Asimov en PDF
Todos os relatos que o mestre da ciéncia-ficción Isaac Asimov escribiu para a revista Magazine of Fantasy and Science Fiction foron recollidos e escolmados en antoloxÃas, que agora se veñen de converter nun arquivo en formato PDF, totalmente gratuito, e que calquera se pode descargar dende este ligazón.
Os videoxogos de Riddick
30 de Outubro de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
Comments Off
A Atari ven de mercar os dereitos para desenvolver e publicar unha secuela ao seu videoxogo baseados no filme As Crónicas de Riddick e outro videoxogo novo baseado en Cazapantasmas. A compra realizouna á empresa Activision Blizzard, que posuÃa os dereitos pero rexeitou realizar os dous proxectos após de se fusionar coa Vivendi Games este verán.
Atari confirmou que lanzará The Chronicles of Riddick: Assault on Dark Athena esta primevera. Será unha secuela do videoxogo da Vivendi de 2005 Chronicles of Riddick: Escape at Butcher Bay, que contou cunha cifra de vendas moi respectábel en todo o mundo e foi aclamada no seu dÃa coma un dos millores videoxogos xamais realizados baseados en pelÃculas.
Ademáis de mercar os dereitos dos xogos á Activision Blizzard, a Atari ven de asinar un novo acordo de licéncia coa Universal que lle permitirá continuar facendo máis xogos de Riddick e converti-lo nunha franquÃa.
Os executivos da Atari non comentaron ren sobre Os Cazapantasmas, pero fontes achegadas á empresa confirmaron que tamén mercaran os edreitos para ese xogo e que teñen plans de publica-lo o verán que ve xunto ao 25º aniversário do filme orixinal.
Cóida-se que a Atari conta cun acordo de licenciamento semellante coa Sony Pictures para publicar novos xogos dos Cazapantasmas sempre que o primeiro teña éxito.
Outlander ao cinema
A Essential Pictures ven de lanzar o desenvolvemento de Outlander coma unha nova potencial saga fantástica de filmes baseada na série de novelas da escritora Diana Gabaldon. A saga, de seis libros, ten como protagonista a un cabaleiro escocés do século XVIII e a súa muller, que pode viaxar polo tempo.
Os plans de Millar para Superman
Dende o éxito do filme Wanted, que tiña moi pouca relación co cómic no que está supostamente baseado, Mark Millar foi acosado nas entrevistas que se lle fixeron por mor da súa participación na nova versión de Superman que el e mais un “grande director de acción de Hollywood“, do que non quixo revelar o nome, realizará en breve para a Warner Bros. Pictures.
Hai uns dÃas por fin rachou o seu silenzo e revelou algúns detalles da súa cobizosa história épica de oito horas que segundo dixo “narrará a vida completa de Kal-El“.
Millar dixo que o plan é facer unha saga en tres partes, e cada filme estreándo-se un ano após do outro. E engadiu: “Vai ser coma Michael Corleone nos filmes do Padriño, a história completa dende o comezo até o remate, ves onde comeza, ves o que chega a ser e a onde lle leva iso“.
Millar dixo: “Quero escomezar en Krypton, hai mil anos, e rematar con Superman só no planeta Terra, o derradeiro ser vivo na Terra, mentres o noso sol marelo vólve-se vermello e comeza a ser unha supernova, e perde os seus poderes“.
Sam Mendes o Predicador
A Sony Pictures e mais a Original Films veñen de se facer cos dereitos da popular série de cómic dos anos 90 Preacher e xa teñen a Sam Mendes (Jarhead, Revolutionary Road) disposto para que sexa o director deste proxecto.
Creado por Garth Ennis e Steve Dillon, o cómic vai sobre un predicador arruinado e posuÃdo por Xénese, unha entidade sobrenatural concebida pola unión antinatural dun anxo e mais un demo.
Dotado de inmensos poderes, o predicador asócia-se cunha antiga moza de seu e mais un vampiro irlandés borracho e adÃca-se a percorrer América para atopar a Deus, quen seica abandonou as súas responsabilidades no ceo, e asemade pedirlle contas pola súa neglixéncia.
O proxecto estivo no candeleiro recentemente grazas a un guión de Mark Steven Johnson que dirixiu Howard Deutch nun episódio piloto que pretendÃa xerar unha série na canle HBO, pero finalmente non se levou a cabo. Antes diso planeára-se unha longametraxe cun orzamento de 25 millóns de dólares e protagonziada por James Marsden.
Neal Moritz será agora o produtor desta nova versión xunto ao seu parceiro Jason Netter.
Joaquin Phoenix deixa o cinema?
Segundo informan algúns médios na Internet, o actor Joaquin Phoenix (Sinais) deixará o cinema para se adicar en exclusiva á música de agora en adiante. O seu representante seica confirmou estas declaracións, que nun primeiro intre tomáron-se coma unha bricadeira.
Laugier fará o remake de Hellraiser
O director francés Pascal Laugier (Martyrs) está en negociacións finais para escribir e dirixir unha nova versión que servirá de relanzamento da franquÃa de Hellraiser para a Dimension Films.
O filme orixinal, de 1987, que dixiriu Clive Barker baseándo-se nunha novela que escribiu el mesmo, titulada The Hellbound Heart, narraba a história dunha esposa infiel que tentaba axudar a que o seu amente morto puidese fuxir do inferno.
A franquÃa presentou aos famosos Cenobitas e ao seu lÃder, Pinhead, quen se converteron axiña en iconas do terror. As criaturas, que levan unha máscara de goma atada con cordas e alfinetes, aparecen na história cando son invocadas utilizando unha antiga caixa crebacabezas.
Laugier, que asegura que será moi fiel ao material orixinal de Barker, é coñecido ultimamente grazas a que o seu filme Martyrs estáa erguer moita controvérsia por mor das súas esceas de violéncia estrema.
Nelson escribe o guión para Shyamalan
Brian Nelson (30 Days of Night) será o guionista do thriller sobrenatural Devil (xa calificada para maiores de 13 anos nos Estados Unidos), o primeiro proxecto de M. Night Shyamalan dentro dun trato que inclúe tres pelÃculas de terror coa Media Rights Capital.
Baseada nunha história orixinal de Shyamalan, os detalles do argumento mantéñen.se en segredo, e tan só se sabe que os directores de Quarantine, John e Andrew Dowdle, serán os realizadores deste proxecto.
Sam Mercer será o produtor xunto a Shyamalan, unidos na súa empresa The Night Chronicles. Teñen previsto lanzar un novo filme por ano ao longo dos tres vindeiros anos. Shyamalan supervisará o desenvolvemento e mais a produción das pelÃculas.
A produción de Devil escomezará o ano que ven.
Neil Gaiman escava tumbas
Neil Gaiman (Stardust) será o produtor dunha adaptación con acción real da súa novela best-seller The Graveyard Book.
A novela vai sobre Nobody “Bod” Owens, un rapaz normal que vive nunha tumba, onde é criado e educado polas pantasmas.
A tumba ten vários perigos e aventuras, un antigo Home Indigo baixo as cuÃñas, un portal a un deserto que leva a unha cidade abandoada dos gules, e a extraña e terrÃbel ameaza do Sleer.
Desgrazadamente, se o rapaz abandoa a tumba, estará baixo o ataque dun home chamado Jack, que xa matou á famÃlia de Bod.
Framestore, unha empresa de efectos especiais que traballou en O Cabaleiro Escuro, está desexando producir filmes de seu e Gaiman dixo que está a traballar con eles: “Coido que imos facer exactamente o que pon no libro e iso é o que imos filmar. E coido que parte da ideia é que eles saben que poden facer os efectos especiais de xeito barato“.
Favreau e Downey nos Vingadores
Cun anúncio oficial á prensa ven-se de confirmar que Robert Downey Jr. asinou un contrato por catro filmes coa Marvel Studios que inclúe retroactivamente o primeiro Iron Man, dúas secuelas do mesmo, e ademais a longametraxe sobre Os Vingadores.
Como xa se anunciara anteriormente, Jon Favreau será o director de Iron Man 2, pero só será o produtor executivo nos Vingadores, no que tamén estará como protagonista Don Cheadle no papel de Jim Rhodes, o que interpretara Terrence Howard na primeira parte de Iron Man e que Cheadle fará na segunda.
Downey e Cheadle son as primeiras estrelas que asinan en Os Vingadores, o grupo de super-heroes formado por Iron Man, o Capitán América, Hulk, Wasp, Giant Man, Hawkeye e Thor. Non está claro se Edward Norton retomará o seu papel como Bruce Banner, o que xa fixo no filme de este ano O IncrÃbel Hulk.
Pola súa banda, Jon Favreau confirmou que probábelmente non rodará ningunha escena en formato IMAX (coma en O Cabaleiro Escuro) porque o heroe é maiormente xerado por computador e dese xeito a alta resolución non é factÃbel.
O guionista Justin Theroux xa ten case rematado o primeiro esbozo para o libreto de Iron Man 2 e a pre-produción está tamén lista para escomezar a se sincronizar coa animación, os debuxos, a procura de localizacións e demais. Ademáis, Theroux está a traballar co creador de Samurai Jack, Genndy Tartakovsky, nos deseños do filme.
Favreau engadiu que o argumento do filme terá un vencello co persoaxe do Capitán América: “Hai algunha relación entre o pai de Tony e o que aconteceu na Segunda Guerra Mundial no unievrso da Marvel, e coa organización Shield, asà que estamos a tentar meter algúns tubos de conexión para que cando aconteza algo semelle que era inevitábel“.
Iron Man 2 chegará aos cinemas o 7 de maio de 2010, mentres que o filme dos Vingadores ten prevista a súa estrea para o 15 de xullo de 2011.









