NOVA FANTASIA » Fans

Chega o número 1 de Fénix
Vem de aparecer hoje o fanzine Fénix nº1, a segunda entrega de um fanzine não periódico, dedicado à Ficção Cientifica, Fantasia e Terror,  que os seus autores esperam venha a ser uma referência no panorama português e um incentivo para os autores e outros criadores, tal como o início de uma nova era na edição de fanzines em Portugal.

O projecto tem um grupo de directores que separadamente com o apoio dos restantes irá dirigir os diferentes números, assim haverá variedade e diferentes perspectivas sobre o fantástico. O número 0 (2010) foi dirigido pelo Álvaro de Sousa Holstein.

O número 1 teve como director convidado a Roberto Mendes. O Fénix número 1 conta com contos de Carlos Silva, João Ventura, Romeu de Melo e Valter Marques, uma entrevista a José Manuel Morais e um artigo de Álvaro de Sousa Holstein. A capa e a contra capa são da autoria de Hauke Vagt.

O Fanzine Fénix está disponível, mediante o envio de 2,50 euros (portes de envio grátis). Quem estiver interessado em obter o número 1 do fanzine deverá enviar um email a ez.fenix@gmail.com para saber como tal deverá ser feito.

I Encontro da Nova Fantasía Galega
Este sábado 14 de abril ás 17:00 horas terá lugar no local Creedence Rock, na rúa Manuel Murguía, 32 baixo da Coruña o I Encontro da Nova Fantasía Galega, que mália o seu fermoso nome non ten ren que ver coa nosa revista.

Tráta-se do primeiro dos encontros que percorrerán a xeografía galega durante este ano e que axuntará a escritores, editores e lectores para analizar e compartir experiéncias deste novo movemento literario que está a xurdir en Galiza.

Nesta ocasión contarán coa preseenza dos escritores Xosé Duncan, Jacobo Feijoó e Fernando Pérez, que falarán do agro-terror, da fantasía épica e da súa experiéncia na escritura.

Asemade tamén haberá unha representación da editorial Contos Estraños, coa que compartirá-se unha mesa redonda falando sobre como promover e chegar a publicar fantasía, terror e ciéncia-ficción en galego, servindo a nosa lingua como trampolín para traspasar as fronteiras.

As Tartarugas Álien?
No decurso da recente Nickelodeon Upfront 2012 celebrada no Lincoln Center en New York, o director Michael Bay falou sobre os plans da Platinum Dunes para o seu proxecto de longametraxe baseada nas Tartarugas Ninja, e as súas declaracións non deixaron indiferente a ninguén.

«Cando vexades esta película, os rapaces van acreditar que un día estas tartarugas de verdade existen… cando rematemos co filme. Estas tartarugas son dunha raza alieníxena e van ser duras, ao límite, divertidas e completamente adorábeis«, dixo Bay aos xornalistas.

Obviamente a palabra clave neste caso é «alieníxenas». As tartarugas eran até agora mutantes, non extra-terrestres. O comentário xa espertou toda unha vaga de editoriais e opinións encontradas, por non mencionar o intenso debate xerado nos médios sociais entre os fans.

ACTUALIZACIÓN:

Por mor de todo o balbordo ocasionado, Michael Bay tivo que responder aos comentários negativos dos fans no seu sítio Web oficial cun comunicado que di: «Os fans teñen que tomar-se un respiro e relaxar-se. Aínda non liron o guión. O noso equipo está a traballar de preto cun dos creadores orixinais das Tartarugas Ninja para axudar a extender e dar algo mais de complexidade á súa história. Relax, estamos a incluir todo o que fixo que vos convertárades en fans ao comezo. Só estamos a facer un mundo mais rico«.

Josh Appelbaum e André Nemec (Mission: Impossible Ghost Protocol) están a escribir o guión do filme que dirixirá Jonathan Liebesman e que ten previsto estrear-se en nadal de 2013.

R.I.P. Moebius
O artista Jean Giraud, mais coñecido polo seu alcume de Moebius, mestre do cómic e do deseño gráfico cuxa influéncia foi moito mais aló das páxinas dos tebeos, finou o pasado día 10 na súa casa de París por mor dun cancro aos 73 anos de idade.

Os seus primeiros traballos estiveron relacionados co Western. Así, aos 18, Giraud debuxou o seu própio cómic, Frank et Jeremie, para a revista Far West, e dende 1956 a 1958 editou cómics do Oeste na revista Coeurs Valiants. Daquela o seu estilo estaba moi influenciado polo do seu mentor, Joseph «Jijé» Gillain, quen mesmo chegou a debuxar páxinas coa sinatura de Giraud en 1962. O persoaxe do Tenente Blueberry, cuxa face estaba baseada na do actor francés Jean-Paul Belmondo, foi creado en 1963 e converteu-se no persoaxe mais famoso de Giraud en Franza, onde a ciéncia-ficción é un xénero case descoñecido, até que comezou a colaborar con Alejandro Jodorowsky moitos anos despois.

O alcume de Moebius, que Giraud comezou a usar para os seus traballos fantásticos e de ciéncia-ficción a partir de 1963, está tomado do matemático e astrónomo alemán Augustus Ferdinand Möbius e aparece por primeira vez na revista satírica Hara-Kiri, pero Giraud non volveu utiliza-lo até case dez anos despois, cando en 1975 o revive para fundar xunto a Jean-Pierre Dionnet, Philippe Druillet e Bernard Farkas o grupo de artistas de cómic «Les Humanoides Associes». Xuntos crearon a revista Métal Hurlant, na que Moebius se fixo famoso a nivel internacional.

O seu impecábel estilo na saga de Arzach, mistura de ciéncia-ficción e fantasía medieval, cheio de intrincados deseños nos que afundir a imaxinación, converteu-se axiña nun dos principais estandartes e sinais de identidade da revista, que fóra de Franza vendeu-se baixo o nome de Heavy Metal e que en 1981 foi a orixe e base do filme do mesmo título.

Pero Métal Hurlant non é o único vencello de Giraud co cinema. Os seus conceptos visuais, os seus deseños e mais os seus storyboards foron empregados nunha série de filmes fantásticos que inclúen clásicos coma Alien, O Império Contraataca, Tron, Willow, The Abyss, Space Jam e Little Nemo: Adventures In Slumberland (baseado nos cómics orixinais de Winsor McCay, unha das figuras que influiron a Moebius). O realizador co que mais se asociou Moebius foi Jodorowsky, con quen traballou nunha versión de Dune para o cinema que nunca chegou ver a luz. Tamén colaboraron no cómic L’Incal, utilizado por Luc Besson para facer O Quinto Elemento.

Coma colaborador da Marvel, Moebius traballou xunto a Stan Lee nunha minisérie de dous números de Silver Surfer, publicada no selo da Epic Comics en 1988 e 1989. A série é un clásico de culto para calquera afeccionado ao cómic, e gañou o prémio Eisner en 1989.

O impacto de Moebius no mundo do cómic é incalculábel. Entre os artistas que recoñecen que foron inspirados por el figuran nomes coma os de Frank Miller (cuxo Ronin en particular é case un calco do estilo de Moebius), Geof Darrow (Hard Boiled), Hayao Miyazaki (creador de Nausicaä, Porco Rosso ou Totoro), P. Craig Russell (Elric), Frank Quitely (debuxante de Xuíz Dredd ou Batman) e Charles Burns (Dogboy).

A torre prohibida gaña o Prémio Minotauro
O Prémio Minotauro 2012, que dende hai nove anos é outorgado á millor novela inédita de ciéncia-ficción, terror ou fantasía pola editorial Minotauro, recaíu este ano na obra La torre prohibida, da que son coautores David Zurdo Saíz e Ángel Gutiérrez Tapia. O xurado estivo formado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Montse de Paz e José López Jara. A dotación económica do galardón é de 10.000 euros e este ano presentáron-se 227 orixinais. A obra será publicada en marzo.

Os dous autores son madrileños e enxeñeiros técnicos pola Universidade Polítécnica de Madrid. David Zurdo colabora na prensa escrita, en televisión e, sobre todo, en diversos programas de canles de rádio conservadores. Ángel Gutiérrez é colaborador de numerosos programas de rádio e televisión e tamén publicou artigos en diversos médios da prensa escrita.

Respeito á novela, tráta-se dun thriller de terror que transcurre nunha clínica onde é ingresado un xornalista de sucesos que perdeu a memória após de sofrir un accidente. No seu hospital, todos os internos padecen amnésia, pero o que ninguén lle conta é que todos os enfermos sofren pesadelos recurrentes, soños terríbeis que se repiten cada noite.

Os fans de Star Trek e Star Wars, contra Twilight
O actor George Takei, quen interpretou a Hikaru Sulu na saga de Star Trek, pero que tamén contou cun pequeno papel na saga da Guerra das Galáxias, reclamou unha alianza entre os fans de ambas as dúas séries contra o fenómeno de Twilight para combater a ñoñería dos románticos vampiros e lobishomes.

Takei amosou non ter moita simpatía pola franquia que protagonizan Robert Pattison e Kristen Stewart no cinema baseada nas novelas de Stephenie Meyer e pediu-lles aos fans das sagas de ciéncia-ficción mais populares da história, dous bandos históricamente enfrontados, que se unan contra unha ameaza que é «moi, moi mala«.

Nun vídeo subido ao Youtube no que tamén aparecen Carrie Fisher (a princesa Leia na Guerra das Galáxias) e William Shatner (o capitán James T. Kirk de Star Trek), Takei fai un chamamento á «paz estelar» para loitaren xuntos contra Twilight: «está-se a perder o sentido de heroísmo, a camaradería e as batallas épicas. No seu lugar temos vampiros que brillan, choromican e van ao coléxio«, dixo Takei.

«Fans da ciéncia-ficción, ficade alerta. Non hai grandes histórias, nin persoaxes, nin leccións profundas da vida en Twilight… En Twilight a única mensaxe que soa alta e clara é ‘Gostarei-lle ao meu mozo?’«, denúncia o veterán actor, de 74 anos, no seu vídeo.

Takei fixo un chamamento para combateren xuntos esta lacra cun recordo especial para Blade e Buffy Cazavampiros, dúas sagas de vampiros que si que pagan a pena e despediu-se cun emocionado «Longa vida e prosperidade e que a forza sexa convosco«.

<object width="450" height="259" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/mvTCr5Z-0lA?version=3&hl=en_US" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed width="450" height="259" type="application/x-shockwave-flash" src="http://www.youtube.com/v/mvTCr5Z-0lA?version=3&hl=en_US" allowFullScreen="true" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" /></object>

Morreu a creadora dos Dragoneiros de Pern
Anne McCaffrey, a popular escritora de fantasía e ciéncia-ficción que ideou a alianza intergaláctica entre humáns e dragóns ao longo de dúas dúcias de novelas de Dragoneiros de Pern (Dragonriders of Pern), morreu o pasado 21 de novembro na súa casa de Irlanda aos 85 anos de idade.

A súa editorial, a Random House, anunciou que McCaffrey finou por mor dun paro cardíaco onte luns na súa residéncia, unha casa rural ao sul de Dublin, onde vivía dende había corenta anos. O nome que lle dera á súa casa, deseñada por ela mesma, foi Dragonhold.

McCaffrey foi a escritora que transformou o mundo da literatura da ciéncia-ficción, até daquela só dominado por homes, após de tentar triunfar coma cantante e actriz afeccionada.

«Sempre utilicei a emoción coma ferramenta para escribir«, dixo McCaffrey nunha entrevista que concedeu á revista Locus en 2004. «Iso provén de cando eu estaba nos escenários. O feito é que a emoción — se o escritor a sinte visíbelmente — atravesará todo o proceso que leva publicar unha história e baterá ao leitor xusto no peito. Pero tes que quere-lo realmente«.

Ela foi a primeira muller que gaño ous dous prémios da literatura de ciéncia-ficción mais importantes, o Hugo e mais o Nebula, en 1968 e 1969 respectivamente, após de publicar as súas dúas primeiras novelas ambientadas no mundo de Pern.

McCaffrey nacera en Cambridge, Massachussetts, o 1 de abril de 1926, e obtivo o seu graduado no Radcliffe College en 1947. Mudou-se a Irlanda en 1970 após de se divorciar do seu home, con quen estivera casada 20 anos. Os seus devanceiros proviñan de Irlanda, que daquela viña de iniciar un programa para atraer aos novelistas de todo o mundo, que poderían vivir no país sen pagar o imposto da renda.

A súa popularidade afianzou-se coa publicación en 1978 de The White Dragon, a novela que completou a triloxía orixinal que escomezara a finais dos anos 60. Foi a súa única novela que puido entrar na lista dos mais vendidos do xornal New York Times.

Pero o seu traballo non se detivo aí, porque mantivo unha produción abondosa, con 21 novelas mais ambientadas en Pern ao longo de diversos periodos da súa história imaxinária.

Na última década a súa saúde comezou a empeorar e decidiu colaborar con seu fillo Todd, que xunto a ela escribiu cinco novelas baseadas en Pern e escribiu outras tres pola súa conta. A súa novela número 23, Dragon’s Time, publicou-se o pasado mes de xuño, con nai e fillo compartindo os créditos. A novela 24 e derradeira, Sky Dragons, ten previsto ver a luz o ano que ven.

McCaffrey deixa dous fillos e unha filla.

Morreu o debuxante Gene Colan
Segundo informou o editor Clifford Meth, o debuxante Gene Colan finou onte aos 84 anos de idade, após dunha semana en estado de coma coma resultado dunha rotura de cadrís e de complicacións da sua enfermidade do fígado.

Gene Colan naceu no Bronx (New York) en 1926 e ainda que escomezou a debuxar con tres anos, empezou a sua carreira coma debuxante nos anos 40, após de ser rexeitado polo Exército por ser menor de idade. Finalmente puido entrar na Aviación e formou parte do exército que liberou as Filipinas en 1945. Durante a primeira etapa da sua carreira, pouco coñecida para os fans, traballou para a Timely Comics, a precursora da actual Marvel Comics.

Nos anos 60 empezou a colaborar co emerxente universo Marvel, con etapas en séries con Sub-Mariner, Daredevil ou Capitán América. Daquela asinara moitas das suas obras baixo o alcume de Adam Austin, porque ainda traballaba tamén para a DC e non estaba ben visto traballar en dúas editoriais ao mesmo tempo.

O estilo de Colan, caracterizado polo debuxo de figuras estilizadas e o importante uso das sombras, facía-o moi raro para os artistas da Idade de Prata do cómic, pero ideal nos anos 70 para se converter no debuxante principal da série The Tomb of Dracula escrita por Marv Wolfman, posíbelmente o seu traballo mais relembrado. Neste tempo tamén encargou-se doutra série que foi menos famosa pero que chegou á pantalla grande moito antes: o Pato Howard.

Nos anos 80 regresou á DC Comics, onde recebiu o encargo de debuxar ao novo Batman, que sería moito mais escuro e sinistro có Batman «camp» e algo hippy dos 70, popularizado pola série de televisión. Este novo Batman sería o que finalmente trunfase entre os fans.

Por mor dos seus problemas de saúde, os seus traballos comezan a ser cada vez menores, pero ainda tivo tempo de colaborar con persoaxes coma Blade, Daredevil e o Capitán América. Precisamente a sua derradeira história, o número 601 da série Capitán América, foi a gañadora do prémio Eisner 2010 ao millor cómic do ano.

Terry Pratchett comeza o proceso de suicídio
Sir Terry Pratchett, o escritor de novelas fantásticas que foi diagnosticado co Alzheimer en 2008, revelou antonte que ven de escomezar o proceso legal para poder ser asistido no seu suicídio na clínica Dignitas en Forch, preto de Zurich (Suíza).

Pratchett, cuxo filme documental sobre o tema do suicídio asistido exhibiu-se onte na canle BBC2 en Inglaterra, revelou asemade que recebira os formulários legais para outorgar o seu consentemento para ser asistido no seu suicídio na devandita clínica e que planeaba asina-los decontado.

«A única cousa que me impide asina-los é que fixen este documental e que teño un maldito libro que rematar«, dixo no decurso dunha sesión de preguntas após da exhibición do filme no festival de documentais de Sheffield (Inglaterra).

O escritor afirmou que decidiu escomezar o proceso após de facer o filme Terry Pratchett: Choosing to Die, que amosa o intre da morte dun enfermo terminal, o millonário e dono dunha cadea de hotéis Peter Smedley.

Pratchett, creador da saga das novelas de Mundodisco, tiña 60 anos cando foi diagnosticado, e dixo que a súa decisión de escomezar o proceso non sinifica necesáriamente que vaia suicidar-se finalmente. De feito, segundo fontes da clínica Dignitas, ao redor do 70% da xente que asina os papéis decide non continuar adiante co proceso de suicídio.

O estraño caso dos dous Supermans
Tal e coma adiantaba NOVA FANTASIA hai meses, as augas no mundo de Superman están a baixar moi revoltas e polo de agora non hai sinais de que escampe. Mesmo grazas a unha extraña rifa legal, podería haber dous proxectos de Superman en 2013.

Man of Steel, dirixida por Zack Snyder e producida por Christopher Nolan, está prevista para se estrear en decembro de 2012. Pero menos dun ano despois desa data, certos dereitos sobre o persoaxe pasarán a ser novamente propiedade da família dos seus creadores orixinais, Jerry Siegel e Joe Shuster.

E o que sinifica «certos dereitos»? Pois que non todo pertencerá aos herdeiros de Siegel e Shuster. Iso é porque segundo a senténcia xudicial, todo o que inventou a parella para Superman antes de que ambos escomezasen a traballar para a DC Comics volverá a ser propiedade das súas famílias. E todo o que inventaron despois de escomezar a traballar para a editorial pertencerá á editorial (que actualmente é propiedade da Warner Bros. Pictures).

En resumidas contas, os herdeiros de Siegel e Shuster terán os dereitos sobre o uniforme azul e vermello de Superman, así coma de certos superpoderes, concretamente os de «chimpar mais alto cós edifícios», «ser mais rápido ca unha locomotora» e ser «capaz de deter as balas». Todo o demais, que foi engadido despois de 1938, cando xa traballaban na DC, será propiedade da devandita compañía: o resto dos seus superpoderes, coma o de voar, ou a súa galería de superinimigos, incluíndo a Lex Luthor.

Así pois, en teoría, a partir de 2013 as famílias de Siegel e Shuster e mais a Warner poderían facer dous filmes diferentes, cadaún cun Superman con poderes diferentes, un uniforme distinto, e superfalcatruáns de seu. Un dos filmes non podería amosar a Superman voando, e o outro non podería amosar o uniforme azul e vermello.

Polo de agora Marc Toberoff, o avogado das famílias dos creadores de Superman, está a tentar desesperadamente sacar adiante unha apelación perante o tribunal, mentres que a Warner decidiu demandar directamente ao avogado, acusándo-o de rachar as boas relacións que tiñan coas famílias antes de que fosen a xuízo por mor dos dereitos sobre o home de aceiro, precisamente instigados por este avogado.

Mentres se resolve o caso, Man of Steel podería ser a derradeira vez que vexamos ao «auténtico» Superman no cinema. As secuelas poderán amosar a un Kal-El sen o seu uniforme, mentres que vemos a outro persoaxe co mesmo nome pero incapaz de voar, tal e coma foi deseñado orixinalmente por Siegel e Shuster. Será o final definitivo para Superman?

Morreu Dana Wynter
Dana Wynter, a actriz recoñecida polos fans coma a protagonista feminina do filme clásico de ciéncia-ficción Invasion of the Body Snatchers (A invasión dos ultracorpos), finou o pasado xoves nun hospital de Ojai Valley (Califórnia) após dunha longa batalla contra unha enfermidade cardíaca aos 79 anos de idade.

Nada co nome de Dagmar Winter en Berlin en 1931, as súas cinzas serán enterradas preto da casa que posuía en Irlanda, segundo revelou o seu fillo Mark Bautzer.

Wynter medrou en Inglaterra pero mudou-se a Rodésia (actual Zimbabue) con seu pai, un médico cirurxán, e comezou os seus estudos de menciña en Sudáfrica, sendo a única rapaza nunha clase con 150 homes.

Mais tarde regresou a Inglaterra e deixou os seus estudos para se adicar a actuar. En novembro de 1953 mudou-se a New York, onde un axente descubriu o seu talento. Na cidade dos rañaceos actou na televisión e fixo os seus primeiros papeis no cinema, pero até 1956 non interpretaría o papel que a fixo famosa, o de Becky Driscoll, a moza do médico local, en Invasion of the Body Snatchers, todo un filme que identifica unha era da ciéncia-ficción, e que ainda hoxe póde-se lér coma a perfecta descrición do contante estado de ameaza no que viviron e ainda viven os Estados Unidos.

Posteriormente aparecería nunha dúcia de filmes e mesmo contou cunha série de televisión de seu, pero en 1973 retirou-se definitivamente.

Wynter casou en 1956 co avogado Greg Bautzer, do que se divorciou en 1981.

Finou Yvette Vickers, a muller de 50 pés
A antiga actriz, modelo e cantante Yvette Vickers, famosa por protagonizar algúns filmes de ciéncia-ficción de série B nos anos 50, apareceu o pasado día 27 de abril mumificada na súa própia casa de Beverly Hills, onde se suspeita que morreu hai cousa dun ano.

Unha veciña acudiu á casa ao ver como se acumulaba o correo dos seus fans na porta, e tivo que escalar pola ventá chea de maleza e sortear caixas cheas de roupa que bloqueaban as portas até dar co cadáver. O corpo da antiga actriz, irrecoñecíbel ao mais clásico estilo hollywodense de cinema de terror, apareceu xunto ao teléfone descolgado e a unha estufa que ainda funcionaba e foi examinado sen éxito polo forense, quen non puido determinar se as causas da morte foron naturais ou non, debido ao estado de mumificación.

Vickers (nacida o 26 de agosto de 1936 en Kansas City) foi a coelliña do mes de xullo de 1959 na revista Playboy e tamén apareceu noutras revistas eróticas da época. Comezou a súa carreira coma modelo de publicidade anunciando champú e fixo a súa primeira aparición no cinema no filme Short Cut to Hell (1957). En 1958, protagonizou o seu papel mais famoso, no filme camp Attack of the 50 Foot Woman no papel de Honey Parker, e ao ano seguinte interpretou a Liz Walker en Attack of the Giant Leeches.

A partir dos anos 60 fixo algúns pequenos papéis no cinema, pero a súa carreira esvaecéu-se definitivamente. O seu derradeiro papel foi en Evil Spirits, un filme de terror de 1991.

Vickers estaba divorciada dende 1959 e non tiña fillos nin outra família.

Un Hulk de pelo en peito
A moda dos actores sen pelo no peito está a morrer nos últimos anos grazas á negativa a pasar pola cera de Jake Gyllenhaal, Bradley Cooper, Robert Pattinson ou Ryan Reynolds, que decediron conservar o seu mato de pelo nas escenas nas que aparecen sen camiseta.

E ainda así, a moda resíste-se a desaparecer: así, este verán poderemos ver en Captain America: The First Avenger ao normalmente peludo Chris Evans co peito afeitado. Neste caso hai un motivo xusto, e é que os efectos visuais xerados por computador nos que aparece o persoaxe de Rogers antes da súa transformación no Capitán América custarían moito mais se teñen que reproducir pelo por pelo o axuste entre o persoaxe fraco e o musculoso.

Pero de entre os Vingadores xa hai unha persoa que seica escapará á navalla: Mark Ruffalo. O actor que interpretará ao incríbel Hulk revelou nunha recente entrevista que «ninguén me pediu que me afeita-se o peito, grazas a deus. Querían que este Hulk se asemella-se a min o mais posíbel. Interpretarei ao persoaxe en motion-capture, así que este Hulk será unha versión en grande de min mesmo. E mentres o modelan, usarán moitas das miñas características, pero sen as miñas cicatrices e enrugas. Terá pelo no corpo, pero non sei até que grao«.

Os outros dous heroes xa confirmados para os Vingadores, Chris Hemsworth (Thor) e Robert Downey Jr. (Iron Man) teñen xa naturalmente pouco pelo no peito, así que non deberán preocupar-se de pasar pola tortura da cera.

D.E.P. Michael Gough
Michael Gough, o respectado actor inglés a quen case todo mundo relembra coma o mordomo Alfred Pennyworth dos filmes de Batman anteriores a Chris Nolan, ven de morrer aos 94 anos de idade.

Nado en Kuala Lumpur (Maláisia), Gough fixo o seu debut no cinema en 1947 e acadou fama grazas á televisión en Inglaterra, especialmente coas súas aparicións coma vilán na série Doutor Who, primeiro coma o vilán principal en 1966, e logo coma conselleiro Señor do Tempo en 1983. Ademáis estaba casado con Anneke Wills, unha actriz que tamén participaba no reparto da série.

Antes de que entre os anos 1989 e 1997 interpretara ao mordomo de Bruce Wayne nas catro entregas de Batman de Tim Burton e Joel Schumacher, o seu rostro fíxo-se popular entre os afeccionados ao xénero fantástico grazas aos seus papeis en filmes coma The Boys from Brazil, The Serpent and the Rainbow, Sleepy Hollow e Corpse Bride, e en producións menores pero igualmente salientábeis do cinema de terror dos anos 60 coma Dracula, The Phantom of the Opera e Satan’s Slave.

Robocop terá unha estátua en Detroit
A campaña online Kickstarter.com seica funcionou, e froito dela acadáron-se 50.000 dólares para construir unha estátua de Robocop na cidade de Detroit.

A semana pasada o Alcalde Dave Bing rexeitara unha ideia que lle chegou polo Twitter de construír unha estátua adicada ao poli robótico que se converteu nun dos símbolos da cidade dende que se estreou a primeira película da saga en 1987.

Ainda que fora o mesmo Alcalde que pedira ideias para revitalizar a cidade, moi afectada pola crise, a construción da estátua foi desbotada axiña polo Concello. Pero os cidadáns non estaban dispostos a abandoar ao seu heroe tan rápido, e a propostaxerou tal resposta que se puxo en marcha a campaña Kickstarter.com en busca de doazóns para fabricar unha estátua de ferro de 2 metros e médio de alto.

Por fin, unha grande doazón de Pete Hottelet, da Omni Consumer Products Corporation, xunto con outras menores doutras 1.700 persoas, resultou abondo para en tan só unha semana obter os cartos necesários.

Agora o que non se sabe é onde irá colocada a estátua, pero iso será algo que veremos nas vindeiras semanas. Polo de agora, un novo heroe de ciéncia-ficción dá o chimpo á realidade.

John Barry: 1933-2011
O lendário compositor de bandas sonoras para o cinema John Barry ven de morrer esta fin de semana en New York aos 77 anos de idade.

Relembrado especialmente por ser o autor da música de practicamente todas as primeiras películas da saga de James Bond (From Russia with Love, Goldfinger, Thunderball, You Only Live Twice, Diamonds are Forever, The Man with the Golden Gun, Moonraker, Octopussy, A View to A Kill, The Living Daylights e On Her Majesty’s Secret Service), recebiu nada menos ca cinco Oscars ao longo da súa carreira, e foi nominado por outras dúas veces.

Para os fans do xénero debería abondar tan só con relembrar algunhas das súas melodías en filmes coma Alice’s Adventures in Wonderland (1972), King Kong (1976), The Black Hole (1979), Howard the Duck (1986) e Peggy Sue Got Married (1986), pero por se alguén non se decata, paga a pena botar unha ollada ao abismo negro por derradeira vez, ese abismo ao que marchou Barry e do que nunca regresará.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="480" height="385" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube-nocookie.com/v/Dvvq2PsgyHA?fs=1&hl=en_US&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="480" height="385" src="http://www.youtube-nocookie.com/v/Dvvq2PsgyHA?fs=1&hl=en_US&rel=0" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

Inception, nominada para 8 Oscars
A Académia de Cinema de Hollywood fixo onte públicas as súas candidaturas para os prémios Oscar deste ano, e tal e coma se agardaba, Inception acadou oito nominacións, se ben entre elas abraiantemente non está a de millor director para Christopher Nolan.

Inception foi nominada para os prémios á dirección artística, cinematografía, banda sonora orixinal, millor película, edición de són, mistura de són, efectos especiais e guión orixinal, pero Nolan, o derradeiro responsábel de todo o anterior, nin tan sequera foi relembrado á hora de presentar aos millores directores do ano.

Pola súa banda, Darren Aronofsky, cuxo filme Black Swan recebiu cinco nominacións, si que está na listaxe dos candidatos á recebir á estatuíña de millor director. Natalie Portman, a protagonista, será candidata a millor actriz.

Toy Story 3 levou outras cinco nominacións, e competirá con Inception, Black Swan e outros sete filmes que aspiran a ser a millor de 2010 cando sexan entregados os Oscar o vindeiro 27 de febreiro.

Outra das grandes decepcións dos afeccionados é a auséncia do grupo Daft Punk entre as millores bandas sonoras, polo seu traballo en Tron: Legacy. No seu lugar foi escollida a obra de John Powell por How To Train Your Dragon.

Morreu o director Juan Piquer Simón
O cineasta español Juan Piquer Simón, clásico director de longametraxes de terror coma Slugs (1988) e La grieta (1990), ven de morrer en Valéncia aos 74 anos e após dunha longa enfermidade.

Nado en Valéncia en 1936, rematou asemade unha extensa carreira que o converteu nun dos principais expoñentes do cinema fantástico en España e que lle outorgou prestíxio abondo como para se encargar da dirección da Mostra Cinema do Mediterráneo en Valéncia. Piquer posuía os seus própios estudos idnependentes en Madrid, e deseñaba el mesmo os efectos especiais para os seus filmes.

Director e productor, moitas das suas películas estreáron-se nos Estados Unidos, ocasionando a envexa dos outros directores españois, quen nunca puideron entender que a chave do éxito no mercado americano é o cinema de xénero. En España a censura fascista impediu-lle mesmo obter o carnet de director imprescindíbel para poder traballar

Así, Piquer, sen grandes orzamentos, fíxo-se un óco na série «B» e acadou boas recadacións, chegando a traballar con actores coma Terence Stamp, a quen dirixiu en Misterio en la Isla de los Monstruos (1981).

A súa filmografía só contén cinema de xénero a partir dos anos 70, e son clásicos de culto do cinema de terror gore recentemente remasterizadas nos Estados Unidos por Bob Murawski e a Grindhouse Releasing. Viaje al centro de la Tierra (1976), Supersonic Man (1979), Mistério en la isla de los monstruos (1981), Los diabos del mar (1982), Mil gritos tiene la noche (filme de 1982 mais coñecido polo seu título inglés Pieces), The Pod People (1983), Guerra sucia (1984), Slugs (1988), Cthulhu Mansion (1990), The Rift (1990), La isla del diabo (1994) e Manoa (1999). A súa derradeira película foi Pieces of Juan, unha entrevista na que fala dos seus filmes, da súa vida e da súa carreira.

Adéus a Pete Postlethwaite
O lendário actor de teatro e cinema Pete Postlethwaite morreu o  pasado luns aos 64 anos de idade nun hospital de Shropshire (inglaterra)  após dunha longa batalla contra un cancro de pulmón que lle fora  diagnosticado en 2007.

Mália de seguir recebindo tratamento durante estes meses, Postlethwaite  continuou traballando e apareceu en dous dos filmes mais importantes do  ano pasado: Clash of the Titans e Inception.

Nado en 1945 en Warrington, no condado de Cheshire (noroeste inglés),  Postlehwaite formou-se coma mestre antes de cursar estudos de  interpretación na escola de teatro Old Vic de Bristol. Escomezou a súa  carreira de actor no Everyman Theatre de Liverpool, onde tivo entre os  seus compañeiros a actores tan respectados coma Bill Nighy, Jonathan Pryce ou Julie Walters, actriz coa que mantivo unha relación na década dos 70.

Entre os seus abraiantes créditos hai unha longa lista de actuacións no  teatro ao longo dos anos 70 e 80, cando deu o chimpo á televisión e mais  ao cinema. En 1993 acadou a súa primeira nominación ao Oscar, co filme No nome do pai,  pero para os afeccionados ao xénero o seu nome e rosto ficará por  sempre vencellado a persoaxes coma o cazador Roland Tembo en Parque Xurásico III, ou as súas intervencións en Alien 3, Dark Water, Aeon Flux, Dragonheart, James and the Giant Peach, Solomon Kane, ou o recente remake de The Omen.

De el contan que dixo unha vez Steven Spielberg que era «o millor actor do mundo«. Os seus amigos consideraban que sempre foi un home normal, «cunha actitude de sindicalista» e «simplemente na millor tradición inglesa«.

En 2004 foi condecorado coa Orde do Império Británico, o que non lle  impediu participar en causas políticas coma as manifestacións contra a  Guerra de Iraq, o apoio á campaña contra a pobreza «Make Poverty  History» ou a loita contra o quencemento global.

Postlethwaite deixa esposa, Jacqui, e dous fillos, Will e Lily.

Finou a actriz de ciéncia-ficción Anne Francis
Anne Francis, a estrela do filme de ciéncia-ficción Forbidden Planet, finou o pasado domingo en Santa Barbara (Califórnia) aos 80 anos de idade. A súa morte produciu-se tan só cinco semanas despois da de Leslie Nielsen, con quen participou no devandito filme de culto en 1956.

Francis, nada en New York en 1930, actou xa dende cativa en Broadway. En Hollywood protagonizou xunto a Spencer Tracy o filme Conspiración de silenzo e Semente de maldade, que fixo famosa a canzón Rock Around The Clock interpretada por Bill Haley. Nombergantes, foi Forbidden Planet a obra que a fixo famosa en todo o mundo, se ben nunca chegou a se converter nunha das grandes estrelas de Hollywood.

Entre as moitísimas aparicións en telefilmes e séries de televisión que a fixeron popular entre os afeccionados ao xénero podemos atopar Fantasy Island, Conan, Mazes and Monsters, Greatest Heroes of the Bible, Wonder Woman, The Invaders ou The Twilight Zone.

Globos de Ouro 2010: Inception vai gañando
Ainda que a 68ª gala de entrega dos prémios Golden Globe non se producirá até o mes que ven, esta semana déron-se a coñecer xa os candidatos aos tradicionais galardóns outorgados polos correspondentes da prensa estranxeira en Hollywood e que sempre se consideraron coma a antesala aos Oscar.

E este ano non se puido evitar que moitos dos candidatos sexan do cinema fantástico, especialmente grazas ao traballo de Chris Nolan no filme Inception, que optará aos prémios á millor película dramática, millor director, millor guión e millor banda sonora (Hans Zimmer).

O filme de Tim Burton Alice in Wonderland optará pola súa banda aos prémios á millor comédia ou musical, ao millor actor (Johnny Depp) e millor banda sonora (Danny Elfman).

Tamén con tres candidaturas ficou Black Swan, o filme que protagonizou Natalie Portman, quen optará ao prémio á millor actriz. Xunto a ela e pola mesma película Mila Kunis é candidata ao prémio á millor actriz secundária, mentres que Darren Aronofsky podería levar o prémio ao millor director.

Con unha candidatura por cabeza están The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader, que optará ao prémio á millor canzón orixinal grazas a There’s a Place For Us, e The Walking Dead, a série de zombis da AMC que podería levar o prémio á millor série dramática de televisión.

Finalmente, os cinco candidatos a millor película de debuxos animados son todos eles de xénero: Despicable Me, How to Train Your Dragon, The Illusionist, Tangled e Toy Story 3.

Liam Neeson enfurece aos católicos
Liam Neeson, o actor que lle pon a voz a Aslan, o león que representa a Xesús Cristo na série de filmes das Crónicas de Nárnia, ven de ocasionar unha forte controvérsia entre os fans desta saga de de propaganda relixiosa mentres se celebraba unha rolda de prensa para presentar Voyage of the Dawn Treader, a terceira entrega da série. Neeson dixo que para el, o león simboliza a todos os grandes profetas, incluindo a Buda e Mahoma.

«Aslan simboliza unha figura tipo Cristo, pero para min tamén simboliza a Mahoma, a Buda e todos os grandes líderes espirituais e profetas ao longo dos séculos. Iso é o que sinifica Aslan, ademais de ser unha figura mentora para os nenos, iso é o que sinifica para min«, dixo o actor, que hai dous anos pediu uns CDs de meditacións espirituais católicas para poder interpretar millor ao seu persoaxe.

Obviamente, para os cristiáns esta comparación resulta espantosa, xa que segundo a súa relixión, que afirman lles foi revelada por deus, todos os demais profetas son falsos e mesmo demos. Polo tanto, Walter Hooper, antigo secretário do escritor C.S. Lewis, o autor das novelas nas que se basea a saga de filmes, «[o león] non ten ren que ver co islam. Lewis simplemente tería negado iso. El escribiu que a completa história de Nárnia vai sobre Cristo«. Pola súa banda, William Oddie, antigo director de The Catholic Herald, dixo: «Non podo crér que Liam Neeson sexa así de estúpido«.

A indisimulada fúria fanática dos católicos podería prender a mecha do boicot contra esta saga, á que moitos tentan ver por riba de relixións e considerar só dende o punto de vista artístico. Pero os católicos non queren entrar nese debate: para eles, os filmes son cristiáns e ninguén ten dereito a nega-lo. A produtora sabe que os católicos son practicamente os únicos que están a acudir ao despacho de billetes para ver esta saga de películas, polo que as declracións de Neeson non sentaron nada ben.

Finou o cómico Leslie Nielsen
O actor cómico canadiano Leslie Nielsen finou hoxe aos 84 anos de idade por mor de complicacións nunha pneumonia nun hospital preto da súa casa en Fort Lauderdale, Florida, segundo confirmou o seu axente. Nado en 1926 en Regina, Saskatchewan, Nielsen apareceu en mais de 100 filmes e 1.500 programas de televisión ao longo da súa carreira, na que interpretou mais de 220 persoaxes.

Ainda que será sempre relembrado polos seus papeis de actor cómico nas sagas de Airport e Naked Gun (filmes dobrados en España con pouco xeito), o seu primeiro papel foi nombergantes na longametraxe Forbidden Planet, na que intrerpretou ao Comandante John J. Adams en 1956. Este filme de ciéncia-ficción, para moitos precursor da série de Star Trek, converteu-se no seu momenrto nun grande éxito e é hoxendía un clásico do xénero.

Entre outros papeis fantásticos, cómpre salientar o do xeneral Max Harmon no filme que en 1968 levou á pantalla grande a série de TV The Man from U.N.C.L.E., How to Steal the World. En 1972 iniciou unha carreira por diversos filmes de desastres, coma A Aventura do Poseidón (1972), Day of the Animals (1977) e City on Fire (1979). E após da súa consagración coma actor cómico, foron várias as películas nas que parodiou o cinema de xénero: Creepshow (1982), Repossessed (1990), Dracula: Dead and Loving It (1995) e 2001: A Space Travesty (2000).

Adéus a Irvin Kershner, director d'O Império contraataca
O director americano Irvin Kershner finou o pasado sábado en Los Ángeles aos 87 anos, vítima dunha longa enfermidade, segundo explicou a sua afillada, Adriana Santini.

Nado en 1923, a educación de Kershner tivo moito que ver coas artes: estudou música antes de se unir ás forzas aéreas e voar nun bombardeiro B-24 durante a Segunda Guerra Mundial. De regreso á vida civil, estudou Arte e Deseño na Escola de Belas Artes Tyler en Philadelphia. Aos 25 anos mudou-se a Los Angeles para estudar fotografía no Art Center College of Design mentres traballaba coma actor de anúncios. Na Escola de Cinema da USC (Universidade do Sul de Califórnia) aceptou un choio coma fotógrafo do Departamento de Estado en Irán, o que o levou a rodar documentais sobre o Médio oeste e Europa para o Servizo de Información en 1950.

O seu primeiro filme foi Stakeout on Dope Street, unha película de crimes en 1958, o que lle permitiu dirixir mais longametraxes nos anos 60 e 70 tanto no cinema coma na televisión. O seu traballo no thriller de terror The Eyes of Laura Mars (1978) protagonizada por Faye Dunaway atraiu a atención de George Lucas, quen o contratou para dirixir Empire Strikes Back (O Império Contraataca, 1980), a segunda parte cronolóxica da saga d’A guerra das galáxias e quinto episódio no orde narrativo. Aquel filme foi o maior éxito de 1980 e ainda hoxendía segue a estar entre os 50 filmes con maior recadación de todos os tempos. Cando en 1997 apareceu a versión especial, con novos efectos dixitais, esta foi a película da triloxía orixinal que precisou de menos retoques. E ademais, en O Império contraataca apareceu por primeira vez o persoaxe de Yoda, ao que chamaron Kersh, polo seu parecido co realizador.

Kersh dirixiu por segunda vez a Sean Connery no filme de 1983 de James Bond Never Say Never Again (Nunca digas nunca xamais), a que foi derradeira aparición do actor escocés na série, e logo en 1990 encargou-se doutra secuela, RoboCop 2, filme protagonizado por Peter Weller.

Na televisión, dirixiu o episódio piloto da série fantástica de Steven Spielberg seaQuest DSV, unha espécie de Star Trek submariño que durou tres tempadas, até 1996.

Ainda que estaba xa case retirado e só se adicaba a dar charlas e conferéncias, ainda tivo tempo de aparecer coma actor por derradeira vez, no filme The Last Temptation of Christ (A derradeira tentación do Cristo, 1988) interpretando a Zebedeo.

Kershner era xudeu de nacemento, pero considerába-se a si mesmo un internacionalista. Nunha entrevista en 1980 dixo: «Teño medo do patriotismo. O mundo fíxo-se moi pequeno e a conciéncia cósmica fai parecer ao patriotismo unha noción adolescente, polo que as mentes inmaduras son manipuladas doadamente por el. Coido realmente que o patriotismo no seu sentido xeralmente aceptado sinifica aceptar prexuizos sociais, e cantos menos teñamos, mais libres seremos«.