NOVA FANTASIA » Vários

ArtFutura 2011: repasando o futuro
Como cada ano por estas datas, chega ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011, que este outono ten por titulo “Repasando o Futuro” para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital.

Do seu programa audiovisual destaca o documental Connected de Tiffany Shlain (fundadora dos premios Webby), un fascinante traballo sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas. O filme, que se presentou no Festival de Cinema Independente Sundance deste mesmo ano, estréa-se en ArtFutura en versión orixinal subtitulada.

Ademáis de Connected, ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: Press, Pause, Play. Así como a nova obra de animación de Rosto (The Monster of Nix) coas voces de Terry Gilliam e Tom Waits e música de The Residents.

Dentro do ArtFutura Show poderemos ver unha selección comisariada das mellores pezas de animación 3D producidas no mundo durante o último ano, que inclúe traballos de Alister Lockhart, Damian Nenow, Tolga Ari, Markus Wagner e as dúas obras máis premiadas nos festivais de 2011: Flamingo Pride de Tomer Eshed e Paths of Hate  de Damian Nenow/Platige Image.

Nesta edición, ArtFutura ten convidado a Roberto Barrueco, director e fundador de Mecal, Festival Internacional de Cortometraxes de Barcelona, a presentar unha selección de vídeos que recollen algunhas das obras máis creativas do último ano no ámbito do videoclip. O seu programa percorre as novas tendencias visuais, estéticas e gráficas do panorama internacional, cos traballos de Scissors Sisters, Unkle, Moray McLaren, The Temper Trap, Massive Attack e Björk.

E finalmente, cómpre salientar o Futura Graphics, que incluirá as pezas máis destacadas do motion graphics e a creación dixital recentes. Cada peza é un alarde de dirección de arte e en todas elas hai unha intención de experimentar coa linguaxe, a estética ou a técnica, con traballos de David O’Reilly, Rusell Weekes, Chris Milk, Olivier Babinet, Sergio Saleh, Dvein e outros.

<object width="450" height="253" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/gk5yM11AyYg?version=3&hl=en_US" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed width="450" height="253" type="application/x-shockwave-flash" src="http://www.youtube.com/v/gk5yM11AyYg?version=3&hl=en_US" allowFullScreen="true" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" /></object>

Armas ilegais na rodaxe de World War Z
Unha equipa do departamento antiterrorista da policía húngara asaltou os almacéns de produción da vindeira longametraxe de alto orzamento que está a adaptar ao cinema a novela de Max Brooks World War Z.

Os oficiais da policía confiscaron 85 armas de asalto perfectamente funcionais, a maioría deles rifles de precisión militar, mália que os formulários de entrada no país dicían que non funcionaban. Ainda non se sabe quen é o responsábel deste contrabando, pero si que é coñecido que as armas entraron no país mediante un vóo privado o luns nun paquete que ía dirixido a un indivíduo con enderezo en Budapest.

Brad Pitt é o protagonista e principal produtor do filme, que conta co aval dos estudos Paramount Pictures e mais a Plan B Entertainment e que narra os feitos acontecidos após dunha guerra mundial contra os zombis.

Por parte da compañía non se fixo pública ningunha declaración oficial até o momento.

A dereita contra Cars 2
A última película da Pixar estreada nos cinemas, o filme Cars 2, está a ser obxecto dunha forte controvérsia nos Estados Unidos por mor de motivos políticos. E seica o problema está en que o vilán escollido polo seu director John Lasseter é a indústria petroleira, o que para os conservadores americanos converte ao filme en «propaganda esquerdista«.

O director explicou recentemente nunha entrevista que cando estaba a procurar un súper malvado para esta película de espionaxe protagonizada por coches animados xurdiu a idea: «Por que o combustíbel alternativo non está mais estendido? Por que non está todo o mundo aproveitándo-o xa? Ten moito sentido: electricidade, enerxía solar, o que sexa… así que coidei que podería ser realmente xenial ter ás petroleiras contra os combustíbeis alternativos«.

«Os meirandes malvados, xa entendes de onde veñen. Eles coidan que están a facer o correcto. Ás veces é por cobiza, ás veces por outras razóns, pero son o que eles chaman o centro do ben. Eles sempre acreditan que fan o correcto«, engadiu Lasseter.

As súas palabras non pasaron desapercibidas para a dereita moral americana, que as considerou unha provocación: «Aos conservadores e crentes no libre mercado acusan-nos de ser paranoicos cando dicimos que a indústria de Hollywood está intentando adoutriñar aos nosos fillos con propaganda esquerdista. Pero agora os directores e produtores de películas sairon e admitiron o que están a facer. Alédo-me de te-lo descoberto antes de que os meus fillos me convenceran de que os leva-se ver Cars 2«, afirmou con total seriedade un dos blogs mais lidos entre os republicanos americanos.

Outro blogueiro, chamado Christian Toto, para o que Hollywood é «unha factoría de soños ideoloxizada«, acusou a Lasseter de hipócrita por non respectar o médio ambiente mentres facía a película, e dixo que o seu anterior filme, Wall-E, foi un «ataque ao consumismo«.

A censura do cempés: o director responde
The human centipede

A princípios desta semana, o BBFC, o organismo británico de clasificación de cinema, rexeitou dar-lle unha certificación a The Human Centipede II (Full Sequence), o que na práctica supón un acto de censura prévia que impedirá a exhibición do filme en calquera formato dentro do Reino Unido.

Nunha longa carta onde pretendían xustificar a súa decisión, os membros do devandito organismo governamental revelaron unha manchea de detalles moi específicos sobre o guión do filme, que por mor da súa morbosidade, foron dados a coñecer por case toda a prensa mundial.

Obviamente, todo isto non lle gustou ren ao director, Tom Six, quen ven de responder en termos moi duros á prohibición do seu filme e mais ao filtrado do guión:

«Moitas grazas BBFC por poñer spoilers da miña película no voso sítio Web e grazas por prohibir o meu filme deste xeito excepcional. Seica eu fixen un terríbel filme de terror, pero acaso un filme de terror non debe ser terríbel? Queridiños, é unha puta película. É todo ficción. Non é real. É unha montaxe. É arte. Deixáde-lle á xente que escolla o que queren ver ou non. Se a xente non pode aturar ou gostar do meu cinema que non-o miren. Se á xente lle gusta o meu cinema que poidan ve-los cando queiran, onde queiran, e tamén no Reino Unido«.

A censura deste filme en Inglaterra podería afectar tamén ao mercado español, onde o organismo censor non pode evitar que se exhiba unha película de xeito prévio coma no Reino Unido, pero si que poden veta-la na práctica dándo-lle unha calificación «X», o que sinifica que só se podería exhibir nas tres salas de cinema «X» existentes en España. Nos Estados Unidos, onde está o mercado mais importante, os filmes poden exhibir-se ainda que non conten cunha calificación da MPAA (organismo censor americano), pero iso é só na teoría, xa que na práctica é case imposíbel que ningunha sala dea permiso para exhibir un filme sen calificar.

China ergue o veto a Ultraman
As autoridades da ditadura chinesa veñen de revocar a prohibición histórica que censuraba a preséncia no cinema do persoaxe xaponés Ultraman, o que permitirá que o filme Mega Monster Battle: Ultra Galaxy Legends sexa o primeiro dos 45 anos de história da Tsuburaya Productions en aparecer nas pantallas de cinema chinesas.

O filme, que foi estreado en 2009, foi importado por unha empresa próxima ao réxime comunista, a China Film Group, polo que as autoridades tiveron que erguer o veto que até agora pesaba sobre o superheroe xaponés, que mália todo é moi popular entre os espectadores, acostumados a ve-lo na pequena pantalla, pero nunca no cinema.

Ultraman é un nome que probábelmente soe moito aos fans galegos, acostumados a Ultraheroe, o persoaxe que aparecía nos debuxos animados de Shin Chan, e que está baseado no orixinal Ultraman.

As relacións entre as dúas superpoténcias asiáticas son moi tensas dende sempre, e o governo chinés non quere esquecer que Xapón invadiu o continente entre 1931 e 1945 durante a Segunda Guerra Mundial. Hai uns poucos anos o ditador supremo da China, Wen Jiabao, queixou-se publicamente de que o seu neto pasa-se demasiado tempo diante da tele mirando os debuxos animados xaponeses no canto de «disfrutar» das producións de propaganda política chinesas.

O filme, por certo, está dispoñíbel para todo o resto do mundo en Youtube dende hai un par de anos:

Acordo por 007
Nunha nota de prensa feita pública hoxe, a Sony Pictures Entertainment ven de anunciar que chegaron a un acordo coa MGM para co-financiar e distribuir nas salas de cinema a 23ª longametraxe de James Bond en todo o mundo.

A Sony estreará o vindeiro filme desta clásica saga fantástica e de espías o 9 de novembro de 2012 en todo o mundo, agás nos países onde a Metro conta con dereitos de distribución. O acordo inclúe o mesmo pacto para cando se faga a seguinte entrega da saga, a que será a número 24.

Após deste acordo, seica escomezará unha etapa de colaboración entre os dous xigantes, que chegaron ao compromiso de explorar conxuntamente as posibilidades de producir os filmes que fagan respectivamente durante os vindeiros cinco anos.

A Sony xa producira Casino Royale e Quantum of Solace, as mais recentes películas de 007 protagonizadas por Daniel Craig, o que lle reportou enormes benefícios á franquía.

O desastre de Xapón modifica os plans de Avatar
Tal e coma informáramos con anterioridade, a proposta secuela de Avatar de James Cameron ía explorar os océanos do planeta Pandora.

Para facer iso, Cameron tiña plans para viaxar aos abismos mais profundos da Terra, a Foxa das Marianas, e investigar sobre as extrañas formas de vida e mais a ecoloxía que habita naquel lugar. De feito, xa tiñan a médio rematar o vehículo mergullábel deseñado para chegar ao fondo.

Nombergantes, e após do recente terremoto que sacudiu as costas de Xapón o pasado 11 de marzo, toda a rexión está baixo a alerta de novos tremores e continuará nese estado os vindeiros anos, o que fai moi perigoso arriscar a integridade física de Cameron e mais do resto da súa equipa. Cameron terá que atopar outra localización para se mergullar.

Xapón: censura após do desastre
Após do devastador terremoto e o non menos catastrófico tsunami que o pasado venres asolou o norde de Xapón, por non falar do inminente risco de desastre nuclear, o país asiático ten diante de si un difícil camiño cara á recuperación. E polo de agora seica algúns pensan que é unha boa ideia escomezar censurando algúns filmes que están nas carteleiras de cinema durante estes días.

O primeiro en sufrir a censura será Hereafter de Clint Eastwood, que escomeza precisamente cunha secuéncia moi realista do tsunami que hai uns anos azoutou á costa sur leste asiática. O presidente da Warner Entertainment en Xapón, Satoru Otani, dixo que continuar proxectando este filme será «inapropiado».

Pola súa banda, a distribuidora xaponesa Shochiku deixará de proxectar o filme chinés Aftershock, que trata sobre o terremoto que en 1976 destruiu a rexión chinesa de Tangshan e cobrou a vida de 250.000 persoas. Ademais, tamén relembra o terremoto que en 2008 sacudiu a província de Sichuan matando a outras 80.000 persoas.

Este filme tiña prevista a súa estrea nos cinemas IMAX o vindeiro 26 de marzo en Xapón.

Denúncia contra o director do Festival de Sitges
A Fiscalía de Barcelona ven de presentar unha denúncia nos xulgados desta cidade contra o director do Festival de Cinema de Sitges, Ángel Sala, pola exhibición da polémica película A serbian film na última edición do certame o pasado mes de outubro. A fiscalía acusa a Sala dun delito de exhibición de pornografía infantil por permitir o pase da fita, na que aparecen dúas imaxes que supostamente traspasan a legalidade: a violación dun bebé recén nado e outra de sexo cun neno de cinco anos.

A denúncia está á espera de ser repartida e de que o xulgado abra dilixéncias. A fiscalía considera que Sala poido cometer un delito recollido no artigo 189.7 do Código Penal, que castiga con penas de tres meses a un ano de cárcere ou multa a quen «produxera, vendera, distribuíra, exhibira ou facilitara por calquera médio material pornográfico no que non sendo utilizados directamente menores ou incapaces, emprégue-se a súa voz ou imaxe alterada ou modificada«.

A orixe do caso sitúa-se nunha denúncia que presentou unha asociación de defensa do menor na Fiscalía Xeral do Estado, ao saber que se exhibira a película no Festival de Sitges. Unhas semanas antes xa se presentara outra denúncia semellante co gallo da XXI Semana de Cinema Fantástico e de Terror de San Sebastián. Daquela, unha xuiza prohibiu a exhibición da película.

Após de recebir a denúncia, a Fiscalía de Barcelona solicitou unha cópia de A serbian film e a visionou. Pouco despois chamou a declarar como imputado a Ángel Sala, quen negou ter visto a película e coñecer as polémicas esceas. A fiscalía, polo contrário, sostén que esa versión non é certa e que existen mensaxes de e-mail e documentos que se axuntaron á denúncia que a rebaten. A película proxectou-se nunha única ocasión, a média-noite, no decurso do Festival de Sitges.

A Serbian film foi dirixida a por Srdjan Spasojevic, quen definiu a fita coma «unha metáfora da nosa vida cotiá, na que somos explotados por outros que manexan o noso destino dende que nacemos até que morremos«. A fita explica a história dun actor porno retirado que recebe un cheque en branco por participar na obra definitiva, que inclúe escenas moi violentas e de sexo extremo. Á parte do Festival de Sitges, o filmeexhibiu-se en Inglaterra, onde se lle censuraron cinco minutos, e noutros países.

A fiscalía barallou a posibilidade de chamar a declarar tamén ao director e de lle denunciar, pero desistiu pola dificultade para lle imputar o delito, dado que as leis sobre pornografía son distintas en Sérbia, de onde é nativo o seu director.

O Frankenstein de Boyle no teatro
Un dos poucos proxectos de xénero fantástico que non serán películas de cinema para este ano e que mais xente está desexando ver será a reinterpretación que realizará o National Theatre dirixido por Danny Boyle da obra Frankenstein nos teatros londinenses.

A produción será a primeira obra de teatro de Boyle nos últimos quince anos, e contará con actores de primeira liña coma Jonny Lee Miller (Dexter) e Benedict Cumberbatch (Sherlock) quen interpretarán os papeis de Victor Frankenstein e mais do seu monstro respectivamente, ainda que tamén alternativamente.

As entradas para as primeiras dez semanas no teatro xa foron vendidas por completo, polo que moitos temen que nunca chegarán ver o espectáculo. Nombergantes, ainda hai unha boa oportunidade de disfroitar do mesmo, porque Frankenstein será emitido vía satélite e alta definición en 370 salas de cinema de todo o mundo o vindeiro 17 de marzo.

E unha semana despois, a obra será de novo transmitida en Inglaterra e Europa o 24 de marzo, cos papeis intercambiados: Miller facendo de monstro e Cumberbatch de Víctor Frankenstein. Agárda-se que unhas 100.000 persoas en todo o mundo poidan asemade contemplar a obra de teatro e comparar as interpretacións de ambos actores.

Desestimada outra demanda contra J.K. Rowling
A xuiza Shira A. Scheindlin, titular do Xulgado de Districto para o Sul de New York, ven de desestimar unha demanda na que se lle acusaba á escritora J.K. Rowling de copiar o traballo doutro autor cando escribiu Harry Potter e o cáliz de fogo.

Os herdeiros do defunto escritor Adrian Jacobs denunciaran que a trama do libro, o cuarto dos sete que integran a exitosa saga do neno meigo, copiaba partes da obra Willy The Wizard, incluido un concurso de máxia, e que Rowling tomou prestada a ideia de meigos viaxando en trens.

A Scholastic Corp, a editorial que publica os libros da saga nos Estados Unidos, recibiu con ledícia a decisión e citou as palabras da senténcia cando din que «o contraste entre o concepto total e o ambiente das obras é tan absoluto que calquera comparación séria entre ambas forza a credulidade«. «A desestimación do xulgado apoia a nosa postura de que o caso estaba completamente infundado e que comparar Willy The Wizard coa série de Harry Potter era absurdo«, salientou a editorial nun comunicado.

En outubro, un xuíz a cargo dun caso semellante por pláxio en Londres dixera que as afirmacións feitas por Paul Allen, administrador da herdanza de Jacob, eran «improbábeis«, ainda que non aceptou a petición dos avogados de Rowling e da sua editorial británica para desestimar inmediatamente o caso.

Segundo o administrador da súa herdanza, Jacobs – que escribiu Willy The Wizard en 1987 – procurou os servizos do axente literário Christopher Little, quen posteriormente converteu-se en axente de Rowling. Ademais engadiu que Jacobs morreu na pobreza nun hospital de Londres en 1997.

A Bloomsbury, editora de Harry Potter no Reino Unido, dixo que Rowling nunca escoitara o nome de Jacobs antes de que en 2004 se presenta-se a primeira demanda por dereitos de autor, case sete anos despois da publicación do primeiro tomo da saga de Harry Potter.

A Xunta malgasta os cartos nunha exposición de extra-terrestres
El diseñador de Especies é unha exposición sobre a suposta semellanza de formas homínidas no universo que acollerá a Casa de Galicia en Madrid do 12 ao 29 de xaneiro de 2011, patrocinada pola Xunta de Galiza e coa intención de dar a coñecer os traballos seudocientíficos do recoñecido friki Heriberto Muela, álias Herikberto M.Q.

La teoría de los diseños coincidentes é un libro no que Muela, autodenominado «deseñador do futuro, artista e astrobiólogo«, asegura que a evolución das espécies do cosmos é moi parecida. Segundo o mesmo autor, un artista gráfico que pretende facer pasar por científicos os seus traballos plásticos, a súas obras exploran a teoría dos deseños coincidintes, segundo a cal todas as formas de vida intelixente no cosmos son moi semellantes. O pretendido revolucionário da ciéncia contará cos cartos dos impostos de todos os galegos para continuar vendendo as súas histórias de fantasía coma se fosen reais.

Heriberto Muela Quesada naceu en Ourense en 1958 e en 1966 trasláda-se a Madrid. Alí especializou-se en artes plásticas e pinturas. Tamén é autor dunha série de libros infantís: El Hombre del Traje Blanco, baseado nunha história con extra-terrestres. O propio autor asegura deste libro que «está inspirado na própia vida do artista, e ten un transfondo realmente misterioso, posto que relata extrañas experiéncias xuvenís que tivo o autor e a sua família cunha civilización extra-terrestre«.

Co paso do tempo, Muela descubriu que «os supostos extra-terrestres forman parte dun experimento sociolóxico realizado por científicos, que consiste en estudar os comportamentos psicolóxicos de vários grupos humáns que entran en contacto cunha suposta civilización extra-terrestre«.

A partir dos 90 viu as portas abertas grazas a que moitos humoristas e friquis da televisión ofrecían bochornosos espectáculos nas novas canles privadas de televisión. Así, ten concedido várias entrevistas e aparecido en programas como o dirixido por Andreu Buenafuente en La Sexta ou Iker Jiménez en Cuatro.

O dobre de Spiderman volve andar
Christopher Tierney, o dobre que caiu dende unha altura de 9 metros durante a accidentada representación da obra de teatro de Broadway Spider Man: Turn Off the Dark, xa pode camiñar de novo após de pasar pola mesa de operacións esta pasada semana.

O pai do actor, Timothy, dixo á prensa que o seu fillo volveu a camiñar coa axuda de muletas por primeira vez dende que o pasado 20 de decembro se produciu a caída que suspendeu a representación desa noite e enviou a seu fillo ao hospital.

Timothy Tierney dixo que os efectos terían sido moito piores de non ser porque ao caer, Christopher envolveu o seu corpo e caiu de lado: «Entendo que Chris ten sorte de estar vivo«, dixo. Como resulta da caída, Christopher fracturou o cránio, o homoplato, o ombro, catro costelas, un pulmón perforado e rompeu tres vértebras. Ainda así, o pai confirmou que Tierney está desexando voltar aos escenários.

Os médicos coidan que Tierney volverá andar e recuperará a mobilidade completamente, se ben polo de agora ainda está na unidade de coidados intensivos até que o vindeiro luns escomece a rehabilitación en New York.

Adéus a Dino De Laurentiis
O pintoresco, excéntrico e ostentoso empresário e produtor de cinema italiano Dino De Laurentiis ven de morrer na súa casa en Beverly Hills aos 91 anos de idade.

Após de producir as súas primeiras longametraxes nos anos 40 e formar equipa co produtor Carlo Ponti en moitos prestixiosos filmes italianos dos anos 50, De Laurentiis puxo o ollo no que seríaa súa marca persoal: as coproducións internacion ais ambiciosas, épicas e moi caras, preocupadas sobre todo de dar espectáculo e non de contar co aplauso da crítica.

Ainda que os dous macroestudos que construiu, un en Itália e outro nos Estados Unidos, tiveron que pechar as súas portas por mor da crise, De Laurentiis deixa após de dsi un legado de mais de 160 películas, moitas das cales contan cun espazo reservado entre as grandes da história do cinema.

Entre os seus créditos iniciais estiveron La Strada e Noites de Cabíria de Federico Fellini, Barbarella de Roger Vadim, Ulysses de Mario Camerini e Guerra e Paz de King Vidor.

Cando se mudou a vivir aos Estados Unidos, creou algúns dos filmes mais famosos e senlleiros dos anos 70 e 80, incluindo Serpico de Sidney Lumet, Death Wish de Michael Winner, Three Days of the Condor de Sydney Pollack, Mandingo de Richard Flesicher, The Dead Zone de David Cronenberg, Ragtime de Milos Forman, o remake de King Kong de John Guillerman, o filme camp de 1980 Flash Gordon de Mike Hodges, os dous filmes de Conan protagonizados por Arnold Schwarzenegger, Manhunter de Michael Mann e o Dune de David Lynch, a quen tamén lle produciu na súa obra mestra Blue Velvet.

Dende os 80 en adiante, ainda tivo tempo de descubrir o xénio de Sam Raimi na série de culto Army of Darkness ou a Jonathan Mostow en Breakdown. Entre os seus éxitos no xénero fantástico destes anos cómpre salientar Hannibal, Red Dragon, Maximum Overdrive e Cat’s Eye, os dous últimos dirixidos por Stephen King.

Por sempre De Laurentiis deixará un enorme legado de filmes que relembraremos nas vindeiras décadas e que deixaron un grande impacto no seu día no cinema, que ven de perder a un dos seus derradeiros grandes monstros.

O Hobbit ficará en Nova Celándia
O Primeiro Ministro de Nova Celándia John Key anunciou onte á noite que os filmes d’O Hobbit, un proxecto cun orzamento de 670 millóns de dólares, será realizado finalmente no país austral.

Vários ministros do governo novacelandés, entre os que se inclúen o de Desenvolvemento Económico Gerry Brownlee e mais o de Arte, Cultura e Património Chris Finlayson, estiveron reunidos cos executivos da Warner Bros durante todo o día, tentando chegar a un acordo.

Finalmente, Key fixo o anúncio no decurso dunha rolda de prensa especialmente convocada ao efecto, e antes de saír para unha viaxe de Estado por Ásia.

«Estou encantado de que poidéramos chegar a este resultado», dixo Key. «Facer os dous filmes do Hobbit non só será traballo asegurado para miles de novacelandeses, senón que seguirá ao éxito da triloxía do Señor dos Anéis para promocionar unha vez mais a Nova Celándia no escenário mundial«.

O Governo comprometeu-se a aprobar unha série de lexislación hoxe mesmo, na que se clarifiquen os dereitos dos traballadores autónomos e os dos asalariados na indústria do cinema.

«Os problemas coa indústria que xurdiron nas últimas semanas arroxaron luz sobre unha importante série de preocupacións sobre o xeito no que opera a indústria internacional do cinema«, dixo Key, quen engadiu: «Imos apresurar-nos para nos asegurar de que as leis de Nova Celándia neste tema acougan aos produtores de cinema coma a Warner Bros na confianza que precisan para producir os seus filmes neste país. Isto garantirá que os filmes se fagan en Nova Celándia«.

Os descontos nos impostos tamén serán cambiados para que a Warner Bros se benefície dun aforro extra de 7 millóns de dólares por filme, condicionado ao éxito dos filmes.

O governo e mais a Warner Bros chegaron ao acordo de traballaren xuntos nunha «asociación estratéxica a longo prazo» para promocionar Nova Celándia para a produción de filmes e coma destino turístico. «O meu governo está decidido a utiliazr a oportunidade que os filmes do Hobbit representan para salientar Nova Celándia coma un estupendo lugar que visitar, así coma un estupendo lugar onde facer negócios«, dixo Key, quen tamén relembrou que o seu governo pagará dez millóns de dólares á Warner en concepto de marketing e coma parte do acordo estratéxico.

Nova Celándia será tamén un dos lugares onde se produza a estrea mundial dos filmes do Hobbit.

Alícia & Alícia no País das Marabillas
Após de facer conxuntamente Des-memoria-2 en febreiro, a Factoría Teatro e Disque Danza veñen de se fusionar en A Produccións Artísticas, baixo a dirección de Olga Cameselle e de Alfredo Rodríguez.

E o primeiro proxecto conxunto será Alicia & Alicia, un espectáculo de teatro e danza con apoio audiovisual que terá a súa estrea en Vigo para despois viaxar ao Salón Teatro de Compostela. A obra é un espectáculo para público adulto que parte da clásica novela Alice in Wonderland de Lewis Carroll, e ao traveso dos textos de Paula Carballeira prantéxa-se xogar coa idea dunha Alícia imaxinária.

Carballeira, a autora do texto, sinalou na presentación que a universalidade do personaxe consiste en que «todos somos Alícia dunha ou outra maneira, xa que todos queremos cambiar a realidade ou ser rebeldes«. A actriz Anabel Gago, pola súa banda, fixo referéncia á creación do personaxe e explicou que Alicia atopou «un grande conflito e somerxe-se no mundo do inconsciente«. Gago comparte elenco con Gena Baamonde, Toni Salgado e Uxía P. Vaello.

O director da obra, Alfredo Rodríguez, agradeceu a colaboración da Concellería de Cultura de Vigo para poder desenvolver o proxecto, así como ao museo Marco, e ao Centro Cultural de Valadares. Salientou que é un proxecto «feito en Vigo cunha equipa artística da terra, xa que A Producións Artísticas é froito da unión das compañías Disque Danza e Factoría Teatro, polo que ten unhas sinais de identidade moi de Vigo«.

O espectáculo Alicia & Alicia , que conta cun deseño de vestiário firmado pola tenda de roupa viguesa La Canalla, representará-se mañá, mércores, e o xoves 14 ás 21 horas no Auditório Municipal de Vigo.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="500" height="305" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/9P3RQ4bq-3M&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="500" height="305" src="http://www.youtube.com/v/9P3RQ4bq-3M&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

O Hobbit xoga co lume
Após dos seus problemas financeiros, da fuga do seu director e da ameaza de folga, o único que lle quedaba á adaptación de O Hobbit ao cinema era un incéndio. E iso é o que lle aconteceu o pasado venres, cando escomezou un lume no estudo de minuaturas de Portsmouth en Nova Celándia, que destruiu por completo unha das escasas instalacións adicadas ás miniaturas do mundo do cinema.

Mais de cincuenta bombeiros foron precisos para poder dominar o lume após de tres horas, que deixaron coma consecuéncia un almacén queimado que xa non será posíbel recuperar de ningún xeito.

As novas chegaron pouco despois de que se soubera que os estudos estaban por acadar un acordo que dera luz verde ao proxecto, ainda baixo a ameaza de falla de cartos dado que unha das pezas chaves da produción, a MGM, está na creba financeira dende hai meses.

Segundo o acordo, os dous filmes serían rodados ao mesmo tempo cun orzamento duns 500 millóns de dólares, dos cales xa se levan gastados mais de 45 na preprodución. A estrea podería estar lista asemade para o nadal de 2012 e de 2013.

O pasado domingo o problema da ameaza de folga tivo que contar coa mediación do mesmísimo Primeiro Ministro de Nova Celándia, John Key, quen ofreceu a axuda do seu governo para tentar chegar a un compromiso entre as partes implicadas.

Key ten coma é lóxico moito interese en que o filme sexa rodado no seu país, pero xa hai após del moito candidatos dispostos a acoller á produción: Austrália, Canadá, Escócia e Irlanda xa amosaron o seu desexo de se converter en sustitutos se non se pode resolver o problema legal.

Jackson contra os sindicatos do Hobbit
Por se non foran poucos xa, un novo problema ven de xurdir ao redor do filme d’O Hobbit, xa que esta pasada fin de semana os sete principais sindicatos que agrupan aos actores que participan no reparto aconsellaron aos seus afiliados que non continuasen traballando na produción en Nova Celándia porque os produtores «rexeitaron incluir aos actores nos acordos sindicais«, segundo un comunicado conxunto asinado polas asociacións de traballadores inglesas, a SAG (americana) e mais a australián MEAA.

O mesmo Peter Jackson tivo que emitir outro comunicado oficial rapidamente, no que dixo que a petición dos sindicatos para os seus afiliados é un «intento de se facer co poder» da MEAA e ameazou con levar-se a produción ao leste de Europa se os sindicatos non se pregan aos seus intereses. Ademais engaiu que os salários para os seus traballadores xa son «abondo xenerosos«.

Os principais estudos vencellados a esta macroprodución, a New Line, a Warner Bros. Pictures e mais a MGM, apoiaron de seguido a Jackson, noutro comunicado no que afirman que «non pode haber ningún acordo colectivo coa MEAA nesta produción novacelandesa, xa que face-lo expoñería á produtora a unha sanción das autoridades de Nova Celándia«.

Os estudos engadiron que debido á falla de seguridade respeito a se a produción pdoerá continuar sen problemas, a súa política xeral é «evitar facer rodaxes en lugares onde hai unha potencial inseguridade laboral ou outras formas de inestabilidade«. E que agora están a «explorar outras alternativas a fin de protexer os seus intereses empresariais«.

A Warners acelerará os seus filmes da DC
Mentres a franquía de Harry Potter vai-se achegando rapidamente ao seu final, a Warner Bros. Pictures planea xa dar un novo pulo ás adaptacións ao cinema dos persoaxes da DC Comics para encher o óco dos filmes de grande orzamento.

No decurso dunha conferéncia financeira, o CEO da Warner Barry Meyer dixo que haberá un «anúncio organizacional» a semana que ven. Nalgures durante o mes que ven os estudos desvelarán os detalles de vários superheroes que serán presentados aos espectadores e non só mediante longametraxes.

Meyer engadiu que os estudos planean facer algo «moi empresarial» coas súas propriedades. Mesmo consideran a posibilidade de facer un filme en 3D coa franquía de Harold & Kumar, unha comédia protagonizada por dous drogaditos interpretados por John Cho e Kal Penn.

A LucasFilm demanda aos creadores do Jedi Mind
A empresa do creador da saga da Guerra das Galáxias, George Lucas, ven de interpoñer unha demanda na que esixe 5 millóns de dólares en compensación por danos contra unha compañía que pretende sacar ao mercado unha tecnoloxía que permitirá usar o computador coa forza da mente.

Os demandados son Jedi Mind, Inc., que veñen de producir uns cascos inalábricos que detecan as ondas cerebrais tanto a nivel consciente coma inconsciente do usuário, o que lle permitirá xogar videoxogos e usar aplicacións informáticas tan só co pensamento.

A tecnoloxía relembra o famoso «truco mental jedi» que aparece nas películas da Guerra das Galáxias, polo que os Jedis poden influir noutras persoas dun xeito non-violento. Pero seica o truco non funcionou con Lucas, cuxa empresa, a LucasFilm, enviou unha carta en maio de 2009 esixindo que non se utilizase o nome «Jedi Mind», cousa que non cumpriu a demandada, que ademais ten outros dous produtos con nomes semellantes, tirados da saga cinematográfica: Jedi Mouse e Think Tac Toe.

A LucasFilm ten os dereitos sobre as marcas rexistradas Jedi Knight, Jedi Power Battles e Jedi Training Academy, pero non directamente sobre Jedi Mind e outras semellantes.

Tom Cruise quere a David Beckham en Misión Imposíbel
Após do escaso éxito do seu recente filme Knight and Day, Tom Cruise está disposto a volver ás carteleiras cunha nova película da saga de Misión Imposíbel. O actor está a pensar nun novo filme cheo de acción e no que o seu íntimo amigo, o ex-futbolista David Beckham, encaixaría á perfección.

Cruise quere volver aos seus mellores anos facendo «a maior e millor película de acción de todos os tempos«, Misión Imposíbel 4. Fontes próximas ao actor explicaron que está a planear escenas espectaculares e incríbeis cheas de acción.

Pero o que Cruise quere, segundo estas mesmas fontes, é contar con grandes estrelas e con xente coñecida. Por elo suxire que David Beckham podería facer un pequeno cameo no filme, algo que sexa importante para o argumento.

«David é unha grandísima estrela cun enorme seguimento mundial e moita xente gostaría de ve-lo nunha película«. Ademais, Cruise confesou recentemente que Beckham ten «a fasquía axeitada» para dar o chimpo a Hollywood e converter-se nunha grande estrela do cinema: «Estiven animándo-o a que se converta e nactor. Ten o tipo, ten-o todo, sería estupendo«.

Os malvados piratas da Internet destrúen á Filmax
A compañía hispano-galega Filmax, adicada á creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais, ven de presentar esta semana concurso voluntário de acreedores no xulgado mercantil número 4 de Barcelona cun pasivo de 174 millóns de euros, após de non lograr chegar a un acordo coas entidades financeiras.

Fontes do grupo explicaron que o concurso afectará a Filmax Entertainment, a empresa matriz, así como ás suas participadas Sogedasa, Castelao Productions, Bren Entertainment, Filmax Animation e Filmax Pictures.

Nombergantes, non ficará afectada, ao non ser avaladora da débeda, Castelao Pictures (que está a rodar agora mesmo os filmes Copico de Nieve, de Andrés G. Schauer, e Mientras Duerme, de Jaume Balagueró, así como a série de televisión Pulseras vermelles).

Tampouco entraron no concurso Produccións A Fonsagrada, con sede en Galiza, nin os multicinemas Pedrosa (na provincia de Barcelona) nin Filmax Lalin, que xestiona salas de cinema n’A Coruña.

As devanditas fontes afirmaron que dende que en 2009 se asinara a refinanciación da compañía, o grupo xa levara a cabo un plan de reestruturación que custou o posto de traballo á metade da plantilla (200 empregados). A intención da compañía, mália todo, é continuar cos seus servizos posto que «a produción, as vendas internacionais e a exhibición van ben«.

O problema, segundo o lugués Julio Fernández, presidente da Filmax, é a Internet, a piratería e as descargas, que segundo dixo, son «parásitos» contra os hai que loitar «cos mesmos médios que cos que se loita contra pederastas e terroristas«.

Superheroes do porno
A compañía Vivid Entertainment ven de anunciar a creación de Vivid-Superhero, un novo selo que lanzará paródias porno de persoaxes coma Superman, Green Hornet, Spiderman, Wonder Woman, o Capitán América, Thor e mais o Incríbel Hulk.

Nombergantes, o primeiro persoaxe que se convertirá en estrela porno é Batman grazas a Batman XXX: A Porn Parody, unha paródia da série de televisión dos anos 60 que misturará a acción clásica do cómic cun filme pornográfico heterosexual. O tráiler, que non contén escenas explícitas, chegou nada menos cá 150.000 visualizacións nas súas primeiras 24 horas na rede, acadando a atención dos médios de comunicación xeralistas.

Moito do interese da nova non está só nos persoaxes en si mesmos nin nas escenas porno que protagonizarán, senón no anúncio dos estudos de que queren facer un grande esforzo en seren fieis ao material orixinal. Así, para a primeira película, seica mesmo foron contratados os deseñadores orixinais do vestiário da série de televisión dos anos 60. Batman XXX: A Porn Parody ten prevista a súa estrea para este 24 de maio.

O futuro da Marvel é gastar menos
Cando xa medraches e chegaches todo o alto ao que podías aspirar, din que a chave da lonxevidade é non tentar seguir medrando senón ir nunha dirección totalmente oposta.

Así que unha vez que o seu seguinte filme de grande orzamento, Os Vingadores, remate de se rodar, a Marvel Studios ten a intención de seguir por outra vía, a de comezar a facer filmes con presupostos pequenos ou moderados, baseados en persoaxes menores ou menos coñecidos.

Así, persoaxes coma o Dr. Strange, Luke Cage, Dazzler etc. que non son recoñecidos por ningén agás polos afeccionados aos cómics (o contrário ca Spiderman ou a Patrulla X, da que moitos que nunca leron os seus comics xa oiran falar con anterioridade) terán a súa oportunidade de aparecer na pantalla grande e de acadar un óco entre o público. E é que realmente a ideia de gastar unha chea de cartos en filmes sobre persoaxes que non todo o mundo coñece non é a mais axeitada no mundo dos negócios.

A decisión semella intelixente e así a Marvel pretende rebaixar os seus orzamentos para cada filmek e poñe-los ao redor dos 20 ou 40 millóns de dólares. O sistema evitará os riscos de fracasos e permitirá facer vários filmes simultáneamente, producindo a un ritmo moi superior.

O millor de todo é que os directores poderán permitir-se o luxo de tomar mais riscos cos persoaxes, seren mais creativos e utilizar o material dun xeito no que até agora nunca tiveran a oportunidade. A parte malaé que obviamente filmes adicados a persoaxes coma os de Kick Ass ou en filmes coma Punisher: War Zone, que non teñen interese para o grande público, non obterán nunca grandes benefícios.

Agárda-se que esta nova liña de acción por parte da Marvel se dea a coñecer no decurso da vindeira Comic-Con.