O cómic Trek

30 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cómic

Comments Off

A IDW publicará Star Trek: Countdown, unha série de cómic de catro números que servirá como precuela ao novo filme de J.J. Abrams Star Trek, e que aparecerá en xaneiro nos andeis das librarías.

A história está presentada polo mesmo Abrams e conta cun argumento dos guionistas do filme, Roberto Orci e Alex Kurtzman. Está escrito por Mike Johnson (Superman/Batman) e Tim Jones e debuxado por David Messina (Star Trek: Mirror Images). Messina tamén é o autor dos debuxos das capas da série.

Star Trek: Countdown incorpora o traballo que hai por baixo do que acontece no filme“, dixo Orci nunha declaración. “É o noso xeito de pasar o testemuño dende os persoaxes de A Nova Xeración e os seus filmes á nova película” .

O filme Star Trek ten prevista a súa estrea para o 8 de maio de 2009.

Buffy Cazavampiros ao cinema?

29 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Cando a série Buffy Cazavampiros rematou en 2003, seica non se limitou a morrer sen mais. Sunnydale (a vila onde acontecían os feitos) pode que fose esquecida, pero o universo que creou Joss Whedon xerou novas secuelas, telefilmes e diversas aparicións na pantalla grande. Nos últimos cinco anos o que mais soou foi a aparición dun cómic baseado na série, pero agora os rumores apuntan á realización dunha longametraxe.

En Hollywood escóita-se estes días que Whedon xa dispón dun guión baseado na súa famosa série televisiva e que está disposto a produci-lo en canto algún estudo lle dea a luz verde. O certo é que ainda que exista ese guión, habería que saber se é unha continuación da série, unha história nova ou unha recreación dos novos feitos que se narran nos cómics.

O enorme éxito que está a ter o filme Twilight nos cinemas americanos e as ganas de regresar ás pantallas de Sarah Michelle Gellar e David Borenaz, protagonistas de Buffy, poderían non ser abondo como para convencer a Whedon de realizar este filme, polo que haberá que esperar a ver o que el teña que dicir.

Legado dunha traxédia

28 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Música

Comments Off

Legado de una tragedia (“Legado dunha traxédia”), unha obra interpretada por 21 cantantes e case 50 músicos das bandas mais importantes de hard rock de fala española, verá a luz este luns día 1 de decembro.

Ao longo desta ópera-rock, que repasa en forma de fábula a atormentada vida do xénio, van-se narrando as andainas do escritor americano Edgar Allan Poe, cos seus fracasos, o seu paso polo exército, a sua voda coa sua curmá de trece anos, a sua relación con Charles Dickens e a sua particular visión da relixión, até que finalmente escomeza o seu declive a raíz da morte da sua esposa, derrumbándo-se mentalmente e abandoándo-se a unha vida de excesos que lle levaría a unha morte indigna, afogado na miséria.

Legado de una tragedia inclúe ademáis algunhas pezas musicadas baseadas en obras de Poe, concretamente en dous dos seus relatos: O corvo e O péndulo, ademáis de se incluir unha pequena introdución composta sobre o que están considerados os dous primeiros versos dos que se ten constáncia do autor, escritos por el á idade de 15 anos.

Ideada, composta, arranxada, producida e gravada por Joaquín Padilla e Jacobo García entre xaneiro de 2006 e febrero de 2007 nos estudos “El Cielo de Madrid”, “Estudios Espartanos” e “La Marabunta Estudios”, foi misturada por Alberto Sánchez en xullo e agosto de 2007 nos estudos de Hispamusic.

A folga está por chegar

27 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Comments Off

O Sindicato de Actores de Hollywood (SAG) enviará aos seus 120.000 afiliados unha papeleta para que voten se aproban ou non poñer-se en folga o mes que ven. A folga escomezaría, de se aprobar, en xaneiro. O presidente da SAG dixo que a folga se levará a cabo “só se é absolutamente necesária“.

Nova chega ao nº3

27 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Comments Off

O terceiro número de Nova, fanzine português de ficção científica e fantástico, foi finalmente disponibilizado para leitura. O fanzine tem ao leme o vetereno Ricardo Loureiro, ao qual se veio juntar Nuno Fonseca nas lides de co-edição. A nível de autores lusos, destaque para João Ventura e para a suculenta noveleta de João Barreiros. A edição pela primeira vez apresenta autores internacionais, com a presença de Rick. A Lovett e Douglas Smith.

O soldadiño de chumbo en Allariz

27 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Despois dun ano de traballos, Tomás Conde e Virginia Curiá remataron a curtametraxe de animación en plastilina O Soldadiño de Chumbo. Este filme estreará-se no Museo do Xoguete en Allariz (Rúa O Portelo, 4) o venres 12 de decembro ás 20:30.

Neste acto contará-se coa presenza do produtor, Pancho Casal, dos directores Conde e Curiá, do compositor Emilio Aragón, dos dobradores principais Luis Piedrahita e Manuel Manquiña e co deseñador de personaxes Alfonso Costa.

O Concello de Allariz e mais a produtora Continental Producciones asinaran en abril un convénio de colaboración para a realización da curta no Museo do Xoguete alaricano. A bromiña custou-lles 36.000 euros aos petos dos cidadáns da vila ourensá, cuxo alcalde, o nacionalista Francisco García, dixo que “participamos nun proxecto que levará o nome de Allariz e do Museo do Xoguete polos distintos festivais de cinema“.

Segundo o mesmo Concello, o convénio inclúe a venda de merchandising dos produtos do Soldadiño de Chumbo, cos que agardan poder recuperar axiña os cartos perdidos.

Gallego e Sánchez lévan-se o UPC

27 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Comments Off

A parella más prolífica e con mais sona do xénero fantástico en España, composta por Eduardo Gallego Arjona de Almería e Guillem Sánchez Gómez de Mataró, veñen de se proclamar gañadores dos prestixiosos prémios UPC de novela curta de ciéncia-ficción coa obra La cosecha del centauro. O prémio leva acarreado un cheque por 6.000 euros.

O escritor belga Alain Le Bussy recibiu a mención especial coa novela Les Fleurs de Vlau, mentres que Lois McMaster Bujold, autora de séries de grande sona coma a de Miles Vorkosigan foi a encargada de dictar a conferéncia de honra, como limiar da lectura do fallo no decurso da cerimónia de entrega dos prémios.

Miquel Barceló foi o encargado de lér o acta do xurado que estaba formado por el mesmo e por Lluís Anglada, Josep Casanovas, Jordi José e Manuel Moreno.

Ademais, o xurado decidiu outorgar a mención UPC de 1.500 EUROS a Los Ángeles de la Inmortalidad de Gerardo Benicio Da Fonseca (Brasil).

Guillem Sánchez e Eduardo Gallego son unha parella de escritores de grande sóna no eido español. Dende 1994 publican a dúo relatos e artigos relacionados coa ciéncia-ficción. A súa obra céntra-se no UniCorp ou Universo Corporativo. En palabras de Domingo Santos, tráta-se dun “universo abigarrado, variopinto, onde ten cabida todo, dende as mais amplas xestas épicas até o devir cotiá, pero principalmente un sempre presente senso da marabilla e, sobre todo, un grande senso do humor, ás veces patente, ás veces soterrado, que é unha das principais constantes dos seus autores“.

Piden o Oscar para Heath Ledger

24 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Mentres se achega a data de entrega dos Oscars, a Warner Bros continúa a intensificar a súa campaña a prol de que Heath Ledger, o finado actor que interpretou ao Joker en O Cabaleiro Escuro, a última entrega da saga de Batman, sexa ún dos nominados na categoría de millor actor secundário.

A Warner publicou no último número de Variety, a revista senelleira do sector cinematográfico, unha páxina de publicidade lembrando o grande traballo de Ledger no filme. Para elo cita un comentário do crítico de Time, Richard Corliss, ún dos que mais sona teñen nos Estados Unidos.

Os votos para as candidaturas ao Oscar serán enviados á Académia entre o 26 de decembro e o 12 de xaneiro. Os finalistas en cada categoría serán anunciados o 22 de xaneiro.

De ser nominado, non sería a primeira vez que acontece que un morto é finalista e mesmo gañador. O primeiro foi Sidney Howard, polo guión de Foi-se co vento (1939).

Os demos dos detalles

24 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

O realizador francés Pascal Laugier (Martyrs) dirixirá o thriller de terror da Paramount e da Vantage Details, baseado nun conto do escritor de ciéncia-ficción China Mieville.

Laugier escribiu o guión para a Blumhouse Productions; Jason Blum e Steven Schneider da Blumhouse serán os produtores xunto a Ian Levy.

Details céntra-se nunha filla que desaparexe por mor dunhas forzas sobrenaturais que habitan nos deseños aleatórios dos obxectos cotiáns. Dan Kay escribiu a adaptación orixinal.

O mesmo director Laugier está vencellado ao proxecto de escribir o guión e dirixir o filme Hellraiser, un remake do clásico de Clive Barker para a Dimension Films.

Demanda por Dick Tracy

24 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

O actor Warren Beatty ven de demandar á Tribune Co. polos dereitos para o cinema e mais a televisión de Dick Tracy. A intención do intérprete e director é evitar que a produtora se aprópie dos dereitos sobre o famoso persoaxe de cómic.

Beatty mercou os dereitos do persoaxe de cómic para a realización da película homónima, que recadou 160 millóns de dólares en 1990. No acordo orixinal entre Beatty e mais a Tribune, os dereitos revertirían a ésta última pasado “un certo periodo de tempo” sen que Beatty producira unha nova película ou série baseada no persoaxe. Así, en 2006 a Tribune enviou a Beatty unha notificación marcándo-lle un prazo de dous anos para alomenos escomezar a produción dalgún novo contido verbo de Dick Tracy.

Beatty afirma que o 8 de novembro comezou a preparar un especial sobre o persoaxe para a televisión e a súa demanda procura unha declaración establecendo que este proxecto de Beatty bloquea os dereitos da Tribune.

Páxina seguinte »