A Pixar prepara Don Quixote

27 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Don QuixoteOs últimos rumores pola Rede, e especialmente o blog Upcoming Pixar, que informa de todo o que rodea aos famosos estudos de cinema americanos de animación, afirma que Up, un filme baseado na novela de Cervantes Don Quixote da Mancha, será unha das vindeiras películas da casa.

O clásico de Cervantes tivo xa várias adaptacións ao cinema, ainda que ningunha delas tivo éxito. É máis, esta obra mestra da literatura española ten certo aura de maldita no cinema, por mor dos proxectos fallidos de Orson Welles ou Terry Gilliam, que non chegaron a completar as suas películas.

Precisamente este nadal estreou-se en Galiza Donkey Xote, un filme en animación 3D da produtora galega Filmax dirixida por José Pozo. A fita, unha libre adaptación do clásico castelán, narra a historia de Don Quixote e Sancho Panza a través dos ollos do seu cabalo e o seu burro.

Un dos directores de Monstros S.A, Pete Docter, sería o responsábel de Up, cuxa data de estrea sería o 12 de xuño de 2009.

Peter Berg confirmado para Dune

24 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Peter BergApós de sortear os rumores durante un par de meses, durante unha entrevista para unha coñecida canle musical de televisión, o director Peter Berg desvelou perante as cámaras que o trato xa estaba feito e que el será o encarregado de facer a nova versión de Dune, afirmando mesmo que de non ser pola actual folga de guionistas, a película xa estaría a se rodar arestora.

Berg dixo que ainda que non teñen guión, xa fixeron unha listaxe de escritores dispostos a se poñer en marcha en canto remate a folga. O realizador dixo que é “un grande fan do libro” de Frank Herbert e cando foi cuestionado verbo da escala do proxecto, simplemente replicou que sería “grande, grande, grande“.

Mentres, Berg tamén confirmou que antes de facer Dune, dirixirá a Tom Cruise no seu seguinte filme, que irá sobre un axente da CIA fugado por mor dunha acusación de ser un espía. Berg dixo que o filme, titulado Edwin A. Salt e que será un thriller, é “un papel perfecto para Tom“.

Salón do manga… por ombreiro

24 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Fans

Comments Off

Logo de XuvenáliaSeica o Salón do Manga de Vigo, que tiña prevista a súa celebración do 26 ao 28 de decembro, non vai ter lugar, ou alomenos non nas datas que nun princípio se anunciaran.

A Asociación Xuvenil-Cultural Ippon, que segundo se informara nun primeiro intre, estaba atrás da organización, explica nun comunicado que teñen posto na súa páxina Web as razóns polas que se cancelou o acontecemento, afirmando que non teñen ren que ver co “suposto Salón do Manga de Vigo“, ainda que “certamente si houbo un contacto coa empresa responsábel“.

Segundo o comunicado, hai un mes e médio, a empresa que xestiona o proxecto púxo-se en contacto coa Asociación Ippon para que trasladara os seus Encontros dentro do marco de actividades de Xuvenália. Perante esta oportunidade, a xunta directiva da Asociación aprobou tomar parte no devandito proxecto.

O problema chegou cando a empresa comunicou que non contaba co apoio económico abondo para a actividade, que non contaban cos permisos da Autoridade Portuária e que non chegaran as subvencións, polo que a Asociación considerou lóxicamente imposíbel a realización do evento.

Dende Ippon prometen publicar en datas vindeiras máis información sobre o que acontecerá cos IX Encontros, e aos sócios se lles convocará a unha asemblea extraordinária que terá lugar antes de rematar o ano.

Os proxectos de Sam Raimi

20 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Sam RaimiO director da saga de Spiderman, Sam Raimi, regresará ás súas raíces no xénero fantástico encargándo-se do filme Drag Me to Hell, un thriller sobrenatural que escribiu xunto co seu irmán Ivan Raimi.

Após Drag Me to Hell, Raimi ten xa apuntado na axenda escomezar con O Hobbit para a New Line e mais a MGM agora que Peter Jackson, que será o produtor executivo dos filmes, xa deixou claro que non será o director.

Drag Me to Hell
, un conto con moralexa sobre unha persoa non moi intelixente que recibe un meigallo, comenzará a se producir a primeiros do ano que ven. Estará financiado pola Ghost House, unha empresa que crearon Raimi e Rob Tapert hai anos coa Mandate Pictures.
Lér mais

Michael Knight, ferido

20 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como TV

Comments Off

Justin BrueningJustin Bruening, o protagonista do vindeiro telefilme/piloto da NBC Knight Rider [O coche fantástico], resultou ferido de consideración mentres rodaba unha escena o pasado 14 de decembro e requeriu hospitalización.

Bruening feriu-se no xoenllo mentres rodaba unha escena de loita, segundo desvelou un voceiro da NBC á prensa. De contado foi levado ao hospital, onde após de ser ingresado, foi dado de alta.

Knight Rider, prevista para febreiro, é a secuela da série dos anos 80 O coche fantástico que protagonizara David Hasselhoff.

Prepára-se o remake do Orfanato

20 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

El OrfanatoJuan Antonio Bayona, o director do filme O Orfanato, que está estes días nos Estados Unidos co gallo da estrea naquela país do seu filme, prevista para o vindeiro día 28, revelou á prensa que xa lle ofreceron facer un remake en inglés pero que declinou a proposta.

Foi o produtor Guillermo del Toro quen lle fixo a oferta, segundo Bayona: “É un home moi xeneroso, el mo ofreceu, eu fun o primeiro a quen se lle fixo esta proposta de dirixir a película, pero para min era demasiado. Preciso dalgo diferente agora“.

Del Toro (o director de Hellboy) produciu e presentou O Orfanato, o filme que representará a España nos prémios da Académia do cinema de Hollywood. A fita está protagonizada por Belén Rueda e conta cun guión de Sergio G. Sanchez. Del Toro producirá tamén a versión inglesa do filme, que se fará de todos os xeitos, con ou sen Bayona, e dirixida ao público americano.

Bayona non está preocupado polos trocos que se poderán facer na súa história: “Unha obra de teatro póde-se facer mil veces e ninguén se queixa por iso. Non é unha aldraxe, coido. De feito, espero que o remake será moi diferente e non tebntará facer a mesma cousa“.

Peter Jackson producirá O Hobbit

18 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Capa do libro orixinalO gañador de vários premios da Académia, Peter Jackson, Harry Sloan, director e presidente dos estudos Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (MGM), e Bob Shaye e Michael Lynne, co-directores e copresidentes da New Line Cinema, veñen de anunciar hoxe en común que chegaron á seguinte série de acordos:

1º. MGM e New Line co-financiarán e co-distribuirán dúas películas, O Hobbit e unha secuela de O Hobbit. A New Line distribuirá en América e a MGM distribuirá internacionalmente.

2º. Peter Jackson e Fran Walsh serán os produtores executivos de dúas películas baseadas en O Hobbit. A New Line dirixirá a produción das películas, que se rodarán simultáneamente.

3º. Peter Jackson e a New Line arranxaron todos os preitos en relación coa triloxía de O Señor dos Aneis.
Lér mais

Debuxos animados á caza do Oscar

18 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

RatatouilleBeowulf e Ratatouille serán dous dos filmes que mália ser de debuxos animados, participarán coma candidatos para levaren o Oscar, o prémio da Académia aos millores efectos especiais.

Deste xeito, unirán-se aos outros 13 contendentes na loita final por entraren nas nominacións. Entre estes atópan-se filmes coma Evan Almighty, O compás dourado, Harry Potter e a Orde do Fénix, Eu son Lenda, Piratas do Caribe 3, Spiderman 3, Sunshine, 300, Transformers e The Water Horse: Legend of the Deep.

A listaxe definitiva dos 15 filmes precandidatos foi proposta por un comité que tivo que escoller entre 307 filmes que optaban a entrar. O seguinte que terá que facer o comité é estreitar esta lista a tan só 7 candidatos a primeiros de xaneiro, e serán eses os que compitan na tanda final, na que só ficarán tres filmes nominados aos Oscar.

As nominacións definitivas aos prémios serán anunciadas o vindeiro 22 de xaneiro de 2008.

De Gollum a Haddock, en Tintín

18 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Comments Off

Andy Serkis caracterizado coma GollumAndy Serkis, o actor que deu vida ao malvado Gollum na triloxía do Señor dos Aneis de Tolkien, comprometeu-se con Peter Jackson para interpretar ao Capitán Haddock nunha vindeira adaptación de Tintin.

Steven Spielberg e Peter Jackson unirán-se para dirixir e producir tres fitas seguidas baseadas no popular persoaxe dos cómics para a Dreamworks. Os dous cineastas dirixirán alomenos unha película cadanseu, pero o estudo non comentou quen sería o posíbel terceiro encargado.

Tintin é un proxecto moi querido por Spielberg dende hai tempo. Éste tentara obter os dereitos cinematográficos da obra de Georges Remi (Hergé) durante máis de 25 anos, obxectivo que acadou só recentemente. Con isto conseguido, Spielberg, Jackson e a Dreamworks comezaron xa a desenvolver o proxecto dunha maneira moi silandeira.
Lér mais

Poxas de Terminator

18 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema, Fans

Comments Off

TerminatorO endoesquelete de Terminator 2: O día do xuizo foi mercado por case 345.00 euros o pasado 14 de decembro nunha poxa de artigos de cinema de Hollywood dominada polos altos prezos que acadaron os obxectos dos filmes da famosa franquía protagonizada por Arnold Schwarzenegger.

Noutra poxa, unha armadura vendeu-se por 75.000 euros e un modelo a escala 1:1 de Terminator por 50.000. Ambos artigos procedían do filme Terminator 3: o alzamento das máquinas.

Mentres, a cabeza a escala real dun tiranosáuro rex de Parque Xurásico foi o artigo que acadou o segundo prezo máis alto, vendéndo-se en 87.000 euros.

Páxina seguinte »