa veciña e namorada, ainda acredita nel e comezará unha busca épica para trae-lo de volta dende o palácio da raíña.

O proxecto levaba moito tempo a se desenvolver, polo que xa hai moito traballo adiantado. De feito, a última vez que se falara del foi en 2002, cando ía ser un filme de debuxos animados feitos a man, o que non acontecerá agora.

Co anúncio deste proxecto, o filme de dinosáuros da Pixar que ainda non tiña título fica momentáneamente fóra da grella de estreas para 2013, e deberá agardar a unha nova data.

Tornasol, vindeiro protagonista de Tintín
Herge debuxou vintecatro tomos da colección de Tintín, e a recente película de Steven Spielberg The Adventures of Tintin utiliza partes de tres deles.

Agora que os plans de rodar a secuela están xa en marcha grazas ás boas críticas e á boa recadación obtida en Europa, a única pregunta que fica por responder é que libros serán adaptados agora.

Hai un ano Peter Jackson, que será o director do segundo filme, dixo que o seu plan era adaptar As sete bólas de cristal e mais O templo do sol, dous libros que van xuntos na colección, coma base para a súa película. Nombergantes, hai uns poucos meses noutra entrevista dixo que mudara de opinión, pero non desvelou que decisión tomara ainda. Mesmo nese caso, cóida-se que O templo do sol podería ser a base dun teórico terceiro filme.

Agora, a produtora Kathleen Kennedy dixo nunha entrevista que esa história en particular está xa fóra da discusión: «O templo do sol estivo en consideración moi, moi ao comezo, e xa non está mais en discusión. Ainda temos a Anthony Horowitz traballando no segundo filme, e non sabemos o que imos facer coa terceira película ainda«.

As histórias utilizadas no primeiro filme foron usadas porque servían para presentar a Tintín, Milú, o capitán Haddock e mais as súas relacións interpersoais. Así que agora Kennedy di que «o que estamos a pensar para a segunda película é que novos persoaxes queremos presentar? Ben, posíbelmente presentemos ao profesor Tornasol e o metamos en escena«.

O profesor Trifón Tornasol é un dos personaxes principais deste cómic, sendo quizais o cuarto en importancia logo de Tintin, Milú e o Capitán Haddock, aínda que o feito de ser un home maior e deminuído fisicamente fai que non teña un protagonismo en todas as histórias, pois se sobreentende que moitas das aventuras emprendidas por Tintín e Haddock serían perigosas para el ou non ten o menor interese en participar. A súa primeira aparición foi en O tesouro de Rackham o Vermello, un tomo que difícilmente será adaptado porque o seu final aparece xa na primeira película estreada.

Outra posibilidade é un dos favoritos de Jackson, O asunto Tornasol, un thriller de secuestros que mistura a espionaxe de países do Leste e que ten a Tintin e a Haddock percorrendo toda Europa para rescatar ao profesor. Kennedy, de todos os xeitos, non quixo adiantar se sería este o libro elixido, pero afirmou que «esa é a dirección que estamos a tomar«.