Estrelas nun filme de deuses
A Fox 2000 ven de contratar a un reparto de deuses gregos para a súa vindeira aventura fantastica, que levará por título Percy Jackson, e que contará con Uma Thurman, Pierce Brosnan e Sean Bean, quen interpretarán a Medusa, Quirón e Zeus, respectivamente.
Kevin McKidd (Poseidon) e Melina Kanakerides (Athena) tamén formarán parte das estrelas que poderemos ver neste filme dirixido por Chris Columbus.
Os estudos ainda están á procura dalguén que interprete os papeis de Ares, Hades e Perséfona. Logan Lerman e Brandon Jackson tamén estarán no reparto pero non se sabe que papeis farán.
A história céntra-se no fillo médio humano de 12 anos do deus Poseidón (Lerman), quen se embarca nunha procura na América contemporánea para salvar á súa nai, devolver a Zeus o seu lóstrego roubado e evitar unha guerra entre os deuses.
A rodaxe escomezará o mes que ven en Vancouver, Canadá, e os estudos teñen prevista a estrea para febreiro de 2010.
H.P. Lovecraft ao cinema
A Universal ven de mercar os dereitos cinematográficos sobre The Strange Adventures of H.P. Lovecraft, unha novela gráfica da Image Comics creada por Mac Carter e Jeff Blitz.
O proxecto contémpla-se agora coma unha posíbel nova película que dirixiría nada menos ca Ron Howard. O libro aparecerá nos andeis das librarías en maio.
A novela gráfica toma emprestados elementos da vida de Howard Philips Lovecraft, coma a loita da súa família contra as enfermidades mentais ou os seus medos cos seus bloqueos coma escritor, e transforma os mais escuros pesadelos do xove escritor en realidade cando lé un libro que lle lanza un meigallo e espalla os males que el mesmo esconxura polo mundo.
Lovecraft, que morreu en 1937, está considerado coma ún dos escritores de terror mais influintes da história da Literatura e o mais salientábel do século XX.
Carter, un director de anúncios, escribirá o guión e será o produtor executivo xunto á Blitz. Brian Grazer, da Imagine Entertainment, e mais Howard serán os produtores.
Tom Hanks xogará con bonecos
A Universal desenvolverá Major Matt Mason, un filme de acción e ciéncia-ficción baseado nunha série de bonecos de xoguete da Mattel.
O filme estará protagonizado por Tom Hanks, e Graham Yost escribirá o guión. Os parceiros da Playtone Hanks e Gary Goetzman serán os produtores.
O xoguete foi creado pola compañía Mattel e é un boneco moi popular entre os nenos americanos. Esta liña de xoguetes escomezou a se fabricar en 1966 e a súa história é a dunha equipa de astronautas dirixidos por Mason que traballan na Lúa e viven nunha estación espacial. Os bonecos acadaron o seu maior éxito cando o primeiro ser humano pisou a Lúa en 1969, pero Mattel retirou esta liña de xoguetes nos anos 70.
Cando os executivos da Mattel Tim Kilpin e Barry Waldo chegaron á Playtone para unha xuntanza, trouxeron todo un arseal de figuriñas de Matt Mason, pero Hanks chegou cunha de seu.
Matusalem vivirá abondo
A Warner Brothers ven de se facer cos dereitos de Methuselah, unha aventura de acción cuxo título provén de Matusalem, o mítico persoaxe da Bíblia que viviu mais de 1.000 anos, e todo elo baixo a dirección de James Watkins, que tamén se encargará do guión.
David Heyman (un habitual dos filmes de Harry Potter) será o produtor a través da súa empresa filial da Warner, a Heyday.
O protagonista do filme será unha persoa que envellece a un ritmo moi lento e aproveita todo o seu tempo para desenvolver unha chea de incríbeis habilidades de supervivéncia.
Watkins fixo o seu debut como director no cinema fantástico con Eden Lake, filme do que tamén foi o guionista.
A DreamWorks está por Non-Parar
A DreamWorks ven de se facer cun guión de ciéncia-ficción orixinal de Michael Gilvary titulado Nonstop e xa pensou en Len Wiseman (Underworld) para que sexa o produtor e en Patrick Tatopoulos (Underworld: Rise of the Lycans) para a cadeira de director.
Baseado nunha ideia orixinal, este thriller de ciéncia-ficción vai sobre as andainas duns pasaxeiros dun avión após de que este sexa misteriosamente abducido por unha nave alieníxena.
Nonstop será a terceira colaboración entre Wiseman e mais a DreamWorks. Wiseman ten previsto dirixir un par de filmes de alto orzamento para a nova filial da DreamWorks, Motorcade e Atlantis Rising.
Fórmula Liberdade
A New Regency ven de adquirir Freedom Formula: Ghost of the Wasteland, unha adaptación do cómic homónimo de ciéncia-ficción da Radical Publishing e ten previsto adapta-lo ao cinema da man de Bryan Singer.
O filme será distribuido pola Fox, que xa tivo ocasión de traballar con Singer en X2, o segundo filme da saga da Patrulla X. Michael Finch será o encargado de escribir o guión.
O cómic está ambientado no futuro, cando os pilotos de avións de combate foron sustituidos por pilotos que loitan en exo-traxes de carreiras. O protagonista é un corredor xenéticamente modificado que descubre que os seus xenes teñen o poder de mudar á sociedade.
Singer e Levine uníron-se para o proxecto cando a série de catro números debutou o verán pasado na Comic-Con. O cómic foi creado por Edmund Shern, o dono da Storm Lion, a imprenta da Radical que o publicou. Shern participará neste filme como produtor asociado.
Mais fantasía para adolescentes
A ImageMovers e mais a Disney están en negociacións para se faceren cos dereitos sobre a triloxía de The Stoneheart, unha série de libros para adolescentes escrita por Charlie Fletcher. Robert Zemeckis, da ImageMovers, Jack Rapke e Steve Starkey serán os produtores.
Os libros van sobre un neno londinense de 12 anos que penetra nun mundo alternativo onde as estátuas, imbuídas do espírito dos seus creadores, cobran vida. A presenza do rapaz descadra o equilíbrio entre o ben e o mal, e mentres ten que tratar coas esfínxes e as gárgolas, atopará a unha rapaza orfa e a estátua dun artilleiro da Primeira Guerra Mundial que lle axudarán a poñer as cousas no seu sítio.
O terceiro libro da saga, Silvertongue, aparecerá nas librarías o mes que ven.
Por outra banda, pero moi relacionado co anterior, a Paramount Pictures ven de adquirir os dereitos sobre a novela fantástica para adolescentes de Sarah Mylnowski Gimme a Call e ten previsto adapta-la ao cinema baixo a dirección do realizador de Race to Witch Mountain, Andy Fickman.
Fickman será o produtor a través da súa compañía, a Oops Doughnuts, e mais a súa parceira Betsy Sullenger.
No libro, unha rapaza de secundária que non está satisfeita coa súa vida tira por erro o seu teléfone móbil a unha fonte. Cando o recupera, descubre que só pode facer chamadas a ela mesma cando tiña 14 anos, cando ainda todo era posíbel. O libro aparecerá publicado pola editorial Delacorte en maio de 2010.
Fickman dixo que coñecía a esta escritora porque ten unha filla de 11 anos e puido botar unha ollada ao libro antes de se publicar cando foi mercado pola Endeavor e mais a Dail Agency.
Os ollos do neno
Os irmáns xemelgos Danny e Oxide Pang serán os directores do primeiro filme asático de terror en 3D, a fita The Child’s Eye, que contará cun orzamento de 4,5 millóns de dólares e que escomezará a se rodar en xuño en Tailándia.
Os Pang (The Messengers) están a traballar arestora na post-produción da adaptación do cómic The Storm Warriors, un filme de 12 millóns de dólares que se estreará en decembro.
The Child’s Eye en 3D narra a história de seis viaxeiros de Hong Kong perdidos durante a represión co gallo das protestas contra o governo que aconteceron no aeroporto de Bangkok en 2008 e os seus encontros sobrenaturais após da desaparición de tres do grupo.
A peza mestra do filme será un mundo perdido fabricado con réplicas das casas en papel, cheo de bonecas de papel, coches de papel, etc, todo elo cuspidiño ao mundo real, e procedente dos facsímiles que se adoitan queimar como ofrendas aos deuses e aos mortos nos rituais tradicionais chineses. Os xemelgos tamén introducirán un monstro no filme.
Malos tempos para os superheroes?
Apos do desastre de Punisher: War Zone e mais o relativo fracaso de Watchmen nos despachos de billetes, non é sorprendente que a Warner Brothers mire de reollo aos filmes de superheroes e se plantexe o de facer filmes clasificados para maiores de 18 anos que non contan co beneplácito do público.
O estudo, que posúe os dereitos de todos os persoaxes da DC Comics, está a desenvolver arestora versións para Lanterna Verde, Flash e se cadra Wonder Woman xunto aos seus proxectos de Batman e Superman, xa convertidos en franquías. Todos eles teñen previsto seren filmes para maiores de 13 anos.
Mália o anterior, as adaptacións de superheroes clasificadas para maiores tampouco se deixarán de facer, e así por exemplo Jonah Hex si que ten previsto ser para 18 anos xa que non se considera (ainda que sexa un persoaxe da DC) un filme de superheroes ou de grande orzamento. Pero ao mesmo tempo, medrará a presión sobre McG para que entregue unha versión para maiores de 13 anos do seu filme Terminator Salvation.
Mostra de Cinema em Lisboa
A 1ª Mostra Sci Fi de Cinema Fantástico realiza-se em Portugal, nos dias 28 e 29 de Março, no Cinema Londres, com a apresentação de 7 filmes inéditos nas salas nacionais. Let the Right One In (Låt den rätte komma in) é o filme da ante-estreia a decorrer na 6ª feira, dia 27 pelas 21h00. O filme foi galardoado nos mais importantes festivais de cinema fantástico do mundo, como Méliès de Ouro e o Festival de Tribeca de Nova Iorque, e baseia-se na obra do sueco John Ajvide Lindqvist. Os bilhetes podem ser adquiridos a um preço de 3€ por filme.
Para os 30 primeiros entusiastas do género fantástico, que comprarem 3 ou mais bilhetes para os outros dois dias da Mostra, a organização oferece a entrada para a ante-estreia na 6ª feira.
Mais informação em http://www.scifi.pt/mostra/.


