Guionista para Uncharted

25 de Novembro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema, Videoxogos

Comments Off

UnchartedJoshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly (Sahara, A Sound of Thunder, Dead of Night) será a parella de guionistas que escriba a adaptación para o cinema do popular videoxogo da Sony Uncharted.

A história, baseada no primeiro xogo da série (Drake’s Fortune), narra as aventuras dun cazador de tesouross chamado Nate Drake, convencido de que coñece o paradoiro de Eldorado, a fabulosa cidade de ouro situada nalgures en Sudamérica, grazas a unha estatuíña de ouro enmeigada.

A procura converterá-se nunha competición cando un cazatesouros rival se una á expedición, peroserá ainda pior cando unhas criaturas maléficas mutantes descendentes dos españois e dos nazis, comecen a atacar aos que queren apoderar-se dossegredos do mítico tesouro.

O primeiro xogo foi o mais aclamado da plataforma Playstation 3. A súa secuela, Among Thieves, foi lanzada recentemente e axiña chegou ao cúmio dos videoxogos mais vendidos do presente ano.

Kyle Ward fora anunciado previamente coma o guionista deste filme, pero seica o acordo non chegou a coallar.

El internado pása-se aos videoxogos

18 de Novembro de 2009 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Comments Off

El internadoA série de televisión El internado ven de se converter na primeira de ficción española que conta cunha versión en videoxogo. Coincidindo coa estrea da sexta tempada da série, o luns 16, a empresa Namco Bandai puxo no mercado o videoxogo oficial para Nintendo DS de El internado.

Esta série de mistério que está na fronteira do fantástico foi un dos grandes éxitos de audiéncia da pasada tempada de Antena 3, cunha média de algo mais de tres millóns de seguidores semanais, e agora dá o chimpo aos videoxogos con guións supervisados pola equipa da ficción televisiva.

Coma na série producida por Globomedia, os xogadores verán-se envoltos en numerosas tramas de mistério e terror, e contarán asemade con contidos extras e argumentos paralelos aos da série.

O fenómeno de fans desta ficción televisiva, que conta cun clube de fans de dez mil persoas, animou tamén á canle privada a lanzar a Guía Oficial de El internado, que inclúe curiosidades da série, un percorrido en 3 dimensións polos decorados e mais o escudo oficial dá série.

Spore será un filme

4 de Outubro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema, Videoxogos

Comments Off

SporeA 20th Century Fox e mais a Electronic Arts van-se asociar para producir un filme de debuxos animados xerados por computador baseada no popular videoxogo online Spore.

Neste xogo, aparecido o ano pasado, os participantes deben crear creaturas de seu e mais os mundos onde deberán vivir para compartir cos outros xogadores nun universo común. Greg Erb e Jason Oremland (The Princess and the Frog, The Return of King Doug) serán os encargados de escribir o guión.

Chris Wedge (Ice Age) será quen ocupe a cadeira de director, mesmo ainda que ven de ser vencellado ao novo proxecto de Leaf Man para a Fox a semana pasada.

O Crepúsculo virtual online

3 de Setembro de 2009 por Editor  
Arquivado como Internet, Videoxogos

Comments Off

HabboA compañía de videoxogos interactivos enfocada aos adolescentes Habbo vai colaborar coa Summit Entertainment para crear o que ainda faltaba por ver e que seica todos os rapaces (e especialmente rapazas) estaban a desexar: un mundo virtual ambientado en Twilight.

O espazo online incluirá actividades, contidos e enquisas centrados en Twilight. Os usuários poderán crear persoaxes de seu e interactuar (básicamente chatear) con outros usuários nun contorno virtual.

O sítio ten previsto escomezar as suas actividades co gallo da estrea nos cinemas da nova entrega da saga de Crepúsculo, que levará por título The Twilight Saga: New Moon.

Segundo informa a compañía, os nenos que entren neste mundo virtual poderán decorar as súas própias habitacións con elementos baseados no filme.

Habbo está implantado en 31 países, cun total de 13 millóns de usuários únicos cunha média de idade de 15 anos.

Novo éxito de Néstor García en World of Warcraft

27 de Agosto de 2009 por Editor  
Arquivado como Fans, Videoxogos

Comments Off

World of WarcraftSegundo informan no xornal La Voz de Galicia, unha vez mais, o marinense Néstor García Trabazo alzou-se, xunto á sua equipa, como un dos mellores do mundo no BlizzCon 2009, o campeonato mais prestixioso de World of Warcraft, ao obter o terceiro posto. Non é a primeira vez que o galego é mundialmente recoñecido, xa que en 2007 obtivo o primeiro lugar no campeonato mundial de WoW.

O ano pasado, nombergantes, non destacou no mundial, polo que nesta nova edición Néstor e mais a sua equipa puxeron todo o seu empeño en conseguir o primeiro lugar no campeonato europeo que se realizou en Köln, Alemania, para se coar na final mundial.

Néstor, cuxo nick nas competicións é Souler, viaxou aos Estados Unidos cos seus dous compañeiros de xogo para participar no prestixioso torneio. Tras dúas axustadísimas xornadas, o de Marín e mais a sua equipa lograron o terceiro posto. O primeiro lugar foi para a equipa americana que se enfrentou na última etapa á equipa de Coreia do Sul. O ano pasado, Souler fora fichado pola sua equipa actual de videoxogos, o e-sport club X6tence, un dos millores de España.

Néstor e mais os seus dous parceiros, Javier Dobóm, de Valéncia, e Víctor Sánchez, de Málaga, levan mais de catro anos adicando todo o seu tempo libre ao xogo de rol masivo que se disputa on-line e no que os participantes se aventuran nun mundo de batallas. E o esforzo pagou a pena, porque ademais do recoñecemento mundial no mundiño dos videoxogos, os tres españois receberon un prémio de 10.500 euros.

BlizzCon é a festa dos xogadores de Warcraft, StarCraft, Diablo e das comunidades que os rodean. O torneo celebrou-se o pasado fin de semana en Anaheim, Califórnia. Para o trío, o Blizzcon representou unha oportunidade única de medir as suas forzas cos millores contrincantes do mundo. O de Marín asegura que os torneos oficiais son a millor forma de dar a coñecer os logros das equipas españolas.

Aproveitando a sua estáncia nos Estados Unidos, Souler participará nunha nova competición, esta vez en Dallas. Trata-se do torneo Major League Gaming que se celebrará do 28 ao 30 de agosto e no que Néstor espera repetir a fazaña de estar entre os millores.

A Warners fai-se coa Midway Games

9 de Xullo de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema, Videoxogos

Comments Off

Mortal KombatA Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos sobre moitos dos videoxogos da agora defunta compañía Midway Games grazas a que un tribunal puxo á venda os activos desta empresa, que se atopa nun proceso de creba.

Por uns módicos 33 millóns de dólares os estudos se fixeron con franquías tan populares coma Mortal Kombat, Spy Hunter, Space Invaders, Pac-Man, Rampage e Joust. A empresa de videoxogos, radicada en Chicago, foi unha das mais salientábeis do mundo nos últimos 30 anos pero após dunha série de medidas desafortunadas tivo que se declarar en bancarrota e ir á creba xudicial a primeiros deste ano.

A Warners non revelou que plans ten para os xogos cos que ven de se facer nin se ten pensado converte-los en películas, ainda que o feito de que non mercaran os dous estudos de desenvolvemento cos que contaba a Midway fai pensar que non teñen intención de continuar coas franquías no mercado dos videoxogos.

A versión para o cinema do videoxogo Spy Hunter e mais o relanzamento en forma de remake de Mortal Kombat levan enriba da mesa dos produtores de Hollywood moito tempo, e se cadra esta é a súa oportunidade.

LucasArts alía-se coa Steam

9 de Xullo de 2009 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Comments Off

LoomO pasado venres, no Twitter oficial de LucasArts apareceu unha mensaxe que apuntaba a que axiña emitirían un comunicado que interesaría aos fans da vella escola da compañía. E a nova é a alianza da LucasArts con Steam, o sistema de venda online de Valve, onde estarán dispoñíbeis os clásicos Loom, The Dig e mais as dúas aventuras gráficas de Indiana Jones.

Este esforzo fará posíbel que unha nova xeración de xogadores coñeza os clásicos da LucasArts“— comentou Darrell Rodriguez, actual presidente da compañía — “Ademais, permite ao público acceder aos nosos xogos moito tempo despois da sua desaparición das tendas. Esperamos que os nosos seguidores estean tan emocionados cos nosos plans coma nós, que non podemos agardar a revelar o noso vindeiro paso. Isto é só o comezo“.

O certo é que esta alianza servirá para que os xogadores deixen de ter unha excusa para se descargar as vellas aventuras gráficas da LucasArts en sítios piratas e poidan xogar con eles (iso sí, sen poder descarga-los). O sítio Twitter da LucasArts continuará fornecendo de novidades ao respeito.

Drake’s Fortune á pantalla grande

27 de Xuño de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema, Videoxogos

Comments Off

Nate DrakeA Columbia desenvolverá o videoxogo de acción e aventuras Drake’s Fortune para converte-lo nunha longametraxe, para o que ven de contratar a Kyle Ward para que escriba o guión da adaptación, que será producida por Avi Arad, Charles Roven e Alex Gartner.

A história vai sobre un descendente do pirata inglés Sir Francis Drake, un cazador de tesouros chamado Nate Drake que coida que sabe onde se atopa Eldorado, a fabulosa cidade feita de ouro das lendas dos índios sudamericanos, grazas a unha estatuíña de ouro maldita. A procura convérte-se nunha competición cando un cazatesouros rival úne-se á rifa, que sube uns cantos puntos a tensión cando teñen que loitar contra malvadas criaturas mutantes descendentes dos malvados españois e dos non menos malvados nazis e que atacan aos protagonistas para evitar que descubran os segredos da mítica cidade.

O xogo, orixinal da Sony Computer Entertainment, vendeu un millón de cópias tan só nas súas primeiras dez semanas nas tendas cando foi lanzado a finais de 2007.

Videoxogo de Canzón de Xeo e Lume

14 de Maio de 2009 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Comments Off

canzonxelolumeA aclamada saga de novelas de fantasia e aventuras Canzón de Xeo e Lume chegará ás consolas e ao computador en forma de videoxogo, segundo ven de confirmar a compañía francesa Cyanide, posuidora dos dereitos.

A produtora francesa fixo público o seu acordo co escritor George R.R. Martin para trasladar toda a máxia dos seus libros ao lecer interactivo. Ainda que non deron moitos detalles, xa explicaron que comezaron a traballar nun xogo para PC e as consolas de nova xeración.

É previsibel que o título estea baseado en Xogo de Tronos, o primeiro dos sete libros que conforman a história, dos cales só se publicaron catro até o momento. Canzón de Xeo e Lume é unha saga de fantasia épica que narra tres histórias interconectadas: a batalla entre múltiples famílias por controlar un continente, a misteriosa ameaza dos Outros no norde e a viaxe dunha princesa exilada.

Segundo Cyanide, este material dá pé para abranguer moitos xéneros, pero prefiren non dicir ainda cal deles escollerán. “Somos seguidores de Canzón de Xeo e Lume, polo que é para nós unha verdadeira honra producir videoxogos inspirados nesta obra de arte. A estrutura do guión permitirá-nos contentar tanto aos fans da licenza como a posíbeis novos seguidores“, dixo Patrick Pligersdorffer, de Cyanide.

Este videoxogo ampliará unha história que xa adiantou o papel: a HBO está a crear unha série de televisión baseada nos libros, e por riba xa existen xogos de cartas e de rol sobre Canzón de Xelo e Lume.

A Guerra dos Aneis volve ao computador

23 de Xaneiro de 2009 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Comments Off

A ConquistaSauron está a recuperar o seu poder minguado dende hai séculos, os hobbits viven felices na Bisbarra, ignorantes dos grandes acontecimentos da Terra Média, ainda non hai rei en Gondor e Gandalf segue sendo O Gris, por baixo do poderoso Saruman.

A lendária história que J.R.R. Tolkien comezou a escribir en 1937 apareceu unha vez mais en forma de videoxogo para o PC, a Xbox 360 e mais a Play Station 3 da man da Pandemic Studios e publicada por Electronic Arts. O seu título é O Señor dos Aneis: A Conquista e herda a mecánica da saga Star Wars: Battlefront, é dicir, unha aventura de acción cun lixeiro toque estratéxico grazas á posibilidade de escoller o tipo de unidade: guerreiro, arqueiro, mago ou explorador.

Un dos maiores alicientes, ao igual que nos citados Star Wars, é o modo multixogador cooperativo, que permite que duas persoas loiten en equipa nas grandes batallas de humanos, elfos, orcos e ananos. Grazas á pantalla dividida, os dous amigos poden separar-se e ir a diferentes pontos do mapa para completar os obxectivos con rapidez, ou seguir xuntos e combinar os seus esforzos para derrubar aos inimigos mais poderosos.

Tamén hai un modo multixogador competitivo para até 4 xogadores simultáneos en modo offline (só 2 na versión de PlayStation 3) e até 16 en modo online.

En O Señor dos Aneis: A Conquista recrean-se as grandes batallas da Terceira Idade, dende o mítico enfrontamento no Abismo de Helm até a defensa de Gondor. Os Ents, os Olifantes, os Nazgul, o Balrog… todos aparecen nesta guerra.

Se cadra o mais interesante é a posibilidade de escoller entre defender o Ben ou apoiar ás forzas do Mal. Neste último caso hai que dirixir as diabólicas forzas de Sauron e participar en eventos inéditos, coma un escenário hipotético que amosa o que aconteceria despois de que Frodo non conseguise destruir o Anel Único.

Páxina seguinte »