NOVA FANTASIA » Libros

Clare e Black escriben o Xuízo de Ferro
A Constantin Film, compañía responsábel da franquía de The Resident Evil, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema The Iron Trail, o primeiro libro dunha nova saga de novelas fantásticas dirixida aos adolescentes que chega grazas ao traballo conxunto das aclamadas escritoras Cassandra Clare (The Mortal Instruments) e Holly Black (The Spiderwick Chronicles).

A série, aínda sen publicar, narrará as aventuras dun neno de 12 anos chamado Callum Hunt, quen medrou aprendendo tres regras de memória: nunca confíes nun meigo, nunca aprobes un exame que che dea un meigo e nunca permitas que un meigo che leve ao Magisterium. Callum está por rachar as tres regras. E cando o faga, a súa vida vai mudar de xeitos que non pode nin imaxinar.

Clare e Black escribirán o guión para o cinema e ademáis serán as produtoras executivas. Robert Kulzer é o produtor.

Vollüspa, de Roberto Mendes
Calificación:

Antoloxía por Roberto Mendes

Hugo Mota Editora, 2012

Vollüspa é unha escolma de contos portugueses de xénero fantástico publicada recentemente pola Hugo Mota Editora e na que se dan cita da man do seu antoloxista, Roberto Mendes, histórias novas e vellas, autores novos e veteráns, das tres principais pólas do xénero fantástico: a ficción científica, o terror e mais a fantasía.

Se a ciéncia-ficción é definida decote coma a descrición do presente en termos de futuro, neste tomo atopamos outras aproximacións non menos interesantes, coma a fría descrición dun nadal no futuro mais comercial (Natal, de Carlos Silva) ou o futuro coma froito de conspiracións provintes do noso pasado (Eternidade, de João Ventura). E tamén a imaxinária descrición do universo por un lendário autor medieval, sen dúbida menos interesante cá do universo real, pero así e todo moito mais humana (O pequeno guía do ceu de Tristán de Sapincourt, por Afonso Cruz).

Mais preto da definición tradicional de ciéncia-ficción está a visión do futuro da nosa democrácia grazas ao avance da tecnoloxía (curioso que lin desta ideia por primeira vez aló polos anos 70, e xa daquela soaba moito menos fantástica que agora) descrita en A queda de Roma, antes da telenovela por Luís Filipe Silva. E asemade a redefinición da nosa história seguindo as convicións frías, científicas e positrónicas dunha raza de computadores… que aínda fala en termos relixiosos (Génesis, Apocalipse, de Roberto Mendes).

O terror é ese xénero sempre en decadéncia, lastrado pola súa pesada carga de goticismo que impide que recoñezamos os esforzos dos escritores por achega-lo á idade contemporánea. É o esforzo de José Manuel Morais en A vida é um sonho, da man dun psiquiatra demasiado vencellado aos pesadelos dos seus pacientes. Ou o da nova versión das lendas ruráis misturada co cinema mais actual dos serial killers que nos oferece José Pedro Lopes en O mal do noso rio.

E por fin, a fantasía, que grazas ao cinema e mais á literatura está a rexurdir nas últimas décadas coma o derradeiro verdadeiro reduto da expresión do xénero. E aquí sempre hai tempo para ver novas versións e voltas de rosca, mesmo con comezos clásicos coma os da herdanza que describe Álvaro de Sousa Holstein en A máquina, para min o conto mais refrescante e redondo dos que compoñen este libro. Pero tamén vemos a renovación do xénero no romanticismo de castelos e princesas de Disney (ou era de Tim Burton?) que tocan o piano grazas a Carina Portugal (O acorde das almas).

Pola súa banda, Carla Ribeiro amósa-nos cales poden ser as delicadas fronteiras entre fantasía e terror na fatalista A queda, e Joel Puga en O último albisca cal pode ser o destino dun vampiro perante o final dos tempos. Son outros xeitos de aproximación ao fantástico, que oferece posibilidades variadas, ás veces dirixidas a un público mais específico, se cadra os nenos que coma o Luís protagonizan A sala de Marcelina Gama en loita cunha bóla de pelo verde que escapa dos contos. Por non falar do mundo límite de completa loucura que describe Nuno Gonçalo en Enquanto dormias, mais o que é a fantasía senón outra forma de loucura?

E así chegamos ao fantástico de Pedro Ventura, que desta volta en Uma questião de lugar esquece o clasicismo da épica e léva-nos a un conto moderno que ben podería pasar por guión cinematográfico de televisión dos anos 50 para adolescentes tipo Twilight Zone (pero iso si, dirixido por M. Night Shyalaman). O libro remata con outro conto que nos convida a relembrar a fantasía que forma parte da nosa actualidade, as creacións dos pastores da idade de bronce que aínda guían a vida de moita xente no mundo en Vermelho de Regina Catarino.

Vollüspa é ao cabo unha boa nova sen dúbida para a literatura en xeral, que precisa de que a fantasía lle forneza da irrealidade que todos procuramos cando decidimos mergullar-nos nas páxinas dun libro.

A torre prohibida gaña o Prémio Minotauro
O Prémio Minotauro 2012, que dende hai nove anos é outorgado á millor novela inédita de ciéncia-ficción, terror ou fantasía pola editorial Minotauro, recaíu este ano na obra La torre prohibida, da que son coautores David Zurdo Saíz e Ángel Gutiérrez Tapia. O xurado estivo formado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Montse de Paz e José López Jara. A dotación económica do galardón é de 10.000 euros e este ano presentáron-se 227 orixinais. A obra será publicada en marzo.

Os dous autores son madrileños e enxeñeiros técnicos pola Universidade Polítécnica de Madrid. David Zurdo colabora na prensa escrita, en televisión e, sobre todo, en diversos programas de canles de rádio conservadores. Ángel Gutiérrez é colaborador de numerosos programas de rádio e televisión e tamén publicou artigos en diversos médios da prensa escrita.

Respeito á novela, tráta-se dun thriller de terror que transcurre nunha clínica onde é ingresado un xornalista de sucesos que perdeu a memória após de sofrir un accidente. No seu hospital, todos os internos padecen amnésia, pero o que ninguén lle conta é que todos os enfermos sofren pesadelos recurrentes, soños terríbeis que se repiten cada noite.

O talismán dos druídas
“Para ti o hermetismo das estrelas e os fenômenos naturais ficam ao descoberto.”

Carballude Blanco, Xosé : O talismán dos druidas. Ed. Galaxia, col. Árbore, 1990 (2ª ed.), p. 98.

O argumento

“No ano 970 dos povos Nérios tudo é devastação derredor do castro nério de Aramel, ao pé do rio Ceso. O conselho de anciãs junta-se para debater sobre a fúria dos espíritos que padecem desde há muitíssimas luas. Sem druidas, dos que só queda o cego Arístides, não há já quem interprete a linguagem dos astros e os seus movimentos. Um ataque dos romanos suporia a destruição do povo nério e o conselho de anciãs debate a necessidade de volverem trabalhar as minas para se armarem, enviarem uma delegação à Gália para falar com Efrén, o chefe supremo dos druidas, ou estabelecerem uma aliança com Roma.

Arístides, o velho druida, é o único que conhece a solução verdadeira: há que ir à Fim da Terra e procurar o diamante perdido para como ele matar o Megalikós, uma fera com cabeça de dragão, tronco e coxas de homem e rabo de lagarto gigante que vive nas minas e se faz invisível aos olhos dos profanos da ciência oculta nas estrelas, no voo das aves ou na disposição dos elementos da natureza. Mas só uma pessoa é quem de levar adiante este cometido e enfrentar-se ao Megalikós: Kanerez, o acompanhante de Arístides.”

Relato fantástico em espaço de novela histórica

A partir de esta apresentação própria da melhor fantasia heróica, Pepe Carbalhude n’O talismán dos druidas, etidada por Galaxia na colecção Árbore, 99 pp. (de momento não há edição no Acordo Ortográfico) debulha uma paisagem dominada pela natureza percorrida com as aventuras de Kanerez/U-xio, um personagem totalmente imaginário, sem precedentes históricos ou mesmo literários, que terá de ir passando sucessivas provas na sua determinação por cumprir um objectivo.

Cada novo reto é uma pequena história, um relato curto com sentido de seu. Os seus personagens ligados entre si pelo percorrido do herói por um espaço identificado com o universo legendário de uma geografia occidental galega recriada, mais do que imaginada, até mesmo conseguir verdadeiras cenas de reconstrução histórica, próprias de disciplinas que procuram e se regem desde a objectividade, totalmente alheias à ficcionalidade da literatura.

Nesta linha de juntar história e fantasia o autor combina elementos da história real (por ex. deidades tiradas da epigrafia conservada hoje em dia, alusões ao mundo romano) com personagens e seres míticos inventados. Espaços legendários do mundo céltico aparecem de par de, por exemplo, o que se supõe interior de Bergantinhos, inacessível e desconhecido para o povo dos Nérios e Cáparos pela densidade da sua vegetação; ou a Terra de Montes/Taveirós, ligada às feiras e os cavalos.

Mistura-se o maravilhoso, a mera digressão fantástica a procurar o entretimento do leitor por meio da surpresa própria do mágico e irreal, com uma dimensão de novela histórica tirada de feitos, objectos e paisagens reais, contrastáveis, que nos devolvem uma realidade tal e como ela foi, com uma precisão própria de quem é, porque o é, um erudito na época na que se assenta a acção narrada.

Influências literárias explícitas: Tolkien e Pondal

A novela começa com uma cita de Tolkien, d’O Senhor dos Aneis, uma indicação clara da sua orientação. Mas acô há elementos originais, que vão mais alô da fantasia ao modo tolkenião.

Se o mundo de Tolkien pretende ser totalmente imaginário, tanto na consideração dos seus personagens (elfos, hobbits, entes, orcs …) como na sua geografia (a terra média recria um espaço fabulado, sem referência, quando menos directa, aos nossos continentes) e é só através do simbolismo ou o estabelecimento de analogias que poderiamos determinar paralelos no universo real e presente, em Carbalhude estamos ante uma obra que nos apresenta um mundo facilmente reconhecível, um espaço que podemos percorrer hoje em dia com nomes que o identificam inequivocamente.

E aqui radica uma das grandes contribuições de esta novela: o modo de recriar essa geografia é pondalião. Pepe Carbalhude está a entroncar directamente com a melhor tradição literária, juntando a Pondal e Tolkien de maneira absolutamente magistral.

Entrar na descrição das peripécias e aventuras suporia adiantar informação que privaria ao leitor da emoção da leitura. Procede melhor comentar exemplos de elementos secundários, independentes da evolução da narração. Por exemplo, os nomes próprios.

O uso de antropônimos inventados com sonoridade exótica (Monderak, Tom uk Morvak, Goibniu, Hopper-Kull) ou a re-elaboração –aparentemente sem uma regra definida- de termos que guardam uma certa similitude com línguas antigas (v.g. personificações da natureza ao modo de Gren, Selene, Domnu, Loche; topônimos como Nemeton por Monte Neme e antropônimos como Numed e Noembal), é recurso mais freqüentado por Tolkien ainda que haja exemplos também em Pondal.

Os antropônimos procedentes da toponímia (e antroponímia) como Gundar e Valdomir, a querença pelos personagens helênicos (Arístides, Tísias, Euro) e a procura de sonoridades ou disposição de nomes do âmbito lingüístico galego na procura de uma suposta maior semelhança à escrita da línguas célticas (U-xio), entram na linha da tradição mais pondaliã.

Para alem do recurso meramente lingüístico, a toponímia e a sua paisagem têm um significado de seu. Como em Pondal, são o vencelho profundo no que permanece viva a essência do mundo que se pretende recriar, porque seguem ainda hoje em dia presentes, e é com o poder da literatura que ganham de novo toda a sua força, que nos transmitem a mensagem procedente da noite dos tempos. Eis mais uma similitude com Pondal.

E mais do que mera similitude. Por momentos a prosa parece directamente inspirada na poesia do bardo da Ponte-ceso.

Assim o rio que corre de par do castro que protagoniza a novela chama-se o Ceso e ‘murmura os cantos monocordes dos primitivos himnos celtas’(p. 29), uma referência evidente ao monótono fungar do confim dos verdes castros do himno pondalião, ainda mais clara (p. 94) quando se diz que o rio é ‘só inteligível aos bons e generosos’.

O próprio Pondal aparece na obra como um personagem muito secundário quando de novo o Ceso, no seu gurgulhar, vaticina ‘o nacimento do bardo pátrio’ (p.94).

Três naturezas

Esta clara influência pondaliã reflicte-se também na aparição de uma conexão íntima e profunda com a natureza, tanto, que a topamos descrita com um detalhe, com um cuidado, com uma atenção que por vezes parece estamos ante um relatório elaborado por um botânico.

Cada paisagem é identificada pela sua flora. Ao leitor ou leitora atentos proponho-lhe repararem em como conforme evoluem os cenários assim também a flora e a fauna; não como simples complementos descritivos, não, mas como elementos que conformam um significado simbólico: locações mais exóticas têm também plantas e animais mais exóticos.

Mesmo o argumento principal que desencadeia a evolução das aventuras poderia descrever-se como a procura do equilíbrio natural roto, descrito na paisagem inicial: a observação da devastação e a morte dos animais interpreta-se como augúrio de catástrofes ainda maiores. É a própria natureza a que requer e provoca a acção heroica.

E toda acção requer um narrador. Uma espécie de bardo, garda do conhecimento heróico e druídico, acô a falar em prosa para nos adentrar, subtilmente, sem deixar a narração épica do argumento principal (esta é, principalmente, uma novela de aventuras), no conhecimento da natureza. Como Karenez/U-xio, o leitor é convidado a descobri-la, com os seus nomes, nas plantas, nos animais, nos elementos inanimados da Terra e no céu: ‘descobriu o Carro Grande com as suas sete estrelas. Debaixo, o Carro pequeno com uma enorme Estrela Polar brilhante…’(p.87) E aqui é onde radica outro dos pontos a destacar da obra: há três formas distintas de natureza.

Primeiro existe uma natureza selvagem, visível nas paisagens, na fauna e nos pássaros bravios, similar à do bardo bergantinhã que busca o rebordão, o livre, o que arreda do homem.

Em segundo lugar há uma outra natureza mágica, que não responde às leis convencionais do nosso cosmos, maravilhosa, sobre-natural daquela, permita-se-me a contradição terminológica, de animais personificados ou seres fabulados como na obra de Tolkien. É a natureza identificada com o género fantástico. Existe apenas na literatura.

E finalmente, e sobretudo, e predominantemente na obra de Pepe, há uma reconstrução de uma natureza usada por uma sociedade num momento histórico determinado. Ao serviço dos seres humanos: como fonte de conhecimento druídico (nas ervas e astros particularmente) ou mero instrumentos dos personagens que a tem à sua disposição como caça, como cultivo, como materiais. E esta última recriação faz-se desde um conhecimento profundo da sociedade do momento, como se um naturista estiver a descrever o eco-sistema criado pelo ser humano de há dois milênios usando as técnicas da melhor novela histórica.

Público

Em todos os sentidos esta obrinha é um relato que, de acordo, pode ter sido concebido para um público juvenil, mas acho uma delícia não só para adultos em geral, mas particularmente para quem tenha certos conhecimentos da tradição literária galega pondaliã e o mundo céltico.

E sobretudo para quem queira aprender da antiga relação do ser humano com a natureza por via da aventura e a fantasia.

Reli três vezes e segue a surpreender-me.

Apêndices que podem ser útiles

INDICE DE TERMOS CLASSIFICADOS POR ORDE DE APARIÇÃO COM ALGUMAS LIGAÇÕES E ESPECIAL ATENÇÃO AOS MAIS AMBÍGUOS OU DE SIGNIFICAÇÃO MENOS CLARA.

Para melhorar a compreensão e mesmo ajudar a resolver a ambigüidade adapta-se parcialmente a grafia.

Materiais

pérolas 12

prata 12, 62

estanho13, 17, 62

ouro 13, 17, 47, 62, 63, 80, 88, 92

wolfrámio

diamantes 13, 74, 81, 83, 91, 96, 98

rubis 13, 66, 81

gemas preciosas 13 (pedras preciosas:http://pt.wikipedia.org/wiki/Pedra_preciosa )

auga 18 (água: http://pt.wikipedia.org/wiki/%C3%81gua)

xofrado 24, xofre 25: (enxofre: http://pt.wikipedia.org/wiki/Enxofre)

pizarra 40, 80 (lousa ardósia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ard%C3%B3sia)

ferro 62, 63

pez 62 (betume:  http://pt.wikipedia.org/wiki/Pez)

cobre 62

cristal 67, 81, 83, 95, 96

aceiro 68 (aço:http://pt.wikipedia.org/wiki/A%C3%A7o)

barro 81, 87

caolin 81 (caulim: http://pt.wikipedia.org/wiki/Caulim )

topácios 92 (topázio:http://pt.wikipedia.org/wiki/Top%C3%A1zio)

esmeraldas 92

Astronomia e fenómenos naturais

Gren, o sol 14, 51, 65, 72, 74, 80, 90, 96

lua 43, 46, 80, 88

os astros e o seu movimento (14) (corpos celestes: http://pt.wikipedia.org/wiki/Corpos_celestes)

chuvia 18, 49 (chuva: http://pt.wikipedia.org/wiki/Chuva)

vento xostregante 18 (rajadas:http://pt.wikipedia.org/wiki/Vento)

disposição das estrelas 18 (asterismos: http://pt.wikipedia.org/wiki/Asterismo_(astronomia))

arco da velha 23 (arco-íris: http://pt.wikipedia.org/wiki/Arco-%C3%ADris)

ceu 29 (céu: http://pt.wikipedia.org/wiki/C%C3%A9u)

constelações 35

Osa Maior 43 (Ursa Major: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ursa_maior)

néboa 46, 67 brétema 99 (névoa: http://pt.wikipedia.org/wiki/N%C3%A9voa)

xeada 75 (geada:  http://pt.wikipedia.org/wiki/Geada )

Carro Grande 87 (Ursa Major: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ursa_major)

Carro Pequeno 88 (Ursa minor: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ursa_minor)

Estrela Polar 88, 89, 90

nimbo 88

Setestrelo 89 ( Ursa Major:http://pt.wikipedia.org/wiki/Ursa_major )

cirro 93

cometa 98

aura celeste 98

iceberg 99

Foi particularmente de muita utilidade para os seguintes dois glossários  o dicionário on-line Estraviz.

Animais

cobra 12, 76, 94 serpe 75, 79, 81, 94, 95

voitre13, 20. 39, 58, 79 (abutre: http://pt.wikipedia.org/wiki/Abutre)

minhato 13, 20, 23, 96 (minhoto: http://pt.wikipedia.org/wiki/Buteo_buteo)

falcóns 96 ( falcões: http://pt.wikipedia.org/wiki/Falc%C3%A3o)

becerro 13, 32, 44, 80 vaca 76 (bezerro:http://pt.wikipedia.org/wiki/Bezerro)

anho 13, ovelha 40, 44, 58 carneiro 85 (ovelha: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ovelha)

cabrito 13, castrom 61 cabra 86 (cabrito, cabra, bode : http://pt.wikipedia.org/wiki/Cabra

cocho13 porco 44, 48, 86

raposo 21, 58

coelhinhos 13, coelho 35, 85

perdiz 13, 70

xabarim 13, 35, 80, 85 porco bravo 29 (cocho bravo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Sus_scrofa’)

cervo, 52 ( http://pt.wikipedia.org/wiki/Cervidae)

gamo 13 ( http://pt.wikipedia.org/wiki/Gamo)

veado 13, 35, 48 ( http://pt.wikipedia.org/wiki/Veado )

corvo 20, 39, 96

lagarteiro 20, 54 ( peneireiro: http://pt.wikipedia.org/wiki/Peneireiro-vulgar)

lagarto arnal 23 ( Lacerta viridis: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:2007-05_Eidechse_02.jpg)

lagarto gigante 24 ( basilisco:http://pt.wikipedia.org/wiki/Basilisco)

toupa 25 (toupeira: http://pt.wikipedia.org/wiki/Toupeira)

cã de caça 25, xauria 29 (cão de caça, matilha: http://pt.wikipedia.org/wiki/C%C3%A3o_de_ca%C3%A7a)

primate 25 ( primatas: ‘http://pt.wikipedia.org/wiki/Primate)

gaio 30, 90, 91, 92 ( gaio comum:http://pt.wikipedia.org/wiki/Gaio-comum)

bivalvo 30

cisne 35, 72, 89

grúa 35 (grua, grou: http://pt.wikipedia.org/wiki/Grou-comum)

galo 39 ( galinha: http://pt.wikipedia.org/wiki/Galinha)

salmão 40

pirulicos 40 (bilurico, cacongo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Tringa_totanus)

xirim 40 (chamariz: http://pt.wikipedia.org/wiki/Serinus_serinus)

paporrúbio 40 (papo-ruivo, pisco-de-peito-ruivo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Erithacus_rubecula)

carriço 40 ( carriça: http://pt.wikipedia.org/wiki/Carri%C3%A7a)

lebre 40, 44, 85, 89 lebre branca 48

oso 41, 78, 85, 87, 86 ( urso: http://pt.wikipedia.org/wiki/Urso)

cangrexo de rio 44 (caranguejo do rio: http://pt.wikipedia.org/wiki/Caranguejo-do-rio)

pescada 44 (pescada: ‘http://pt.wikipedia.org/wiki/Pescada)

jurelo 44 (carapau: http://pt.wikipedia.org/wiki/Trachurus_trachurus)

langosta 44 ( lagosta: http://pt.wikipedia.org/wiki/Lagosta)

lavandeira 47 (alvéola: http://pt.wikipedia.org/wiki/Alv%C3%A9ola)

morcego 47, 93

pomba 48

merlo 48 (melro: http://pt.wikipedia.org/wiki/Turdus_merula)

bolboretas 48 (borboleta: http://pt.wikipedia.org/wiki/Borboleta)

cavalo 52, 54, 55, 56, 58, 59, 67, 80, 82, 89 corcel 89

lontra 55

saltóm 56 ( saltão, gafanhoto: http://pt.wikipedia.org/wiki/Gafanhoto)

gaivota 61, 67

tourinha 61 (toninha: http://pt.wikipedia.org/wiki/Toninha-comum)

cachalote 61

coral 66

reisenhor 70 (rouxinol: http://pt.wikipedia.org/wiki/Rouxinol)

periquito 70 (inseparáveis: http://pt.wikipedia.org/wiki/Agapornis)

abelha 71

andorinha 72

águia 72, 74

pega rabilonga 75 (pega-rabuda: http://pt.wikipedia.org/wiki/Pega_rabilonga)

minhoca, lombriga 75 (minhoca: http://pt.wikipedia.org/wiki/Minhoca)

bubela 75 (boubela, poupa: http://pt.wikipedia.org/wiki/Poupa)

pombo 80 (pombo bravo:http://pt.wikipedia.org/wiki/Pombo-torcaz)

centola 80 (santola: http://pt.wikipedia.org/wiki/Maja_squinado)

ostra 80

ameixa 80 (http://gl.wikipedia.org/wiki/Ameixa_(molusco))

lobo 85

esquio 85 ( esquilo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Esquilo)

denocinha 85 (doninha-anã: http://pt.wikipedia.org/wiki/Doninha-an%C3%A3)

rato 85

curuxa 88, 89, 94 (coruja: http://pt.wikipedia.org/wiki/Coruja)

galgo 89 (lebréu: http://pt.wikipedia.org/wiki/Galgo)

balea 91, 92 (baleia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Baleia)

moucho 93, 94, 95

sapoconcho 95 (Testudinata: http://pt.wikipedia.org/wiki/Testudinata)

pega marcenha 96 (pega rebordã: http://pt.wikipedia.org/wiki/Garrulus_glandarius )

Plantas

milho miúdo 12, 65 (milhete: http://pt.wikipedia.org/wiki/Milhete)

faba 12, 19 (feijão:http://pt.wikipedia.org/wiki/Phaseolus_vulgaris)

leguminosas 12 (Fabaceae:http://pt.wikipedia.org/wiki/Leguminosas)

castinheiro 12, 84 castanhas 46

carvalho 13, 19, 33, 47, 92 landras 19 (landes:http://pt.wikipedia.org/wiki/Carvalho)

cepas 16 uva 40 vinhas 65

centeo 16, 40 (centeio:http://pt.wikipedia.org/wiki/Centeio)

trigo 16

chícharos 19 (ervilha:http://pt.wikipedia.org/wiki/Ervilha)

liana 31, enredadeira 85 (cipós, trepadeiras: ‘http://pt.wikipedia.org/wiki/Liana)

xesta 31, 47 (giesta: http://pt.wikipedia.org/wiki/Giesta)

mazá 40 (maçã:http://pt.wikipedia.org/wiki/Ma%C3%A7%C3%A3)

palha milha 40 ( palha: http://pt.wikipedia.org/wiki/Palha, milho: ‘http://pt.wikipedia.org/wiki/Milho)

bidueiro 40, 92 (vidoeiro-branco: http://pt.wikipedia.org/wiki/Betula_pendula)

vimbio 43 (vimieiro: http://pt.wikipedia.org/wiki/Vime)

medronheiro 47 (êrvedo: http://pt.wikipedia.org/wiki/Medronheiro)

nespereira 47

perucheiro bravo 47 ( pera brava: http://pt.wikipedia.org/wiki/Pyrus)

fento 47, 49, 93 (fieita: http://pt.wikipedia.org/wiki/Samambaia)

carpazas 47 (Certas espécies dos géneros Cistus: http://pt.wikipedia.org/wiki/Cistus e Erica : http://pt.wikipedia.org/wiki/Erica_(g%C3%A9nero) )

tojo 53, 80, 93

malvavisco 54 (malvarisco: http://pt.wikipedia.org/wiki/Althaea)

ruda 56 (arruda:http://pt.wikipedia.org/wiki/Ruta_graveolens)

grama 56

asente 56 (absintio:http://gl.wikipedia.org/wiki/Absintio)

dentrabum 56, 80 (fieita real, dentabrú:http://gl.wikipedia.org/wiki/Fieito_real)

acinheira 63, 71, 72, 86

laranxeira 65

milhã 65

faia 67, 84

tomilho 70

madressilvas 70

rosa 71

árnica 80 (http://pt.wikipedia.org/wiki/Arnica)

muraxa 80 (muruja? Stellaria http://pt.wikipedia.org/wiki/Stellaria e http://pt.wikipedia.org/wiki/Fumaria)

erva dos peitos 80 (lapsana: http://en.wikipedia.org/wiki/Lapsana)

malvela 80 (malvella: http://pt.wikipedia.org/wiki/Malvella)

erva limoeira 80 (capim-limão: http://pt.wikipedia.org/wiki/Cymbopogon_citratus)

ameixa 80 (ameixeira: http://pt.wikipedia.org/wiki/Ameixa)

néspera 80 (nespereira: http://pt.wikipedia.org/wiki/Nespereira_(%C3%A1rvore))

pavia 80 (variedade de pessegueiro: http://pt.wikipedia.org/wiki/P%C3%AAssego)

amora 80 (http://pt.wikipedia.org/wiki/Amora)

buxo 85

marmeleiro 85

oliveira 88

pinheiro manso 90

abeto 90

margarida silvestre 90

ervaluisa 92 (Aloysia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Aloysia )

O Regresso dos Deuses – Rebelião
O Regresso dos Deuses - Rebelião

Calificación:

Pedro Ventura

Editorial: Presença (2011)

Lembro que cando rematei de lér a segunda novela de Pedro Ventura (Goor II – A Crónica de Feaglar, aló polo 2007) puiden dicir sen temor ao ridículo que viña de rematar a millor novela de xénero fantástico da miña vida. Aquela novela era o cabo a unha história de coraxe, aventuras e humanidade que tan só facían desexar lér mais e mais.

Agora, por fin e após dunha longa espera de catro anos, chega un novo libro do mesmo autor. Non é exactamente unha continuación das mesmas aventuras, porque se pode lér perfectamente por separado, pero si que está mergullada no mesmo universo… só que uns cantos anos despois. Após dun longo sono de várias décadas, Calédra, a bela guerreira aurabrana, esperta subitamente nunha realidade que lle é estraña, un tempo que non é o seu. A antiga raiña dos aurabranos é unha persoa altiva, arrogante, sobérbia, de ética mais ca dubidosa… pero tamén valente, poderosa, compasiva… é moito mais humana do que a ela mesma lle gustaría ser.

A novela contará-nos algúns anacos da súa história pasada e as aventuras do seu trepidante presente, nun mundo dominado polos Holkan, unha raza de seres que invadiron o antigo reino de Feaglar e que queren facer-se co resto dos Sete Reinos. Calédra, xa convertida en protagonista única e indiscutíbel desta história, pasará algún tempo antes de querer recoñecer que a súa misión é impedir que os Divinos conquisten o mundo, ainda que iso supoña loitar liderando aos humanos, unha raza da que ela non forma parte.

As dúas anteriores novelas de Ventura deixaban cunha dobre sensación: a de ter lido algo extraordinário, unha literatura que mistura á perfección a épica e o drama, e a de querer continuar lendo, coidando que isto non pode rematar así. Nesta ocasión a sensación é a de que a novela é unha longa introdución a un persoaxe que xa coñeciamos, a outros novos que van desaparecendo dun xeito inesperado e aos fillos dos fillos dos que só fica unha sombra da grandeza dos seus antepasados; pero ao remate, coma nunha curva expoñencial, o interese do leitor aumenta até que ficamos no médio dun cliffhanger que non só merece senón que esixe unha continuación inmediata.

En resumidas contas, unha novela cuxo nivel se achega moito á Goor I. Tan só cabe agardar que a continuación sexa alomenos unha pálida sombra do que foi Goor II, porque iso xa sería abondo como para lle outorgar a nosa confianza.

O regresso dos deuses – Rebelião
É con grande ledícia que temos que anunciar o lanzamento, por fin e após de non poucas esperas, do primeiro tomo dunha nova saga fantástica do escritor Pedro Ventura, o autor desa obra mestra titulada Goor – A Crónica de Feaglar.

Mália ser «herdeiro» dos sucesos narrados na anterior saga, este novo traballo non é unha continuación directa dos libros anteriores. Comparte o mesmo mundo, pero a acción decorre moitos anos após dos acontecementos relatados en Goor – volume II.

Após um longo sono de várias décadas, Calédra, a bela guerreira aurabrana, desperta subitamente para uma realidade que lhe é estranha, um tempo que não é o seu. Antiga rainha dos aurabranos e senhora de um passado obscuro, Calédra, outrora conhecida como a Portadora da Luz, está destinada a protagonizar uma missão quase impossível – salvar o mundo, e muito em particular os humanos, da crescente ameaça representada pelo domínio Holkan. Ao longo desta saga extraordinária, são muitos (e improváveis) os aliados que Calédra vai encontrando, e muitas são também as vezes em que a guerreira enfrenta inimigos terríveis – como Mugar-Abe, o tenebroso regente do reino e aliado dos Holkan – e se vê às portas da morte. Mas o seu espírito singular e inquebrantável promete dar luta aos seus inimigos e cativar-nos desde logo, pela sua determinação, levando-nos a ler com insaciável voracidade as páginas deste épico vibrante.

Segundo declarou nunha entrevista o mesmo autor, «desta vez abdico da estrutura de Demanda, por exemplo. Mas recorro à minha personagem fetiche dos livros anteriores – esta é a sua “Crónica”. A indomável Calédra embarca numa nova “missão”, a mais importante por ser também uma autodescoberta da sua singularidade e dos eventos que a geraram, encimando uma galeria de personagens que, ao invés de serem seleccionadas pelas suas virtudes ou defeitos, são-no pela conjuntura, pela sua condição e, essencialmente, por um instinto universal: a sobrevivência«.

O libro está xa á venda dende o pasado 19 de abril e póde-se atopar nas librarías portuguesas, coma esta (ollo cos gastos de envío). Esperamos axiña ve-lo tamén dispoñíbel nas librarías galegas.

King anúncia outra entrega da Torre Escura
Nunha nota feita pública onte e dirixida aos seus lectores a través do seu sítio Web, Stephen King, o mestre do terror, ven de anunciar un novo episódio para a súa saga d’A Torre Escura.

«A história importante de Roland e o seu ka-tet estába xa contada, pero decatei-me de que había alomenos un burato no avance da narración: o que lle aconteceu a Roland, Jake, Eddie, Susannah e Oy entre o momento en que deixan a Cidade Esmeralda (o remate de Wizard and Glass) e cando os atopamos outra vez, ás afóras de Calla Bryn Sturgis (o comezo de Wolves of the Calla)?«, explicou King, quen engadiu algúns detalles: «Houbo unha treboada, decidín. Unha dunha intensidade feroz e repentina. Pouco a pouco unha história escomezou a tomar forma. Vin unha ringleira de xinetes, ún deles o vello amigo de Roland, Jamie DeCurry, aparecendo entre unha nube de pó ácido, e cabezas curtadas  empaladas en postes. Vin un pantano cheo de perigos e terrores. Vin só abondo como para querer ver o resto…«.

O resultado destas visións será unha novela titulada The Wind Through the Keyhole, e que xa está rematada e disposta para aparecer nos andéis das librarías o ano que ven. O libro é mais curto cás entregas 2 á 7 da saga pero un pouco mais longo có primeiro da série, na que encaixaría entre os tomos 4 e 5. Segundo King, «Non vai cambiar a vida a ninguén, pero ceos, eu divertin-me«.

Canzón de Xeo e Fogo, quinta parte
O vindeiro libro da saga de George R.R. Martin Canzón de Xeo e Fogo xa conta por fin cunha data de publicación.

Após de seis longos anos de espera, a quinta entrega desta saga literária que está a ser levada á televisión actualmente está xa cada vez mais preto do seu remate (a ideia é chegar aos 7 tomos). O título do libro será A Dance With Dragons e aparecerá nos andéis das librarías o vindeiro 12 de xullo. O manuscrito é moi grande, o que pode facer chegar o libro até as 900 páxinas, mais ou menos o mesmo que A Storm of Swords, que foi a terceira parte.

Segundo o seu autor, o traballo levou-lle mais do agardado porque «é moi complicado. Teño unha chea de persoaxes e puntos de vista. E fixen unha manchea de revisións, tentando chegar a onde quería chegar. Algúns dos capítulos foron reescritos mais veces das que podo contar antes de que estivera satisfeito con eles«.

Ao respeito do argumento, Martin non quixo ser moi explícito: «Non quero chafar ningunha sorpresa. Podo dicir que todos os persoaxes que estivo agardando a xente están aí: Daenerys, Jon Snow e Tyrion. Tamén hai novos persoaxes, e puntos de vista de persoaxes que non tiveran puntos de vista anteriormente«.

O Señor dos Anéis dende o outro lado
Non importa o malo que poidas ser, que nunca chegarás ao nivel das hordas de Mordor descritas por J.R.R. Tolkien en O Señor dos Anéis. Liderados por unha entidade pantasmal que se manifesta coma un xigantesco ollo de lume sen párpados, e composta por repugnantes orcos, trolls e estranxeiros, os exércitos de Mordor son ao final derrotados e aniquilados polos virtuosos e nobres elfos, os ananos e os seres humanos, unha unión coñecida coma «os povos libres» da Terra Média. Ninguén derramou nin unha soa bágoa pola caída de Mordor, se ben o hobbit Sam Gamgee preguntou-se por un segundo se un soldado inimigo morto é verdadeiramente malo ou se simplemente foi mal dirixido ou obrigado a servir ao señor escuro Sauron.

O certo é que en todas as histórias hai duas faces, ou por citar aos que gostan de relativiza-lo todo, a história escríbena os vencedores. E esa é a filosofía que subxaz após The Last Ringbearer (O derradeiro portador do anel), unha novela ambientada durante e despois da Guerra do Anel (a batalla decisiva ao remate de O Señor dos Anéis) e narrada dende o punto de vista dos perdedores. Nela, Gandalf xa non é un loitador pola liberdade senón un señor da guerra que se opón á ciéncia e á tecnoloxía e que pretende que todo sega sendo sempre coma sempre foi.

A novela foi escrita por Kirill Yeskov, un paleontólogo ruso, e publicada con grande éxito no seu país en 1999. Noutros países apareceron co tempo traducións, pero os herdeiros de Tolkien vixían con man de ferro que ninguén lles faga sombra sobre o seu tesouro: os prezados dereitos de autor grazas aos cales viven sen traballar, polo que prohibiron a súa publicación en inglés durante todos estes anos.

Nombergantes, todo iso mudou cando o ano pasado Yisroel Markov publicou a súa tradución ao inglés de The Last Ringbearer como descarga gratuíta neste sítio Web. Ainda que algunhas pasaxes peor traducidas do libro foran publicadas anteriormente en vários sítios Web, a de Markov é a versión oficial, producida coa cooperación e amais a aprobación do mesmo Yeskov. E ainda que o status da nova tradución é ainda de prohibición total nos países onde os dereitos de autor son mais importantes có dereito á sanidade pública, por poñer un exemplo, o feito de que a nova tradución sexa gratuíta impide que ninguén poida presentar accións legais, xa que non hai benefícios económicos para ninguén.

A Cidade sen estrelas gaña o Minotáuro
O xurado, correspondente a 2011 e integrado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Víctor Conde (gañador do ano pasado) e José López Jara (secretário), acordou por unanimidade conceder o Premio Minotauro 2011, dotado con 10.000 euros, á novela Ciudad sin estrellas, da escritora Montse de Paz.

Edicións Minotauro publicará a obra gañadora desta oitava edición do prémio no decurso do mes de marzo de 2011. O prémio é o millor dotado en español e ún dos mais prestixiosos na mesma língua.

Montse de Paz Toldrá naceu en Lérida en 1970. Licenciada en Filoloxía Inglesa, traballa e colabora con organizacións humanitárias dende hai mais de vinte anos. É asemade redactora e directora de dúas revistas, escribiu guións para programas de rádio sobre valores humanos e imparte parolas sobre solidariedade e voluntariado. Na actualidade reside en Barcelona, onde é co-directora da Fundación ARSIS.

De Paz escribiu vários libros de ficción, poesía, unha colección de relatos curtos e dous ensáios. En marzo de 2006 obtivo o segundo Prémio Literario da Federación Andaluza de Comunidades (Premios FAC) e até de agora publicara publicou Estirpe Salvaje, Mujeres de Dios e Cómo curar los sentimientos negativos.

A novela gañadora, Ciudad sin estrellas, é un relato  de ciéncia-ficción sobre a perda da inocéncia e a procura da liberdade que xira ao redor de Ziénaga, un paradiso de cemento e neón, baixo un ceo invariábelmente gris durante o día e alaranxado pola noite. Pero nos foros dos cazadores de antigüidades fála-se doutro mundo fóra dos muros da cidade. Un mundo moi diferente ao das versións oficiais, segundo as que hai só un deserto que rodea as escasas zonas habitábeis do planeta. As autoridades estatais queren sufocar os rumores e os chamados «misticoides» son considerados rebeldes e castigados polo sistema.

Un serán, no solpor, mentres se dirixe cos seus amigos ao burdel de luxo mais afamado da metrópoli, Perseo Stone tomará una decisión e confesará aos seus colegas un plan insólito que fará tremer os seu mundo.

Entre os anteriores gañadores deste prémio atópan-se algúns dos nomes mais salientábeis da ciéncia-ficción en español, coma León Arsenal con Máscaras de matar, Rodolfo Martínez con Los sicarios del cielo e Javier Negrete con Señores del Olimpo, pero tamén hai casos de gañadores controvertidos coma o misteriólogo Fernando J.  López del Oso con El Templo de la Luna.

Beowulf e os Relatos Verídicos, en galego
A colección Vétera da editorial Rinoceronte volve presentar ao público galego un par de clásicos da literatura universal, que nesta ocasión teñen marcado caracter fantástico: Beowulf, o primeiro texto anglosaxón, e os Relatos Verídicos de Luciano de Samóstata.

Xurxo L. Bueno Alonso presenta a versión en galego de Beowulf e tamén unha introdución para facilitar a lectura da que é a saga medieval máis importante da cultura inglesa. Beowulf é o heroe deste poema épico anglosaxón, que foi escrito en inglés antigo en verso aliterativo. A súa importancia é equiparábel á do Cantar dos Nibelungos ou ao Cantar de mío Cid. Estíma-se que o poema se redactou na primeira metade do século VI, aínda que seguramente naceu na imaxinación dos bardos anónimos que foron transmitindo a história, até que se fixou nun manuscrito. Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou xutos, que sufrían os ataques dun troll xigante (Grendel), e tras matar a este, enfrónta-se á súa nai, quen regresara na procura de vinganza; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos gautas e pelexa até morrer loitndo cun dragón.

A obra foi obxecto do primeiro artigo aparecido na nosa revista NOVA FANTASIA en 1997, que ainda podedes consultar neste enderezo.

Pola súa banda, Relatos verídicos ocupa un lugar salientábel dentro da extensa obra do escritor romano Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención de Luciano era entreter ao lector mofándo-se dos autores de relatos prodixiosos e lendários das tradicións literária grega e latina. Neste divertimento novelesco, narrado en primeira persoa, o barco no que navega Luciano chega á Lúa tras ser arrastrado por unha tempestade e viaxar polo aire durante sete días. Alí o autor narra as súas aventuras entre os selenitas.

Luciano de Samósata naceu arredor do ano 120 da nosa era na cidade comercial de Samósata, á beira do río Éufrates. Viviu nunha época dourada do Império romano, tanto no que respecta á paz e prosperidade comercial, como no eido da cultura. Luciano foi contemporáneo do emperador Marco Aurálio e do novelista latino Apuleio.

Booktráiler de Los Hijos de Gea
Ven de se facer público a través de YouTube un booktrailer, o vídeo de presentación do primeiro libro da nova triloxía Los Hijos de  Gea, escrito pola ourensá Natalia Corbillón e editado pola Editorial Educando coa ideia de empurrar a promoción nestas festas de fin de ano.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="540" height="385" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/O1gTaDeivpg?fs=1&hl=en_US" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="540" height="385" src="http://www.youtube.com/v/O1gTaDeivpg?fs=1&hl=en_US" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

O vídeo tamén conta cunha curiosa versión en inglés nestoutro enderezo Web. En todo caso, tedes máis información dispoñíbel na web oficial www.loshijosdegea.com.

A novela céntra-se en Nicole, unha rapaza que ve a sua tranquila vida truncada ao  descubrir que foi elixida para, algún día, ser unha Gardiá da  Orde de Alnilam, unha das dez casas que forman a Unión de Orión.

A Ciéncia-Ficción mais "revolusionária"
Coincidindo coa nova edición do Culturgal na cidade de Pontevedra, que terá lugar entre o 26 e o 28 de novembro, o vindeiro xoves 25 do mesmo mes terá lugar a presentación do novo libro Crónicas do mañá. 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción preparado polo autor cubano do xénero José Miguel Sánchez ,»Yoss» e editado por Urco Editora. Con esta obra inaugúra-se a nova tempada 2010-2011 da devandita editorial.

Yoss, alcume de José Miguel Sánchez Gómez (Cidade da Havana, 1969) é autor de Timshel (1989), W (1997), I sette peccati nazionali (1999), Los pecios y los naúfragos (2000), Se alquila un planeta (2001), El encanto de fin de siglo (2001), Al final de la senda (2003), Precio justo (2006) y Pluma de león (2007). A súa obra aparece en numerosas antoloxías e é ademáis compilador de Reino eterno: cuentos cubanos de fantasía y ciencia ficción (1999), Escritos con guitarra: cuentos cubanos sobre el rock (en colaboración con Raúl Aguiar, 2006) e Crónicas del Mañana: cincuenta años de ciencia ficción cubana (2008), cuxa tradución ao galego presénta-se agora.

O acto terá lugar na Libraría Paz (rúa Peregrina 29, 36001, Pontevedra). Comezará ás seis do serán e contará coa participación de Juan Soto, presidente da Asociación Amigos de Cuba de Pontevedra e membros de Urco Editora.

Gañadores dos Prémios Hugo 2010
No decurso dunha cermónia que tivo lugar durante a Aussiecon 4, a 68ª Convención Mundial de Ciéncia-Ficción, celebrada en Melbourne, Austrália, o pasado 5 de setembro de 2010, anunciáron-se os gañadores dos Prémios Hugo e do John W. Campbell ao Millor Escritor novel.

De seguido presentámos-vos a listaxe completa:

Novela (empate): The City & The City, de China Miéville e The Windup Girl, de Paolo Bacigalupi.

Novela curta: Palimpsest, de Charles Stross

Conto: The Island, de Peter Watts

Conto breve: Bridesicle, de Will McIntosh

Libro relacionado: This is Me, Jack Vance! (Or, More Properly, This is “I”), de Jack Vance

Cómic: Girl Genius, Volume 9: Agatha Heterodyne and the Heirs of the Storm, escrita por Kaja e Phil Foglio; debuxo de Phil Foglio, e córes de Cheyenne Wright

Presentación dramática longa: Moon, de Duncan Jones

Presentación dramática breve: Episódio de Doutor Who: The Waters of Mars, escrito por Russell T. Davies e Phil Ford; dirixido por Graeme Harper

Millor editor, obra longa: Patrick Nielsen Hayden

Millor editor, obra breve: Ellen Datlow

Artista profesional: Shaun Tan

Semiprozine: Clarkesworld, editada por Neil Clarke, Sean Wallace e Cheryl Morgan

Escritor afeccionado: Frederik Pohl

Fanzine: StarShipSofa, editada por Tony C. Smith

Artista afeccionado: Brad W. Foster

Prémio John W. Campbell ao millor autor novo [Non é un Hugo]: Seanan McGuire

Os descendentes de Tolkien e Dickens colaboran co fantástico
O poeta Michael Tolkien e mais Gerald Dickens, neto e tataraneto respectivamente dos autores de O Señor dos Anéis e de Oliver Twist, veñen de unir as súas forzas nun proxecto literário conxunto que supón unha nova narración dun conto fantástico clásico.

Michael Tolkien, o neto maior de J.R.R. Tolkien, inspirou-se en The Rose-Coloured Wish, un libro de prosa fantástica para nenos editado por primeira vez en 1923 por Florence Bone. A obra vai sobre dous nenos que queren desfacer o feitizo do val alpino no que viven, enmeigado por un bruxo, onde as colleitas arruínan-se e os nenos e mais os animais son secuestrados.

O libro liu-no Tolkien nos anos 40 e 50, cando era un neno, e despois el leu-no tamén para os seus fillos. Tolkien decidiu facer-lle unha homenaxe á história case esquecida e «recrear o espírito do orixinal nun novo traxe» a través dunha narración en verso, que ven de ser publicada baixo o título de Wish. O audiolibro foi narrado por Gerald Dickens, un actor e descendente de Charles Dickens, o escritor de Casa Desolada e Oliver Twist.

Tolkien describe o libro coma «fantasía pero ambientado nun lugar cunha história complicada e unha paisaxe desafiante onde a relación entre a xente e mais o seu contorno natural é impredecíbelmente alegre, lúgubre ou colorida«.

Ao respeito da súa relación co descendente doutro famoso escritor, Tolkien dixo: «que el resultara ser, coma min, descendente directo dunha figura literária coñecida foi, debo dicir, puramente fortuito«.

Tolkien, que xa publicou seis coleccións de poesía, foi obrigado a publicar este libro a través da editorial virtual Authorhouse, após de que as editoriais habituais rexeitasen o seu proxecto.

A Espada de Gideon
A Paramount Pictures fíxo-se cos dereitos para o cinema sobre a vindeira novela de Douglas Preston e Lincoln Child Gideon’s Sword.

Preston e Child son unha parella especialista en éxitos literários. Xa levan publicadas conxuntamente trece novelas con temática de techno-thriller nos últimos quince anos. Entre os seus éxitos anteriores están Brimstone, The Cabinet of Curiosities, Still Life with Crows, Cemetery Dance, Riptide e Thunderhead. A súa primeira colaboración, unha novela de 1995 sobre un monstro nun museu titulada Relic, foi adaptada dous anos mais tarde pola Paramount nun filme titulado The Relic.

A maioría das novelas de Preston e Child teñen como protagonista ao axente do FBI Aloysius Pendergast, incluindo a súa recente Fever Dream. Nombergantes, Gideon’s Sword será a primeira dunha nova série enfocada no persoaxe de Gideon Crew e non aparecerá até o vindeiro mes de febreiro.

A história vai sobre Crew, quen hai vinte anos procurou a vinganza polo brutal asasinato de seu pai. Nombergantes, unha misteriosa testemuña do crime regresa e lle ofrece a Crew «a oportunidade que só se ten unha vez na vida».

Michael Bay producirá este filme a través da súa empresa, a Bay Films (e non a Platinum Dunes).

O Prémio Arthur C. Clarke para China
O pasado día 29 anunciou-se o nome do gañador do prémio Arthur C. Clarke que foi para a novela The City & The City de China Miéville, quen se convirte asemade no primeiro autor en gañar este prestixioso galardón por terceira vez. Miéville recebirá unha placa e mais un cheque de 2.010 libras inglesas. Entre os finalistas estaban obras de Gwyneth Jones, Adam Roberts, Kim Stanley Robinson, Marcel Theroux e Chris Wooding.

Miéville afirmou que estaba «absolutamente abraiado» e «incríbelmente honrado» de gañar o prémio, creado polo defunto Clarke para axudar a promocionar a ciéncia-ficción en Inglaterra. «É moi distinto dos meus outros libros«, dixo Miéville, cuxas obras A estación da rúa Perdido e O consello de ferro gañaron o prémio con anterioridade. «Foi escrito co principal obxectivo de ser fiel ás obras de intriga. Os lectores do xénero policiaco rexeitan que un libro faga trampas, e eu queria escribir unha obra que non enganase, que fose leal ás regras e iso é o que atoparás ainda que nunca leras ren fantástico«.

Xa á venda En algún lugar de Orión
O que acontecería se unha mañán te ergueses e descobrises unha  estraña tatuaxe na túa pel? E se durante várias semanas, o mesmo  pesadelo se repetise noite tras noite? E se de súpeto o teu corpo fose  capaz de se movr dun xeito case sobrenatural? Todo isto lle acontece a  Nicole,  unha rapaza que descubre que foi a elixida para ser unha Gardiá  da  Orde de Alnilam, unha das dez casas que forman a Unión de Orión.

Ela descubrirá unha realidad paralela á súa, onde duas organizacións  levaron a inimizade xurdida entre o xigante grego Orión e mais o seu  asasino Scorpio, durante mais de dous mil anos. Para guia-la na sua  aprendizaxe, estará Gabriela, unha Gardiá entregada á sua Orde  que  descubrirá que a liña que separa o ódio e o amor pode ser  demasiado  fina se o destino é quen move os fíos da lóxica.

Este é o argumento da triloxía Los Hijos de Gea, da autora ourensá Natalia Corbillón, quen ven de nos confirmr que xa está á venda nas librarías e centros comerciáis a edición nova do primeiro volume En algún lugar de Orión baixo a editorial Educando, que é dona agora da publicación da triloxía.

Tanto na súa web coma no site que subiron adicado en exclusiva á triloxía póde-se atopar toda a información e material gratuíto a disposición dos lectores, coma o primeiro capítulo.

As Crónicas do Imaxinário
O guionista Travis Adam Wright (Eagle Eye) é o elixido para escribir as adaptacións dos primeiros dous libros da série de fantasía do autor James A. Owen The Chronicles of the Imaginarium Geographica para a The Gotham Group.

O primeiro tomo é Here There Be Dragons, e está ambientado durante a Primeira Guerra Mundial. Nel, un asasino reúne a tres profesores de Oxford e lles confía un atlas que contén as localizacións xeográficas de todos os lugares onde aconteceron os mitos e as fábulas.

Só sete barcos son capaces de viaxar entre ambos mundos, e coa axuda dun cuarto home, axiña porán-se en marcha e viaxarán polo Arquipélago dos Soños, onde Mordred, o rei do Inverno, ameaza o destino de todos os mundos. Tamén se revela que os catro homes converterán-se en escritores de sona.

O segundo libro, The Search for the Red Dragon, comeza cunha vaga de nenos secuestrados e a desaparición de todos os drakkars. Así escomeza unha busca para atopar o derradeiro dos drakkar, unha viaxe que os levará dende Nunca Xamais até os nove círculos do Inframundo.

Rick Porras será o produtor das adaptacións ao cinema.

Gañadores dos premios Bram Stoker 2010
No decurso da Convencion Mundial de Terror que se celebró esta pasada fin de semana na localidade inglesa de Bighton déron-se a coñecer os gañadores dos prémios Bram Stoker e outros galardóns concedidos pola Asociacion de Escritores de Terror.

Tanith Lee e James Herbert foron nomeados novos Grandes Mestres.

Basil Copper, Brian Lumley e William F. Nolan recebiron un recoñecemento a toda a sua carreira.

O prémio Presidente Richard Layman foi para Vince Liaguno.

O prémio Silver Hammer (para voluntários no seu trballo en prol da asociación) foi para Kathy Ptacek.

O premio Specialty Press foi para a editorial Tartarus Press (Ray Russell e Rosalie Parker).

E por fin, os gañadores dos prémios Stoker foron:

Novela: Audrey’s Door, de Sarah Langan

Novela debutante: Damnable, de Hank Schwaeble

Relato longo: The Lucid Dreaming, de Lisa Morton

Relato curto: In The Porches Of My Ears, de Norman Prentiss

Antoloxía: He Is Legend: An Anthology Celebrating Richard Matheson, de Christopher Conlon

Colección: A Taste of Tenderloin, de Gene O’Neill

Ensaio: Writers Workshop of Horror, de Michael Knost

Poesía: Chimeric Machines, de Lucy A. Snyder

A Asociación desvelou asemade que para o ano que ven haberá novas categorías, de millor guión, millor novela para adolescentes e millor novela gráfica.

Douglas Adams e Gurb por fin en galego
Desde este 1 de marzo, en preto de 300 librarías de toda Galiza, poderedes atopar os libros dunha nova editorial galega, a 2.0 Editora que pretende non só introducir-se no mercado habitual senón tamén no do autopublicación.

Pero a nova interesante para os afeccionados ao xénero é que para escomezar a súa andaina no universo galego das letras, lanzan dúas coleccións, unha de narrativa e outra de ensaio, e a primeira serve para introducir nas letras galegas a un par de vellos coñecidos: Douglas Adams e Gurb o extra-terrestre.

Así, a primeira obra da colección Mundos é nada menos que A Guía do Autostopista Galáctico, un clásico da ciéncia-ficción e do humor de Douglas Adams, unha obra de ficción social cun humor enxeñoso e punzante, unha sátira que nos amosa dun xeito divertido as nosas condutas cotiás. A Guía do autostopista galáctico é o volume inicial da triloxía en cinco  partes e obra cimeira de Douglas Adams. Agora, logo de 30 anos da súa  primeira edición, podes lela en galego.

A tradución de Ruth Layús Quiroga conta como un xoves á hora de comer a vida de Arthur Dent, e  da poboación enteira dese soporífero planeta chamado Terra, ía mudar de xeito inexorable e repentino. Só Arthur e o seu particular amigo Ford foxen a tempo da demolición do planeta e inician unha estraña aventura polo espazo na compaña de suxerentes personaxes e obxectos futuristas: un androide paranoide, un insólito presidente da Galáxia, un motor de probabilidade infinita, un sorprendente libro que recolle o saber intergaláctico e que advirte na súa cuberta QUE NON CUNDA O PÁNICO, un peixe babel causante dos máis catastróficos equívocos espaciais ou unha indispensábel toalla.

Pola súa banda, o número 2 da mesma colección é o clásico Sen novas de Gurb, de Eduardo  Mendoza. Coa tradución de Antón Lado e estruturado a modo de diário, ateigado de ironía e fino sarcasmo, Sen novas de Gurb é o relato da busca iniciada polo protagonista, nas rúas da Barcelona preolímpica, do seu compañeiro alieníxena Gurb. Nesa busca fará partícipe ao lector dunha visión nova, insólita e en moitos casos esclarecedora da vida na gran cidade.

O Cuarto Reino da Fox
A Fox ven de se facer cos dereitos sobre a triloxía Fourth Realm, unha série de novelas de ciéncia-ficción do escritor John Twelve Hawks.

O primeiro tomo da série, The Traveller, está ambientado nuns Estados Unidos alternativos cuxa sociedade está baixo constante vixiáncia por unha organización secreta. Os «Travellers» (Viaxeiros) son un grupo xa case extinguido de xente que pode proxectar o seu espírito a outras dimensións.

O argumento principal segue as andainas de Maya, un Arlequín (gardiáns dos Viaxeiros) reácio, que debe protexer a dous irmáns Viaxeiros que son demasiado inocentes.

O co-guionista de Watchmen Alex Tse será o encargado de adaptar esta nova franquía baixo a produción de Gil Netter e Andrew Tennenbaum. Os libros xa foron supervendas, axudados polo seu autor, un tipo misterioso de quen non se coñece nada, agás que vive recluido e a que nin tan sequera o seu axente viu xamais en persoa.

J.K. Rowling acusada de pláxio
Harry Potter e a Pedra Filosofal

O pasado mes de xuño os herdeiros do escritor Adrian Jacobs interpuxeron unha demanda no Tribunal Supremo de Londres contra a editorial Bloomsbury, asegurando que J.K. Rowling copiara partes considerábeis de As aventuras de Willy o Mago, escrito por Jacobs en 1987.

A demanda aseguraba que o argumento de Harry Potter e o cáliz de fogo copiou argumentos da trama de Willy o Mago, incluido un concurso de meigos, e que a saga Potter tomou prestada a ideia de que os meigos viaxaran en trens.

Rowling foi engadida á causa como acusada, o que provocou a sua resposta personal: «Sínto-me entristecida porque se presentara outra demanda decindo que roubei material doutra fonte para escribir Harry«, dixo nun comunicado. «O feito é que nunca oíra falar do autor do libro antes da primeira acusación daqueles relacionados coa herdanza do autor en 2004; certamente nunca lin o seu libro«.

Rowling engadiu que «as denúncias que se presentaron non son só infundadas senon absurdas, e estou decepcionada porque se nos poña na situación de ter que nos defender a min a e miña editorial no Reino Unido, a Bloomsbury. Recurriremos ao tribunal decontado para que dictamine que a denúncia non ten validez e que polo tanto debería ser desestimada sen demora«.

Os sete libros do rapaz meigo, dos que Harry Potter e o cáliz de fogo é o cuarto, bateron récords de publicación, vendendo mais de 400 millóns de cópias en todo o mundo e dando orixe a unha saga cinematográfica que recadou miles de millóns de euros.

A Bloomsbury negou rotundamente as denúncias de pláxio cando o caso chegou por primeira vez aos tribunais.

A novela de Avatar
O produtor de Avatar Jon Landau ven de revelar nunha recente entrevista na televisión que o director James Cameron ven de escomezar a escribir unha novela que será unha precuela do seu filme de ciéncia-ficción épico e que podería aparecer a finais deste ano.

Landau dixo especificamente que esta non será unha novelización da história xa coñecida no cinema e que «Jim quere escribir unha novela que é unha história grande, épica, que encha moitas cousas«.

Así que o que é o que podemos agardar? «Sería algo que levaría a narrar a história do filme, pero iría moito mais aló sobre todas as histórias sore as que non tivemos tempo de entrar, coma o coléxio e o persoaxe de Sigourney Weaver ensinando nese coléxio; Jake na Terra e a súa história anterior e como chegou aquí, a morte de Tommy, o irmán de Jake; e o coronel Quaritch, como é que rematou alí e todo iso«, dixo Landau.

Landau engadiu que algunhas das escenas de Avatar que remataron curtadas poderían resucitar xa sexa para o libro ou para outros tipos de publicación (coma cómics): «Podería haber oportunidades noutros médios para narrar o trasfondo, contar algunhas das histórias da guerra na Terra, o que foi da vida de Jake antes do filme. Teríamos todo iso preparadado para cando haxa que contar a história do que aconteceu en Pandora moitos anos despois de que a nosa película rematara«.

Landau tamén revelou que Cameron mantivo conversas con Marc Webb, o director do vindeiro relanzamento de Spiderman para a Sony Pictures, para discutir a posibilidade de face-lo en 3D. Landau dixo que «queremos axudar todo o que sexa posíbel«.