NOVA FANTASIA » Videoxogos

O filme de Mass Effect avanza contidos
No pasado mes de xullo a Legendary Pictures organizou a sua primeira mesa redonda na Convención do Cómic en San Diego desvelando que un dos seus grandes proxectos sería a adaptación ao cinema da exitosa série de videoxogos Mass Effect.

A Legendary pediu aos seus fans que lle enviasen por Twitter preguntas aos participantes na mesa redonda, pero cos apuros de tempo moitas das preguntas ficaron sen resposta. Agora, a prensa descubriu un artigo que contén moitas preguntas e as súas correspondentes respostas da compañía sobre o proxecto.

Entre a nova información recompilada está que o filme será unha história completamente nova, non vecellada aos dous primeiros xogos nin ao vindeiro que chegará en breve. E sobre a posibilidade de que este filme sexa o primeiro dunha triloxía, a resposta foi: «estamos realmente comprometidos en facer desta unha grande película, xa veremos até onde chegamos. Temos que facer ben a primeira para saber se pode haber mais«.

A Legendary está a traballar conxuntamente coa BioWare no desenvolvemento deste proxecto e non poden dar mais pistas sobre o reparto, agás da confirmación de que o actor Seth Green non interpretará a Joker, o persoaxe piloto ao que lle pon voz no xogo. Ademais salientaron que o filme estará centrado no persoaxe do comandante Shepard.

Star Trek para Xbox e PS3
Os produtores e guionistas de Star Trek, Bob Orci e Alex Kurtzman están a manter conversas con J.J. Abrams co fin de facer unha versión en videoxogo da famosa saga de ciéncia-ficción.

O videoxogo, para as plataformas Xbox 360 e PlayStation 3, será «unha extensión da aventura escomezada por Abrams no filme de 2009» con Kirk e Spock traballando xuntos para deter a unha lendária raza de inimigos espaciais que pretenden conquistar a nosa galáxia.

Os programadores de Bioshock 2 na compañía Digital Extremes están a traballar conxuntamente coa Bad Robot, a Paper Products e mais a Paramount Digital Entertainment nun esforzo que podería dar os seus froitos para o ano que ven, todo coa intención de que saia ao mesmo tempo cá película.

Pola súa banda, á franquía de videoxogos de Tomb Raider vai-lle pasar o mesmo cá moitos filmes: vai pasar por un relanzamento que se producirá co gallo da nova entrega da saga a finais deste ano, e no que se prometen algúns cámbios importantes na história do persoaxe de Lara Croft. A ideia neste caso é que os trocos no videoxogo sexan trasladados á pantalla grande nunha nova película que se faga eco deles.

Mortal Kombat, censurado en Austrália
O organismo governamental encargado da censura prévia en Austrália ven de rexeitar dar-lle unha clasificación á última entrega do popular videoxogo Mortal Kombat, co que na práctica a súa venda fica prohibida en toda a illa.

A clasificación ven dada por mor das «representacións gráficas realistas de mutilacións e vísceras causadas polas feridas«. Este xogo, que é un relanzamento da série, contén mais de sesenta escenas de morte, con imaxes gráficas de decapitacións, desmembramentos e sangue.

A Warner Brothers dixo que está a considerar todas as opcións, incluindo unha apelación, que xa tivo éxito anteriormente con títulos coma Aliens vs. Predator e F.E.A.R. 2. Mentres tanto, agárda-se que moito xogadores australiáns importen o videoxogo mercándo-o noutros países.

Curiosamente, foi unha controvérsia co mesmo videoxogo, pero co orixinal lanzado no ano 1994, o que ocasionou a creación en Austrália do organismo censor, promovido pola igrexa e os grupos cristiáns que desexaban salvar a moral dos nenos.

Así, a comisión censora ten a capacidade de determinar se un videoxogo é apto para nenos pequenos, até 15 anos ou entre 15 e 18. Pero dado que os videoxogos, segundo a devandita comisión, son só para menores de idade, non existe ningunha clasificación para maiores de 18, polo que os videoxogos que non son aptos para menores simplemente non reciben ningunha clasificación, e sen clasificación non poden ser vendidos legalmente.

O ano pasado 89.000 sinaturas esixiron ao governo do país que crease unha clasificación «para maiores de 18″ para os videoxogos, coma xa existe para o cinema, na que foi a petición pública con mais asinantes da história de Austrália. Nombergantes, o governo conservador considerou que os videoxogos son matéria de nenos e rexeitou a proposta.

Ao longo dos últimos anos foron moitos os videoxogos que resultaron vetados en Austrália, grazas sobre todo á laboura incansábel do Fiscal Xeral do Estado de Austrália do Sul, Michael Atkinson, cuxa aprobación era necesária para crear unha clasificación «para maiores de 18″. O ano pasado Atkinson renunciou ao seu cargo, o que abriu esperanzas aos xogadores, pero a nova xunta de Fiscais Xerais decidiu que non tomaría unha decisión até o ano que ven, 2012.

O regreso triunfal de Duke Nukem Forever
A 2K Games e mais a Gearbox Software anunciaron o pasado día 21 que o lendário heroe Duke Nukem fará por fin, 13 anos despois, o seu regreso triunfal ao mundo dos videoxogos nas plataformas Xbox 360, PlayStation 3 e Windows PC o vindeiro 3 de maio nos Estados Unidos e o día 6 do mesmo mes no resto do mundo.

Mália a súa antigüidade, Duke Nukem é unha das marcas mais salientábeis, populares e recoñecíbeis no mundo da indústria dos videoxogos de ciéncia-ficción e terror. Irreverente, non-políticamente correcto e moi macho, Duke Nukem é o heroe perfecto para patear os cús dos malos dentro dos arquetipos de videoxogos violentos de hoxe en día. E nesta ocasión non se privará de aparecer co seu cigarro na boca, rodeado de rapazas lixeiras de roupa e mais violento e agresivo ca nunca. Tanto, que o seu vídeo trailer de presentación oficial aparece pixelizado en moitas zonas para evitar que sexan visíbeis os atributos das rapazas (e os do heroe tamén).

Duke Nukem é unha série de videoxogos que escomezaron en 1991 e centradas no seu protagonista, Duke Nukem. Orixinalmente creado por Apogee Software Ltd./3D Realms coma saga para o PC, a franquía expandeu-se para outras consolas co paso do tempo e foi versionada por outras empresas. En 2010 os dereitos da franquía foron vendidos á Gearbox Software.

O xogo Duke Nukem Forever levaba sendo anunciado dende 1997, un ano despois de que Duke Nukem 3D volvera arrasar unha vez mais entre todos os amantes dos xogos de disparo en primeira persoa, e agora por fin seica póde-se cumprir a promesa do seu lanzamento… ainda que para estar seguros, haberá que agardar a maio.

A primeira aventura gráfica en galego
Gato Salvaje S.L., unha empresa constituida por un grupo de xóvenes de entre 25 e 28 anos, presentou este martes na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña o seu primeiro produto comercial, o videoxogo AR-K, unha aventura gráfica de ambientación futurista que mistura a intriga e o humor e que se distribuirá no mercado internacional a través da Internet. Para o 9 de febreiro de 2011 estará dispoñíbel para a súa venda na Rede o primeiro capítulo, titulado Sexo, mentiras e traballos de clase.

Sergio Prieto, sócio fundador de Gato Salvaje, explicou que o xogo disporá dunha dobraxe profesional, sairá simultáneamente en galego, español, alemán e inglés e, para abaratar o seu custe, desenvolverá-se coma unha série de cinco episódios, que se comercializarán de xeito separado. «Para competir nun mercado coma o dos videoxogos con poucos recursos, é importante ter claros os límites que podes acadar, e por iso decidímo-nos por un produto independente, de baixo prezo, pero de alta calidade«, asegurou.

Cada entrega custará 5,95 euros e Gato Salvaje conta con vender unhas 20.000 unidades da primeira. Distribuirá-se a través de descarga directa e inicialmente só estará dispoñíbel para Windows, ainda que se a resposta comercial é boa, farán-se tamén versións para Linux, Mac e plataformas móbiles coma o iPhone. A estas alturas xa se pdoe mercar unha licéncia para o xogo no website do grupo.

A aventura gráfica conta a história de Alicia, unha estudanet de xornalismo cuxa vida transcurre nunha sociedade futurista e utópica, onde todas as necesidades semellan estaren cubertas. Nombergantes, vive en primeira persoa unha série de acontecementos que lle fan prantexar-se o que cré saber sobre o seu mundo e o sistema no que medrou. O achádego dun misterioso obxecto levará-a a se introducir nunha complicada trama de investigación, na que terá que detectar todas as mentiras que separan a apariéncia da realidade.

Caruso fala de Dead Space
O director D.J. Caruso (Eagle Eye, Disturbia) revelou nunha recente entrevista que a adaptación ao cinema do videoxogo de ciéncia-ficción e terror Dead Space ainda está a dar os seus primeiros pasos.

O xogo está ambientado no século XXVI no espazo profundo, onde un enxeñeiro que responde a un sinal de socorro dunha nave mineira atopa o interior infestado con monstrosas creaturas chamadas necromorfos. As creaturas son cadáveres humans, reanimados por un virus alieníxena.

«Ainda non temos un guionista para isto, pero… xusto antes de marchar estabamos a escoitar a distintos escritores e collendo algúns guións. Temos que decidir-nos por un par unha vez que saibamos o que imos facer. Tentamos rachar a história de xeitos diferentes. Sinto que poderemos ter un guión nuns poucos meses«, dixo Caruso. Seica a ideia coa que contan en princípio é a de facer unha precuela, que convenza aos estudos de que o filme non será unha segunda Event Horizon.

Mass Effect ao cinema
A Legendary Pictures e mais a Warner Bros. Pictures veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema o exitoso videoxogo da BioWare Mass Effect, segundo ven de confirmar unha nota de prensa feita pública pola Electronic Arts Inc.

A série de videoxogos de temática enfocada na ciéncia-ficción épica ten lugar no ano 2183 e vai sobre as aventuras do comandante Shepard da nave SS Normandy, quen lidera un grupo coa misión de derrotar a unha antiga raza álien que invade a galáxia cada 50,000 anos, destruíndo toda forma de vida orgánica (está claro que nunca chegaran á Terra antes!).

O segundo videoxogo nunha triloxía que está ainda por se desenvolver chegou ás tendas o pasado mes de xaneiro e colleitou unhas críticas boísimas por parrte da prensa especialziada en todo o mundo. Mark Protosevich (I Am Legend, Thor) está en discusións para se converter no guionista do filme.

Thomas Tull, Jon Jashni, Avi e Ari Arad serán os produtores.

RollerCoaster ao cinema
Dentro da moda que semella ser nos últimos tempos converter videoxogos en películas, seica lle toca agora a un xogo que ninguén podía agadar de antemán ver pasado á pantalla grande, xa que é de estratéxia. Así, a Sony Pictures Animation ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o videoxogo da Atari RollerCoaster Tycoon.

David Ronn e Jay Scherick (Os Pitufos, The Zookeeper) escribirán o libreto desta adaptación, que contará con actores reais inteactuando con animación xerada por computador. O xideoxogo orixinal ten coma obxectivo administrar un parque de atraccións, no que o xogador pode tamén deseñar e persoalizar as montañas rusas.

Harald Zwart (The Karate Kid) será o produtor executivo e pode que tamén o director desta adaptación.

Guionista para Uncharted
Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly (Sahara, A Sound of Thunder, Dead of Night) será a parella de guionistas que escriba a adaptación para o cinema do popular videoxogo da Sony Uncharted.

A história, baseada no primeiro xogo da série (Drake’s Fortune), narra as aventuras dun cazador de tesouross chamado Nate Drake, convencido de que coñece o paradoiro de Eldorado, a fabulosa cidade de ouro situada nalgures en Sudamérica, grazas a unha estatuíña de ouro enmeigada.

A procura converterá-se nunha competición cando un cazatesouros rival se una á expedición, peroserá ainda pior cando unhas criaturas maléficas mutantes descendentes dos españois e dos nazis, comecen a atacar aos que queren apoderar-se dossegredos do mítico tesouro.

O primeiro xogo foi o mais aclamado da plataforma Playstation 3. A súa secuela, Among Thieves, foi lanzada recentemente e axiña chegou ao cúmio dos videoxogos mais vendidos do presente ano.

Kyle Ward fora anunciado previamente coma o guionista deste filme, pero seica o acordo non chegou a coallar.

El internado pása-se aos videoxogos
A série de televisión El internado ven de se converter na primeira de ficción española que conta cunha versión en videoxogo. Coincidindo coa estrea da sexta tempada da série, o luns 16, a empresa Namco Bandai puxo no mercado o videoxogo oficial para Nintendo DS de El internado.

Esta série de mistério que está na fronteira do fantástico foi un dos grandes éxitos de audiéncia da pasada tempada de Antena 3, cunha média de algo mais de tres millóns de seguidores semanais, e agora dá o chimpo aos videoxogos con guións supervisados pola equipa da ficción televisiva.

Coma na série producida por Globomedia, os xogadores verán-se envoltos en numerosas tramas de mistério e terror, e contarán asemade con contidos extras e argumentos paralelos aos da série.

O fenómeno de fans desta ficción televisiva, que conta cun clube de fans de dez mil persoas, animou tamén á canle privada a lanzar a Guía Oficial de El internado, que inclúe curiosidades da série, un percorrido en 3 dimensións polos decorados e mais o escudo oficial dá série.

Spore será un filme
A 20th Century Fox e mais a Electronic Arts van-se asociar para producir un filme de debuxos animados xerados por computador baseada no popular videoxogo online Spore.

Neste xogo, aparecido o ano pasado, os participantes deben crear creaturas de seu e mais os mundos onde deberán vivir para compartir cos outros xogadores nun universo común. Greg Erb e Jason Oremland (The Princess and the Frog, The Return of King Doug) serán os encargados de escribir o guión.

Chris Wedge (Ice Age) será quen ocupe a cadeira de director, mesmo ainda que ven de ser vencellado ao novo proxecto de Leaf Man para a Fox a semana pasada.

O Crepúsculo virtual online
A compañía de videoxogos interactivos enfocada aos adolescentes Habbo vai colaborar coa Summit Entertainment para crear o que ainda faltaba por ver e que seica todos os rapaces (e especialmente rapazas) estaban a desexar: un mundo virtual ambientado en Twilight.

O espazo online incluirá actividades, contidos e enquisas centrados en Twilight. Os usuários poderán crear persoaxes de seu e interactuar (básicamente chatear) con outros usuários nun contorno virtual.

O sítio ten previsto escomezar as suas actividades co gallo da estrea nos cinemas da nova entrega da saga de Crepúsculo, que levará por título The Twilight Saga: New Moon.

Segundo informa a compañía, os nenos que entren neste mundo virtual poderán decorar as súas própias habitacións con elementos baseados no filme.

Habbo está implantado en 31 países, cun total de 13 millóns de usuários únicos cunha média de idade de 15 anos.

Novo éxito de Néstor García en World of Warcraft
Segundo informan no xornal La Voz de Galicia, unha vez mais, o marinense Néstor García Trabazo alzou-se, xunto á sua equipa, como un dos mellores do mundo no BlizzCon 2009, o campeonato mais prestixioso de World of Warcraft, ao obter o terceiro posto. Non é a primeira vez que o galego é mundialmente recoñecido, xa que en 2007 obtivo o primeiro lugar no campeonato mundial de WoW.

O ano pasado, nombergantes, non destacou no mundial, polo que nesta nova edición Néstor e mais a sua equipa puxeron todo o seu empeño en conseguir o primeiro lugar no campeonato europeo que se realizou en Köln, Alemania, para se coar na final mundial.

Néstor, cuxo nick nas competicións é Souler, viaxou aos Estados Unidos cos seus dous compañeiros de xogo para participar no prestixioso torneio. Tras dúas axustadísimas xornadas, o de Marín e mais a sua equipa lograron o terceiro posto. O primeiro lugar foi para a equipa americana que se enfrentou na última etapa á equipa de Coreia do Sul. O ano pasado, Souler fora fichado pola sua equipa actual de videoxogos, o e-sport club X6tence, un dos millores de España.

Néstor e mais os seus dous parceiros, Javier Dobóm, de Valéncia, e Víctor Sánchez, de Málaga, levan mais de catro anos adicando todo o seu tempo libre ao xogo de rol masivo que se disputa on-line e no que os participantes se aventuran nun mundo de batallas. E o esforzo pagou a pena, porque ademais do recoñecemento mundial no mundiño dos videoxogos, os tres españois receberon un prémio de 10.500 euros.

BlizzCon é a festa dos xogadores de Warcraft, StarCraft, Diablo e das comunidades que os rodean. O torneo celebrou-se o pasado fin de semana en Anaheim, Califórnia. Para o trío, o Blizzcon representou unha oportunidade única de medir as suas forzas cos millores contrincantes do mundo. O de Marín asegura que os torneos oficiais son a millor forma de dar a coñecer os logros das equipas españolas.

Aproveitando a sua estáncia nos Estados Unidos, Souler participará nunha nova competición, esta vez en Dallas. Trata-se do torneo Major League Gaming que se celebrará do 28 ao 30 de agosto e no que Néstor espera repetir a fazaña de estar entre os millores.

A Warners fai-se coa Midway Games
A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos sobre moitos dos videoxogos da agora defunta compañía Midway Games grazas a que un tribunal puxo á venda os activos desta empresa, que se atopa nun proceso de creba.

Por uns módicos 33 millóns de dólares os estudos se fixeron con franquías tan populares coma Mortal Kombat, Spy Hunter, Space Invaders, Pac-Man, Rampage e Joust. A empresa de videoxogos, radicada en Chicago, foi unha das mais salientábeis do mundo nos últimos 30 anos pero após dunha série de medidas desafortunadas tivo que se declarar en bancarrota e ir á creba xudicial a primeiros deste ano.

A Warners non revelou que plans ten para os xogos cos que ven de se facer nin se ten pensado converte-los en películas, ainda que o feito de que non mercaran os dous estudos de desenvolvemento cos que contaba a Midway fai pensar que non teñen intención de continuar coas franquías no mercado dos videoxogos.

A versión para o cinema do videoxogo Spy Hunter e mais o relanzamento en forma de remake de Mortal Kombat levan enriba da mesa dos produtores de Hollywood moito tempo, e se cadra esta é a súa oportunidade.

LucasArts alía-se coa Steam
O pasado venres, no Twitter oficial de LucasArts apareceu unha mensaxe que apuntaba a que axiña emitirían un comunicado que interesaría aos fans da vella escola da compañía. E a nova é a alianza da LucasArts con Steam, o sistema de venda online de Valve, onde estarán dispoñíbeis os clásicos Loom, The Dig e mais as dúas aventuras gráficas de Indiana Jones.

«Este esforzo fará posíbel que unha nova xeración de xogadores coñeza os clásicos da LucasArts«— comentou Darrell Rodriguez, actual presidente da compañía — «Ademais, permite ao público acceder aos nosos xogos moito tempo despois da sua desaparición das tendas. Esperamos que os nosos seguidores estean tan emocionados cos nosos plans coma nós, que non podemos agardar a revelar o noso vindeiro paso. Isto é só o comezo«.

O certo é que esta alianza servirá para que os xogadores deixen de ter unha excusa para se descargar as vellas aventuras gráficas da LucasArts en sítios piratas e poidan xogar con eles (iso sí, sen poder descarga-los). O sítio Twitter da LucasArts continuará fornecendo de novidades ao respeito.

Drake's Fortune á pantalla grande
A Columbia desenvolverá o videoxogo de acción e aventuras Drake’s Fortune para converte-lo nunha longametraxe, para o que ven de contratar a Kyle Ward para que escriba o guión da adaptación, que será producida por Avi Arad, Charles Roven e Alex Gartner.

A história vai sobre un descendente do pirata inglés Sir Francis Drake, un cazador de tesouros chamado Nate Drake que coida que sabe onde se atopa Eldorado, a fabulosa cidade feita de ouro das lendas dos índios sudamericanos, grazas a unha estatuíña de ouro maldita. A procura convérte-se nunha competición cando un cazatesouros rival úne-se á rifa, que sube uns cantos puntos a tensión cando teñen que loitar contra malvadas criaturas mutantes descendentes dos malvados españois e dos non menos malvados nazis e que atacan aos protagonistas para evitar que descubran os segredos da mítica cidade.

O xogo, orixinal da Sony Computer Entertainment, vendeu un millón de cópias tan só nas súas primeiras dez semanas nas tendas cando foi lanzado a finais de 2007.

Videoxogo de Canzón de Xeo e Lume
A aclamada saga de novelas de fantasia e aventuras Canzón de Xeo e Lume chegará ás consolas e ao computador en forma de videoxogo, segundo ven de confirmar a compañía francesa Cyanide, posuidora dos dereitos.

A produtora francesa fixo público o seu acordo co escritor George R.R. Martin para trasladar toda a máxia dos seus libros ao lecer interactivo. Ainda que non deron moitos detalles, xa explicaron que comezaron a traballar nun xogo para PC e as consolas de nova xeración.

É previsibel que o título estea baseado en Xogo de Tronos, o primeiro dos sete libros que conforman a história, dos cales só se publicaron catro até o momento. Canzón de Xeo e Lume é unha saga de fantasia épica que narra tres histórias interconectadas: a batalla entre múltiples famílias por controlar un continente, a misteriosa ameaza dos Outros no norde e a viaxe dunha princesa exilada.

Segundo Cyanide, este material dá pé para abranguer moitos xéneros, pero prefiren non dicir ainda cal deles escollerán. «Somos seguidores de Canzón de Xeo e Lume, polo que é para nós unha verdadeira honra producir videoxogos inspirados nesta obra de arte. A estrutura do guión permitirá-nos contentar tanto aos fans da licenza como a posíbeis novos seguidores«, dixo Patrick Pligersdorffer, de Cyanide.

Este videoxogo ampliará unha história que xa adiantou o papel: a HBO está a crear unha série de televisión baseada nos libros, e por riba xa existen xogos de cartas e de rol sobre Canzón de Xelo e Lume.

A Guerra dos Aneis volve ao computador
Sauron está a recuperar o seu poder minguado dende hai séculos, os hobbits viven felices na Bisbarra, ignorantes dos grandes acontecimentos da Terra Média, ainda non hai rei en Gondor e Gandalf segue sendo O Gris, por baixo do poderoso Saruman.

A lendária história que J.R.R. Tolkien comezou a escribir en 1937 apareceu unha vez mais en forma de videoxogo para o PC, a Xbox 360 e mais a Play Station 3 da man da Pandemic Studios e publicada por Electronic Arts. O seu título é O Señor dos Aneis: A Conquista e herda a mecánica da saga Star Wars: Battlefront, é dicir, unha aventura de acción cun lixeiro toque estratéxico grazas á posibilidade de escoller o tipo de unidade: guerreiro, arqueiro, mago ou explorador.

Un dos maiores alicientes, ao igual que nos citados Star Wars, é o modo multixogador cooperativo, que permite que duas persoas loiten en equipa nas grandes batallas de humanos, elfos, orcos e ananos. Grazas á pantalla dividida, os dous amigos poden separar-se e ir a diferentes pontos do mapa para completar os obxectivos con rapidez, ou seguir xuntos e combinar os seus esforzos para derrubar aos inimigos mais poderosos.

Tamén hai un modo multixogador competitivo para até 4 xogadores simultáneos en modo offline (só 2 na versión de PlayStation 3) e até 16 en modo online.

En O Señor dos Aneis: A Conquista recrean-se as grandes batallas da Terceira Idade, dende o mítico enfrontamento no Abismo de Helm até a defensa de Gondor. Os Ents, os Olifantes, os Nazgul, o Balrog… todos aparecen nesta guerra.

Se cadra o mais interesante é a posibilidade de escoller entre defender o Ben ou apoiar ás forzas do Mal. Neste último caso hai que dirixir as diabólicas forzas de Sauron e participar en eventos inéditos, coma un escenário hipotético que amosa o que aconteceria despois de que Frodo non conseguise destruir o Anel Único.

Freerealms, un xogo online gratuito
As dificuldades para rañar audiéncia aos seus competidores empurraron á Sony Online Entertainment a desenvolver un modelo de negócio baseado no acceso gratuito, sufragando os custes mediante publicidade prévia á carga do xogo, como tráilers de estreas de cinema, e conseguindo patrocinadores para as misións. Deste xeito non será estraño ler na pantalla que empresa patrocina a caza do dragón.

Cunha ampla experiencia no xénero online, xa que Sony Online Entertainment é responsábel de Everquest, un dos xogos mais famosos no seu momento, «o novo título é unha mistura de todo aquilo que lle poda gostar a un preadolescente«, en palabras do seu presidente, John Smedley durante a sua apresentación na feira de Las Vegas.

Mentres se crea o personaxe no mesmo navegador web mediante unha aplicación flash, o sistema trasfire todo o xogo ao computador en segundo plano. Deste xeito non hai incómodas instalacións nin tempos de carga. Os personaxes poden ser humanos ou fadas, éstas últimas pensadas para as nenas que seica senten maior atención cós nenos por estes seres.

Haberá catro modos de xogo, sendo o combate un deles, pero ao que ninguén estará obrigado, pois antes de cada liorta hai que aceitar un convite. Así crea-se un ambiente seguro onde desenvolver aos personaxes. Non hai morte nen sangue, só perdas do coñecemento.

Outros modos de xogo implican realizar micro-transaccións que a SOE confía en que os afeizoados farán co cartón de creto e o consentemento dos pais. Cos pontos obtidos pode-se mercar unha mascota e adicar-se por completo ao seu coidado.

No mundo de Freerealms hai decenas de xogos nos que participar, como xadrez, carreiras e un completísimo xogo de colección e troco de cartas que terá o seu equivalente no mundo real con barallas que poderán mercar-se en calquera quiosque.

O videoxogo de Watchmen, en capítulos
A diferenza de Iron Man, Hulk, As crónicas de Nárnia, a saga de Harry Potter ou X-Men, O Señor dos Anéis ou calquera outra adaptación cinematográfica de renome que acarrea vendas millonárias, non se editarán discos para o videoxogo de Watchmen, que chegará en marzo mediante capítulos descarregabeis para as plataformas Xbox 360 e Playstation 3. Será unha precuela do acontecido na novela gráfica e o seu primeiro episodio se denominará The End is Nigh.

A Warner decidiu apostar pola distribución dixital do xogo, aforrando custes de distribución. As compañías cada vez obteñen mais benefícios dos contidos que oferecen a través da Internet ou dos xogos creados para este tipo de distribución. Nombergantes, adoitan ser proxectos menos cobizosos que non se apoian en licenzas poderosas.

Sen embargo, Watchmen chegará pola Internet e non de forma completa, se non que ser irá vendendo en episódios que irán lanzando-se en distintos intervalos de tempo. O xénero elixido para o xogo foi o beat’em up, é dicir, xogos de acción cuxo desenvemento basea-se  en bater aos numerosos inimigos que saen ao paso. Os protagonistas serán Rorschach e mais o Búho Nocturno, dous dos personaxes mais carismáticos da licenza. Até dous xogadores poderán participar de forma cooperativa na mesma consola ainda que non a través da Internet.

O título do primeiro episódio, que chegará a Xbox Live e Playstation Network, é The End is Nigh. Nel relatarán-se acontecementos anteriores ao relatado no filme, que finalmente a Warner estreará en marzo tras ter chegado a un acordo coa Fox. Situará-se en New York en 1972, cinco anos antes cá novela gráfica. Desta forma, servirá para coñecer mellor o pasado de dous dos protagonistas mais carismáticos do cómic.

Mark Hamill será o Joker
Mark Hamill, que encarnou ao célebre Luke Skywalker na triloxia orixinal da Guerra das Galáxias, cederá a sua voz ao malvado Joker nunha nova aventura do cruzado con capa en Batman: Arkham Asylum. Iso si, non se trata da nova entrega cinemátográfica do home morcego, senon do videoxogo creado pola Eidos e mais a Warner Bros.

Como o título indica, tráta-se da adaptación do cómic do mesmo nome escrita en 1989 por Grant Morrison e ilustrada por Dave McKean, que foi a novela gráfica millor vendida da DC Comics durante vários anos con mais de meio millón de cópias.

Arkham Asylum é o manicómio de Gotham City e o punto de partida do cómic e mais o videoxogo é o dia dos Inocentes; os reclusos do sanatório (a maioria de superfalcatruáns inimigos de Batman: o Joker, o Pingüín, o Espantallo ou Poison Ivy) amotinan-se. O Joker fai saber ás autoridades que os funcionários secuestrados morrerán se Batman non fica unha noite entre os muros do manicómio.

Mark Hamill non é novo nestas lides: xa participou como dobrador do sádico pallaso nas séries de debuxos animados de Batman e Superman creada nos 90, e mais recentemente na Liga da Xustiza.

Os Cazapantasmas en videoxogo
Hai xa meses que se ven falando do vindeiro videxogo dos Cazapantasmas. Agora, un novo vídeo amosa o progreso do desenvolvemento do título, que pretende manter todo o espírito dos populares filmes dos 80. As novas imaxes revelan unha estética mais de debuxo animado cás capturas e vídeos anteriores. Ademais, os gráficos están mais detallados e millor definidos có que se puido ver na pasada feira do videxogo E3 en Los Angeles.

Pero a grande novidade é que, por primeira vez se escoitan as voces dos protagonistas (Peter, Ray, Egon e Winston), que son as dos actores dos filmes (Bill Murray, Dan Aykroyd, Harold Ramis e Ernie Hudson), moi implicados no proxecto.

Finalmente, o xogo non estará baseado en ningunha das duas longametraxes se non que contará unha história orixinal, escrita polos guionistas do filme (Dan Aykroyd e Harold Ramis), e que transcorrerá dous anos despois de Cazapantasmas II.

O xogo sairá para PC, PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS en 2009, cadrando co 25 aniversário dos Cazapantasmas e o lanzamento dos dous filmes en Blu-ray.

Gears of War 2, dous millóns en vendas
Seguindo o éxito doutros coma Halo 3 ou esta mesma semana Fallout 3, Gears of War 2 arrasou na sua saída, vendendo dous millóns de unidades tan só na súa primeira fin de semana.

Mais de 20.000 comércios en todo o mundo abriron as suas portas ás 00:00 horas do pasado venres 7 de novembro para celebrar o lanzamento mundial en 20 países do esperado xogo exclusivo da Xbox 360.

Non só nas tendas, tamén na Internet triunfou o xogo da Epic Games. Mais de 1,5 millóns de persoas conectaron-se a Gears of War 2 na Xbox Live durante a fin de semana, sumando un total de 15 millóns de horas de xogo e establecendo un novo record de usuários conectados á Xbox LIVE.

«Estabamos moi emocionados polo lanzamento simultáneo de Gears of War 2 en todo o mundo, algo case inédito na indústria dos videoxogos«, asegurou o deseñador xefe da Epic Games, Cliff Bleszinski. «Queríamos que todos os nosos fans de todo o mundo compartisen unha experiéncia única o dia do lanzamento«.

Plantexado como un xogo de terror e ciéncia-ficción en terceira persoa con tiroteos tácticos que dan especial importáncia á cobertura, Gears of War 2 amosa a encarnizada loita de Marcus Fenix e mais o Escuadrón Delta contra os terroríficos Locust para tentar salvar as últimas cidades de Sera. Ten unha calificación PEGI para maiores de 18 anos e está dispoñíbel en exclusiva para a Xbox 360 cun prezo de venda recomendado de 64,99 euros a edición estándar e de 74,99 euros a Edición de Coleccionista Limitada.

A primeira parte deste videoxogo xa vendera mais de 5 millóns de unidades en todo o mundo.

O Inferno, á Universal
Nunha poxa moi apretada, a Universal Pictures ven de se facer cos dereitos cinematográficos sobre a vindeira produción da compañía de videoxogos Electronic Arts, Dante’s Inferno.

A Strike Entertainment de Eric Newman e mais Marc Abraham serán os produtores xunto á mesma EA. Asemade, o creador do xogo, Jonathan Knight, participará moi de preto no desenvolvemento do filme.

Tanto o xogo coma o filme incorporan unha viaxe a través das profundidades do inferno, e están baseadas no clásico de Dante Alighieri A Divina Comédia.