NOVA FANTASIA » Internet

Halo 4 terá unha série de seu na Web
Ainda que os intentos de levar a franquía ao cinema non están a ter ningún éxito, o lanzamento do videoxogo Halo 4 este outono suporá ademais a aparición dunha série Web con acción real e que levará por título Halo 4: Forward Unto Dawn.

A Microsoft producirá esta série para Internet, que consistirá en curtas de 15 minutos cada unha cunha história diferente e orixinal sobre o Xefe Mestre e como inspiraron a un xoven cadete da UNSC a se converter nun líder a bordo da UNSC Infinity.

Este cadete, segndo din, estará directamente vencellado ao argumento do novo xogo. Os detalles de todos os xeitos non serán dados a coñecer até o mes de xullo, cando se anúncien no decurso da Comic Con.

O proxecto marcará o investimento mais grande feito polo de agora pola Microsoft ao redor deste xogo e podería ser, se todo sae ben, o prelúdio para a tan agardada película nas salas de cinema.

«Angry Birds» será primeiro unha série
O popular videoxogo para teléfones móbiles Angry Birds vai contar axiña cunha série de seu, segundo deron a coñecer os deseñadores do xogo, a compañía Rovio, esta semana en Franza.

A BBC informou que a famosa aplicación dos paxariños será convertida nunha série de televisión de 52 capítulos e que será distribuída «en todas as plataformas posíbeis«.

«Estou encantado de dicir que imos sacar unha série de animación semanal este ano de contido de formato curto. É un xeito fantástico parra nós de conectarmos cos nosos actuais fans, de lles dar mais e de mante-los enganchados«, dixo o xefe de animación da Rovio, Nick Dorra.

Dorra engadiu que o filme baseado na franquía, que se anunciou o ano pasado, aínda deberá agardar bastante para a súa estrea, alomenos até 2015 no millor dos casos. O videoxogo en si leva mais de 700 millóns de descargas en todas as plataformas.

Todos temos algún segredo
Mentres remata a preparación para o lanzamento do seu vindeiro thriller de terror Silent House, a Open Road Films ven de estrear un website interactivo que intercepta as túas redes sociais: we-all-have-secrets.com.

No filme, Elizabeth Olsen é a protagonista no papel dunha rapaza que fica atrapada nunha casa de retiro aillada canda un lago. Sen contacto co mundo exterior, e sen saída posíbel, o pánico convérte-se en terror mentres que os acontecementos ao seu redor comezan a ser cada vez mais sinistros.

Os responsábeis de Open Water, Chris Kentis e Laura Lau, dirixiron este filme que non só se narra en tempo real, senón que grazas aos xogos de cámara e á coreografía, semella rodada completamente nunha soa toma.

Unha vez que we-all-have-secrets.com fica conectada á túa conta no Facebook, un vídeo combinará imaxes do filme coa información do teu própio Facebook, coma se ti foses parte da acción. Ademais, é posíbel enviar anónimamente os teus própios segredos e ler as confesións que fai outra xente que xa compartiu esta aplicación na Internet.

Un post de Reddit, ao cinema
A Warner Bros. ven de mercar os dereitos sobre un esbozo de guión orixinal de James Erwin, un escritor de Des Moines, Iowa e gañador en dúas ocasións do popular concurso da tele Jeopardy!.

O guión de Erwin foi o resultado de várias entradas publicas no sítio Web da comunidade online Reddit, na que outro participante preguntaba o que acontecería se unha unidade de elite dos marines americanos fose transportada no tempo e obrigada a loitar contra as lexións romanas. Erwin respondeu con oito entradas consecutivas, nas que explica o encontro entre o exército do emperador César Augusto e os soldados americanos, que terán a oportunidade de mudar o curso da História.

O editor da Madhouse Entertainment, Adam Kolbrenner, atopou a entrada de Erwin, titulada Rome, Sweet Rome, cando esta chegou á portada de Reddit e contactou co escritor para comezar a traballar con el para desenvolver mais o concepto. Após de remata-lo, dirixíron-se a Chris Gary, un xoven executivo da Warner que animou aos estudos a se facer co argumento.

Kolbrenner será o produtor xunto a Gianni Nunnari (Immortals), da Hollywood Gang. John Ridley supervisará o proxecto para a devandita compañía. Robyn Meisinger será o produtor executivo e Gary encargará-se pola parte da Warner.

O vindeiro libro de Erwin, previsto para 2012, narra a história das accións militares dos Estados Unidos.

Farmville, outro videoxogo ao cinema
Os guionistas de Toy Story, Alec Sokolow e Joel Cohen, revelaron que poderían estar en conversas para escribir o argumento dun filme baseado en Farmville, o videoxogo online de simulación dunha granxa creado para os nenos no Facebook.

A parella comentou á prensa que mália estaren a traballar noutros proxectos arestora, continuarán escribindo películas: «estamos a traballar en moitos proxectos novos e emocionantes. Estamos en conversas coa Zynga para facer algo cunha das súas marcas. Non pdoemos dicir moito sobre iso agora mesmo, pero o vello MacDonald non ten unha fábrica, se entendes que quero dicir«.

A compañía Zynga, creadora do videoxogo, refusou facer comentários e certamente non houbo ningunha especulación sobre facer un filme de Farmville antes de agora. O xogo en si mesmo contén algúns elementos de xestión dunha granxa, coma regar a terra, plantar, colleitar e criar gando, e está dirixido aos nenos mais pequenos da casa.

Bryan Singer presenta H+
No decurso da recente Comic-Con de San Diego presentou-se unha websérie producida por Bryan Singer. O seu título será H+ e foi creada por John Cabrera e Cosimo De Tommaso. Todo o proxecto conta co aval e mais a produción da Warner Bros.

A história de H+ léva-nos a un futuro non moi afastado, no que a tecnoloxía evolucionou até tal punto que xa non son precisos os dispositivos externos de ningún tipo para nos conectarmos á rede, senón que abonda cun implante no corpo que permite o acceso contínuo. Nombergantes, o novo dispositivo producirá unha pandémia que dezma á povoación mundial e porá en perigo á raza humana.

H+ amosará a evolución dese desastre mundial e os intentos de supervivéncia de diversos seres humanos durante un período de tempo de dez anos. A técnica narrativa servirá-se de flashbacks para por en antecedentes aos seguidores. O reparto da série é coral e consta de 16 persoaxes diferentes.

A Warner subirá á sua páxina web catro temporadas de doce capítulos cada unha. A série constará dun total de 48 capítulos de entre tres e seis minutos de duración, polo que en total H+ serán catro horas de metraxe, que contará coa dirección de Stewart Hendler (Sorority Row, Whisper). A série estrenará-se a finais deste ano.

<object width="449" height="280" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/hFlsGjIHzb8?version=3&hl=en_US&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed width="449" height="280" type="application/x-shockwave-flash" src="http://www.youtube.com/v/hFlsGjIHzb8?version=3&hl=en_US&rel=0" allowFullScreen="true" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" /></object>

O Vaticano acusa á Internet de satanismo
Se o cheiro a xofre non te deixa durmir ultimamente, cada vez tes mais calor e ves mais xente de cór vermello pola rúa non é porque se achegue o verán, senón porque o inferno está xa entre nós, e concretamente os seus aliados mais fieis, os satánicos. Esta é a opinión, sábia e temperada coma sempre, da igrexa católica román: os satánicos están a medrar cada vez mais, segundo Carlo Climati da Universidade Pontifícia Regina Apostolorum en Roma, e a culpa de todo é, por suposto, da Internet.

Non é cousa de risa, porque antes da Internet, se querías poñer-te en contacto cos demos, para lles vender a túa alma, ofrecer-lles un sacrifício ou simplemente botar unhas risas, tiñas que lér libros e descifrar antigos textos prohibidos, escritos en latín ou grego. Pero agora toda a información está ao alcance dunha simple procura en Google e até o mais parvo coñece as fórmulas secretas para invocar ao alén.

A igrexa católica está moi preocupada e está a combater activamente contra esta xuntanza de demos que están a lle botar abaixo o chiringuito. E o primeiro que van facer é unha demostración «científica»(??) de como o poder do crucifixo é capaz de botar atrás aos demos mais coraxudos.

Así, a devandita Universidade está a organizar uns seminários que terán por obxecto examinar o fenómeno do satanismo con «seriedade e rigor científico«, evitando «enfoques superficiais ou sensacionalistas«, segundo Climati. A conferéncia en Roma axuntará a mais de 60 cregos desa igrexa, así coma a doutores, psicólogos, psiquiatras, profesores e xóvenes traballadores, coa intención de discutir os mellores xeitos de combater os perigos da adoración do demo.

Por suposto, o rigor científico desaparece cando a premisa é a aceptación de que os demos existen, pero non todo son malas novas: alomenos isto sinifica que a igrexa xa deixará en paz aos fans da música heavy e aos xogadores de rol.

Os malvados piratas da Internet destrúen á Filmax
A compañía hispano-galega Filmax, adicada á creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais, ven de presentar esta semana concurso voluntário de acreedores no xulgado mercantil número 4 de Barcelona cun pasivo de 174 millóns de euros, após de non lograr chegar a un acordo coas entidades financeiras.

Fontes do grupo explicaron que o concurso afectará a Filmax Entertainment, a empresa matriz, así como ás suas participadas Sogedasa, Castelao Productions, Bren Entertainment, Filmax Animation e Filmax Pictures.

Nombergantes, non ficará afectada, ao non ser avaladora da débeda, Castelao Pictures (que está a rodar agora mesmo os filmes Copico de Nieve, de Andrés G. Schauer, e Mientras Duerme, de Jaume Balagueró, así como a série de televisión Pulseras vermelles).

Tampouco entraron no concurso Produccións A Fonsagrada, con sede en Galiza, nin os multicinemas Pedrosa (na provincia de Barcelona) nin Filmax Lalin, que xestiona salas de cinema n’A Coruña.

As devanditas fontes afirmaron que dende que en 2009 se asinara a refinanciación da compañía, o grupo xa levara a cabo un plan de reestruturación que custou o posto de traballo á metade da plantilla (200 empregados). A intención da compañía, mália todo, é continuar cos seus servizos posto que «a produción, as vendas internacionais e a exhibición van ben«.

O problema, segundo o lugués Julio Fernández, presidente da Filmax, é a Internet, a piratería e as descargas, que segundo dixo, son «parásitos» contra os hai que loitar «cos mesmos médios que cos que se loita contra pederastas e terroristas«.

Da Web ao cinema
Se até agora víramos cómics convertidos en películas, telefilmes pasados ao cinema, libros que dan o chimpo á pantalla grande… fallaba que un sítio web tivera esa mesma oportunidade. E Musunahi, un sítio Web tamén coñecido coma o Museu da História Sobrenatural, vai converter-se nunha longametraxe grazas á Dreamworks Pictures.

A história vai-se centrar no encargado dun museu que é en realidade unha organización secreta que ten como obxectivo protexer e gardar os segredos mais grandes do mundo. Os estudos queren atopar dous escritores que transformen esta ideia nun guión.

O sítio web ten un tón mais ben humorístico, se ben non falla quen o tome todo coma feitos reais, e defíne-se a si mesmo coma «o National Geographic do mundo paranormal«, segundo o seu creador Ernest Lupinacci.

Walter Parkes e Laurie MacDonald serán os produtores desta adaptación ao cinema.

Autores fantásticos pásan-se á publicación directa
Edición tradicional, novos médios, ebooks… o mundo da edición está a pasar por augas revoltas mentres espera non pasar polo mesmo destino cá indústria musical.

Mentres, para os autores de Book View Cafe, a resposta aos problemas é aliar-se e tomar o mando. Este grupo de vinteséis autores galardonados e de éxito en vendas elixiron pasar da edición tradicional e sacar os seus últimos traballos directamente no formato Kindle de Amazon e no eReader de Sony.

Todos eles xa publicados anteriormente de xeito profesional, e moitos na actualidade baixo contrato con selos tradicionais de New York coma Random House, Tor Books e Simon & Schuster, os autores de Book View Cafe axuntáron-se por primeira vez en 2008 para crear bookviewcafe.com, un portal de ficción en liña. Armados cun século de experiéncia en todos os aspectos da edición, os miembros inclúen autores multipremiados na ciéncia-ficción e a fantasía coma Ursula K. Le Guin e Vonda N. McIntyre, bestsellers coma Sarah Smith e Laura Anne Gilman, e novos talentos coma Seanan McGuire.

Os títulos de Book View Press serán creados e editados polos membros da BVC, e postos á disposición a través das tendas do Kindle e do Sony eReader, así coma directamente en bookviewcafe.com. Ningunha casa editorial externa estará involucrada e os beneficios van directamente aos autores.

O primeiro proxecto de Book View Press é unha antoloxía de ciéncia-ficción, Rocket Boy and the Geek Girls, que incluirá obras de Vonda N. McIntyre, Katherine Kerr, Amy Sterling Casil, Irene Radford, Maya Bohnhoff e C.L. Anderson.

O seguinte proxecto será entre fantasía e ciéncia-ficción, unha antoloxía de histórias breves vencelladas titulada The Shadow Conspiracy e que aparecerá o vindeiro 15 de decembro. Estará ambientada nunha era victoriana alternativa chea de aeronaves e autómatas na que un alma humana pode ser roubada e o alma dunha máquina pode nacer.

O Crepúsculo virtual online
A compañía de videoxogos interactivos enfocada aos adolescentes Habbo vai colaborar coa Summit Entertainment para crear o que ainda faltaba por ver e que seica todos os rapaces (e especialmente rapazas) estaban a desexar: un mundo virtual ambientado en Twilight.

O espazo online incluirá actividades, contidos e enquisas centrados en Twilight. Os usuários poderán crear persoaxes de seu e interactuar (básicamente chatear) con outros usuários nun contorno virtual.

O sítio ten previsto escomezar as suas actividades co gallo da estrea nos cinemas da nova entrega da saga de Crepúsculo, que levará por título The Twilight Saga: New Moon.

Segundo informa a compañía, os nenos que entren neste mundo virtual poderán decorar as súas própias habitacións con elementos baseados no filme.

Habbo está implantado en 31 países, cun total de 13 millóns de usuários únicos cunha média de idade de 15 anos.

Ridley Scott anúncia unha nova série de CF para a Internet
Ridley Scott, director do clásico da ciéncia-ficción de 1982 Blade Runner, ven de anunciar que unha filial da súa compañía produtora de anúncios, a RSA Films, está a traballar nunha série de vídeo para a Web titulada Purefold, ambientada nun mundo futuro semellante ao da súa popular longametraxe.

Purefold é unha série de curtas de entre 5 e 10 minutos de duración cadansúa, vencelladas entre elas, e dirixidos principalmente a se emitir na Internet, e se cadra logo na televisión, e que está situada nalgún punto do tempo anterior a 2019, cando ten lugar o filme distópico que protagonizara Harrison Ford en Los Angeles.

Scott, o seu irmán Tony, e mais o seu fillo Luke están a desenvolver o proxecto xunto aos estudos independentes Ag8. A série non utilizará persoaxes ou situacións de Blade Runner (que está á súa vez baseada no clásico de Philip K. Dick Soñan os androides con ovellas eléctricas?) senón que se limitará a manexar temas semellantes.

Purefold tentará utilizar a opinión dos espectadores para continuar co guión, en conxunción co sítio web de redes sociais FriendFeed.

A série ten previsto debutar a finais deste verán, cun primeiro episódio que imaxinará acontecementos a ocurrir dous anos no noso futuro, e baixo o tema central de «O que sinifica ser humán?»

Whoopi Goldberg volve á CF na Internet
Vinte anos despois de participar na série Star Trek, a Nova Xeración, a actriz Whoopi Goldberg protagonizará unha série de seu de ciéncia-ficción na Web. A série chamará-se Stream e consistirá en seis episódios de cinco minutos cada un. Estreará-se o xoves na páxina de terror e rede de vídeos baixo demanda FEARnet.

A série chega un ano despois de que Goldberg, de 53 anos, anunciase o seu retiro do cinema para se centrar na apresentación do programa The View, no que substituiu a Rosie O´Donnell desde setembro de 2007. Goldberg dixo que a idea de actuar nun meio novo lle motiva especialmente, ao igual que a oportunidade de actuar en ciéncia-ficción e horror, dous dos seus xéneros favoritos.

«Retirei-me. Non fixera un filme desde fai tempo, e me perdin en como estaba a facer as cousas. Convertera-se en actuar por rutina, e non habia moito do que estivese a facer que me interesase«, dixo. «Pero a ideia de que podes estar a traballar e comprobar un webisódio gústa-me porque ese é o futuro. Podo reinventar o meu modo de actuar para poder retarme e ver a onde me leva na segunda metade da miña vida«.

Goldberg se fixo con unha forte base nos círculos da ciéncia-ficción co seu traballo en Star Trek: A nova xeración a finais dos 80 e primeiros 90. A actriz engadiu que é unha trekkie desde a infáncia, cando o seu creador Gene Roddenberry tivo os recursos de poñer a negros no futuro como personaxes da série orixinal dos 60.

En Stream, que consistirá en seis episodios de cinco minutos cada un, Goldberg é Jodi Quinn, un personaxe que loita cos seus demos persoais nun thriller de ciéncia-ficción que se move en tres etapas da sua vida.

A actriz, que fixo mais de 40 longametraxes e levou un Oscar á mellor actriz secundária polo seu papel no filme fantástico de 1990 Ghost, afirmou que acabou facendo comédia xa que ninguén lle pediu mais facer papeis de medo ou de ciéncia-ficción.

Volve o Grande Heroe Americano
Acredite-lo ou non, trinta anos despois, Ralph Hinkley e mais o reparto da série O grande heroe americano continúan sobrevoando o xénero fantástico, e esta vez achegándo-se ao mundo do cómic e da animación.

No decurso da Comic-Con celebrada en San Diego, o reparto daquela mítica série de televisión dos anos 80 revelou que axiña poderemos seguir disfrutando das súas aventuras, esta vez nunha série de cómic e ademáis en debuxos animados que se poderán ver na Internet. Lanzado pola editorial Catastrophic Comics, cuxo dono é o protagonista d’ O Grande Heroe Americano, William Katt, o cómic tentará revitalizar as histórias dun superheroe patoso que acada superpoderes ao se poñer un traxe que lle deron os extraterrestres.

«É unha série en marcha» – dixo Katt – «Imos facer seis tomos e mais unha novela gráfica para escomezar, e logo faremos outros seis. Logo nalgún intre no primeiro trimestre de 2009 lanzaremos as animacións en Flash pola Internet, así que haberá unha chea de diversión«.

Estas saborosas novas chegan para se engadir ao anúncio realizado polo produtor executivo Stephen J. Cannell de desenvolver unha longametraxe baseada na clásica série, e na que moi probábelmente aparecerán coma convidados os actores orixinais, William Katt, Robert Culp e Connie Selleca.

Cando lle preguntaron como se sentirá poñendo de novo o traxe vermello, Katt bromeou: «ainda quéda-me apretado na entreperna«.

MySpace resucita á Hammer
O terror da Hammer, influenza evidente en case toda a filmografía do cineasta Tim Burton, resucita a través do portal MySpace, que estrea na sua Web española Beyond the rave, unha série feita exclusivamente para a Internet pola lendária produtora inglesa, fundada en 1934.

Máis de 30 anos despois da sua derradeira produción, a Hammer, a produtora que recuperou para o espectador a persoaxes coma Drácula ou Frankestein, crea para esta Web unha série de terror de 20 episódios que xa se estreou nunha vintena de países e en 9 idiomas diferentes que se emitirá en España a razón de dous capítulos por semana, segundo asegurou MySpace España nun comunicado.

Beyond the rave conta a história de Ed, un xoven soldado inglés que decide disfrutar dunha aloucada noite antes de partir cara Irak, pero a sua celebración convírte-se en horror cando a sua moza desaparece nunha extraña festa «rave» no médio do bosque.

A série conta con Jamie Dornan, visto na Maria Antonieta de Sofia Coppola, e Sadie Frost, a ex muller de Jude Law, como protagonistas e co coñecido DJ inglés Pete Tong a cargo dunha banda sonora na que se poden escoitar os últimos éxitos de heroes da pista de baile coma Digitalism e Justice.